Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

jueves, 28 de agosto de 2008

Xa temos o calendario completo da liga

A federación galega de fútbol xa colgou na web www.futgal.es o calendario completo de competición. O que non o queira ver con tanto detalle, aquí indicamos a orde dos encontros do Ames:

1)Ortoño-Ames (7 de setembro)
2)Ames-Rial
3)Dubra B-Ames
4)Descansamos o 28 de setembro
5)Ames-San Marcos "B"
6)Deixebre-Ames
7)Ames-Resmón
8)Bertamiráns "B"-Ames (26 outubro)
9)Ames-Costoia (2 de novembro)
10)Luaña-Ames
11)Ames-Sionlla
12)Vila de Ordes-Ames
13)Ames-Calo "B"
14)Tordoia "B"-Ames
15)Ames-Touro
16)Brión-Ames (21 de decembro)
17)Ames-Trazo (4 de xaneiro)

Aquí tedes a primeira volta, a xornada de descanso na segunda volta cadra o día 1 de febreiro.Está compensada a cousa entre os equipos máis ou menos complicados, os novos que son unha incógnita e os derbis. Ala, a xogar!!!!

martes, 26 de agosto de 2008

Os xogadores prefiren os exercicios con balón segundo a última enquisa

A última enquisa, sobre os adestramentos, designou como vencedor a opción "exercicios con balón" con 7 votos dos 16 emitidos. Detrás quedaron as pachangas raras de Miki con 4 votos, as masaxes de Víctor con 3 votos, e con un voto os circuitos físicos e tomar as pulsacións. No tocante á enquisa dos Xogos Olímpicos, 10 votos dos 22 que se rexistraron escolleron a opción "entre 15 e 19" metais, 8 persoas elixiron entre 11 e 14, e só 2 votos foron para menos de 10 medallas e outros 2 para "máis que en Barcelona 92". Ala, aí tedes outra enquisa, sobre como imos quedar na liga. A votar!!!

domingo, 24 de agosto de 2008

Os xuvenís visitan San Mamed no inicio da liga en outubro

Xa temos a primeira xornada para os xuvenís, que van comezar o 4 de outubro. Este ano son 13 equipos, polo que terán unha xornada de descanso. Aquí van os primeiros encontros:

Furia Atlético-Val do Ulla
Callobre-Bastavales
Recesende-Agolada
Ortoño-Milladoiro
Dodro-Esclavitud
San Mamed-Ames
(Descansa-Cordeiro)

Ala, xa porei os enlaces aos calendarios completos cando estean dispoñibles na web da Federación.

martes, 19 de agosto de 2008

O Ames comeza a liga en Ortoño o 7 de setembro

Onte celebrouse o sorteo da primeira xornada de liga na Terceira Autonómica grupo 8º, que designou os seguintes enfrontamentos:

Rial-Dubra B
Ortoño-Ames
Trazo-San Marcos B
Brión-Deixebre
Touro Xuventude-Resmón
Tordoia B-Bertamiráns B
Calo B-Costoia
Vila de Ordes-Luaña
(Descansa a Sionlla)

Todos os encontros serán o domingo pola tarde, excepto cando de locais xoguen o Dubra B, o Touro e o Vila de Ordes, que o farán o sábado pola tarde (o Vila de Ordes ás 19:30 no campo anexo a Vista Alegre).

lunes, 18 de agosto de 2008

Os afeccionados confiaban nunha victoria pola minima

Rematou a enquisa sobre o amigable en Rois, e dos 15 votos, 6 escolleron a opción que designaba ao Ames como vencedor do encontro pore un só gol de diferencia, como finalmente ocorreu. A segunda opción máis votada era unha victoria por goleada (5 votos), logo unha derrota por goleada (2 votos) e cun só voto o empate e a derrota pola ínima. Xa podedes votar polos adestramentos de Miki, a ver que é o que máis vos gusta. Obviei as duchas, pero se alguén o quere sinalar nos comentarios, alá el!!! jeje...

Segundo amigable con victoria pola minima en Rois (2-3)

O Ames encarou o segundo encontro da pretemporada con algunha que outra proba no once inicial, pero pronto se atopou por debaixo no marcador. O Rois aproveitou un córner do Ames para lanzar unha contra na que os atacantes estiveron máis rápidos que os defensores e que Fuentes, que nada puido facer na saída. O gol non sentou moi ben no Ames, que se amosou inseguro nos pases e sen alternativas en corto que o obrigaban a triangulacións que se perdían pola liña de banda, ou pases en longo que se ian pola liña de fondo. Nisto chegou o 2-0 para o Rois, a iso dos vinte e pico minutos, nunha falta directa na frontal da área. Os cambios déronlle ao Ames maior control de balón e maior frescura, sobre todo con Roi e Juansiño, moi ben na saída do balón o primeiro; e moi perigoso nas súas incursións o segundo. Pouco antes de chegar ao descanso, Juansiño fixo unha galopada polo costado esquerdo, apurou a liña de fondo e o seu centro foi rematado ao fondo das mallas por Diego, que se quedou adiantado tras un saque de falta. Nos primeiros quince minutos trala reanudación, o Ames arrollou ao Rois cun gran fútbol combinativo comandado por Roi, Pose, Juansiño e Nito. Neste tramo chegou o empate, tras pase da morte de Pose que remachou Fran. Entretanto, Nito deleitounos cunha gran vaselina que foi anulada por dudoso fóra de xogo. O terceiro gol puido chegar nun par de chegas perigosas, pero finalmente anotouno Juansiño mediada a segunda parte. Este arrancou en posición correcta desde o medio campo e nunha galopada bateu por raso ao meta rival na súa saída. O resto do encontro o Ames baixou un pouco o ritmo e o Rois, que acusou moito o cansancio e baixo no segundo tempo, equilibrou un pouco o xogo. Iso si, apenas inquietou nun par de tiros dentro da área a meta de Fuentes, que respondeu correcto. Tan só se amosou perezoso nalgunha saída que resolveu ben a defensa. Ao remate, 2-3 para o Ames, que mellorou a mala imaxe da primeira media hora de partido, con goles e bo fútbol.
p.d.1: seguro que me esquecín dalgunha oportunidade e tal e tal, pero é que non me podo lembrar de todo...jeje

martes, 12 de agosto de 2008

Os nosos internautas cren que o aumento de equipos sera positivo

Con 14 dos 23 votos emitidos na última enquisa, aos nosos visitantes virtuais paréceselles xenial que a liga pase a ter 17 equipos en vez de 13, e pensan que así o Ames quedará mellor clasificado. A segunda opción máis votada foi negativa, xa que 7 persoas votaron que o cambio era malo, xa que entenden que deste xeito perderemos máis encontros. Tan só dous votos consideran o aumento de equipos como regular, xa que nos quitará tempo libre. Xa podedes votar na seguinte enquisa!!

Primeiro amigable de pretemporada con derrota (2-1)

O Ames desputou este sábado o primeiro amigable da temporada no marco das festas da Peregrina en Bertamiráns. O encontro serviu para calibrar as novas fichaxes pero tamén para comprobar o potencial dun rival na liga coma o Bertamiráns B. A cousa foi ben no primeiro tempo, pero a superioridade do Ames non se reflectiu no marcador. O Ames tocou ben nos primeiros corenta e cinco minutos, pero o gol non chegou. Llello non puido batir ao meta rival tras driblar a tres contrarios na área, pois resbalou cando se dispoñía a marcar. Diego lanzou unha falta que o gardamallas do Bertamiráns despexou a córner con apuros. O filial dos de Budiño apenas inquietou na primeira metade. Na reanudación, o Ames adiantouse nunha contra ben finalizada por Llello, pero dez minutos de páxara déronlle alas aos da casa, que primeiro nun córner directo, e logo nun remate de cabeza dentro da área, levantaron o marcador. A partires de aí, o Ames dominou con boas combinacións entre Miki, Pose, Nito e Roi, pero non houbo sorte. Miki lanzou un tiro de fóra que o porteiro rexeitou ao longueiro. Outros puideron marcar en varias chegadas pero o sábado non houbo fortuna. Proba satisfactoria porque, pese ao resultado houbo bastantes minutos de bo fútbol. O domingo, amigable ás 7 en Rois. E hoxe, a entrenar todos!!!

Fotos do Ames