Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

jueves, 5 de marzo de 2009

O Bertamiráns B lévase o derbi a falta de 7 minutos (0-1)

O Ames perdeu un punto que tiña no peto no derbi que o enfrontou en Covas ao filial do Bertamiráns. Foi un partido moi igualado, con pouco xogo e poucas ocasións. Tralos minutos iniciais de tanteo, o Ames foi dono do primeiro tramo do encontro. Ben agazapado e saíndo á contra, súas foron as primeiras chegadas. A iniciativa do esférico correspondíalle ao Bertamiráns B, que apenas creaba perigo. O Ames tivo varias oportunidades na primeira metade, a maioría desde o lado esquerdo. Juansiño boleou con moi mala intención desde o lateral da área. Nunha boa internada, centrou atrás, atallando o porteiro xusto cando chegaba Llello para rematar. Diego estivo a piques de cabecear cara atrás un saque de falta de Nito, ante a saída do porteiro, pero este chegou xusto a tempo para evitar o remate. O Bertamiráns B creou perigo con saques de banda longos que o seu dianteiro aguantaba intentando deixar de cara, ou savando faltas preto da área, pero apenas atoparon remate. Sí o fixeron nun córner que saíu preto do poste da man defendida por Juan. Na reanudación, o Ames saíu de xeito similar, pero máis deslabazado. O Bertamiráns B controlou mellor o partido na segunda parte, pero o seu perigo era irreal, sen apenas disparos, só chegadas á área. O Ames chegaba con timidez, sobre todo en xogadas a balón parado. Diego lanzou unha falta lonxana que o porteito visitante atallou sen problemas. Pouco a pouco, a distancia entre as liñas do Ames fíxose maior, e o Bertamiráns B adueñouse do esférico. Tivo máis chegadas e oportunidades, e nunha desas, a falta de sete minutos para o remate do encontro, fixo diana. Un centro á área amiense desde a banda dereita non foi atallado por Juan nin despexado polos defensores, estorbados por un dianteiro. Este recolleu o esférico, centrou atrás, e un compañeiro rematou a gol. Co marcador en contra, o Ames intentou o empate, e este puido chegar un par de minutos despois. Un centro desde a esquerda foi cabeceado por Llello, pero o gardamallas visitante rozou o esférico, que foi dar no pao para ser logo despexado pola defensa do Bertamiráns B. Ao final, derrota inxusta o Ames, o partido debeu rematar en empate.

No hay comentarios:

Fotos do Ames