Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

viernes, 30 de mayo de 2008

Os internautas agradecen o cambio a Castiñeiro para xogar en herba

Cun 55% votos, a opción "prefiro xogar en herba"
impúxose ás demais na enquisa recén finalizada do noso blog. 15 votos de 27, fronte aos 7 votos da opción "vai atraer a máis xente" (25%), e os 5 que opinaban que o equipo se fortalecerá na casa (18%). Moi ben, agardemos que se cumpran as tres!! Votade na nova enquisa, e que ninguén se sinta ofendido se sae máis votada a súa demarcación, todo é mellorable e ven en beneficio de todos!! Só é unha enquisa, isto non vai afectar sobremaneira á planificación da tempada que vén!!

jueves, 22 de mayo de 2008

O noso masaxista Víctor Marques, escollido o colaborador preferido dos internautas

Cun 73% dos votos emitidos, ou o que é o mesmo, 14 de 19, Víctor resultou escollido coma o colaborador preferido dos internautas, o noso masaxista, poeta e filósofo do banquillo arrasou nesta enquisa, na que quedaron moi lonxe Antonio (aficionado fiel, con 3 votos), Paco como secretario e Juan Pardo como presidente, ambos cun voto. Xa podedes votar na seguinte enquisa. Saúdos

lunes, 19 de mayo de 2008

Agrón e Bertamiráns desputarán a final da Copa de Ames

Desputadas as semifinais do torneo cos seguintes resultados: Agrón 5, Costoia 1; e Bertamiráns 4, Bugallido, 0; a final queda da seguinte maneira: Agrón-Bertamiráns, este próximo domingo no Municipal de Bertamiráns imaxino que ás cinco da tarde.
Por certo, xa superamos as 2.000 entradas no noso blog e as 1.000 visitas de persoas diferentes, mira ti!!! Seguide votando na enquisa que está un pouco apagada!!! Ciao!!

jueves, 15 de mayo de 2008

Fran, elixido mellor xogador da tempada; e as tiritas de Cool, a manía máis curiosa

Rematou a megaenquisa sobre o mellor xogador da tempada, con tres protagonistas: Fran, Diego e Llello. Fran quedou primeiro con 29 votos e unha campaña máis potente que a de Obama e Hillary. Diego segundo con 20 votos, e terceiro Llello con 14. Despois quedaron Miki e e David con 7 votos e Roi con 3. Con 2 votos veñen Casal, Chete, Coleguín, Pose e Pi, e cun só voto, Barri, Cool, Iván, Juansiño, Nito, Adrián e Félix "Turito".
E na enquisa sobre a manía máis curiosa, as tiritas de Cool arrasaron con 12 votos, as botas de Llello quedaron segundas con 6, as tobilleras de Fran, terceiras con 4 votos, e o botellín de ciclismo con auga de Félix, cuarto con 2 votos. Ala, votade na nova enquisa!!

lunes, 12 de mayo de 2008

Victorias do Agrón, Costoia e Bertamiráns na Copa do Concello

Resultados dos encontros de volta dos cuartos de final: Viduido 1-Costoia 2 (global de 4-1 para o Costoia); Ames 1-Agrón, 5 (global de 8-3 para o Agrón); e Bertamiráns 1-Ortoño, 0 (global de 1-0 para o Bertamiráns). Os emparellamentos de semifinais quedan do seguinte xeito: Costoia-Agrón e Bertamiráns-Bugallido. Ala, outro ano será!!

O Ames cae eliminado da Copa pese a empezar gañando

O Ames caeu goleado no campo do Castro no partido de volta dos cuartos de final da Copa do Concello. Con resultado de 1-5, o Agrón pasa a semifinais, onde se enfrontará ao Costoia. O partido comezou ben para o Ames. Co 3-2 na súa contra do partido de ida, precisaba gañar por un gol, sempre que o Agrón marcase menos de dous goles. Nito adiantou a un Ames que saíu moi enchufado. Previamente puidera marcar pero a súa bolea foi rexeitada con bastante fortuna polo gardamallas visitante. Na xogada do gol, Nito recibiu só no medio dos dous centrais, acomodou o esférico e puxo o un a cero cun disparo raso e cruzado á saída do porteiro. Pero o Agrón refíxose de seguido e empatou tras unha serie de rexeites na área. Co partido moi igualado, o Ames defendíase ben e saía á contra con certo perigo. O primeiro mazazo chegou no minuto 44. Un córner do Agrón colgado ao segundo pao foi rematado por un defensor visitante, libre de marca, nunha especie de tijereta que se colou botando polo pao longo. O segundo e definitivo mazazo para o Ames chegou aos 2 minutos de comezar o segundo tempo. Nunha falta colgada polo equipo visitante, un mal despexe de Diego foi aproveitado por un atacante do Agrón para adiantarse a Cool e a Félix baixo paos e sentenciar a eliminatoria. A partires de aí, o Ames puxo defensa de tres e tres dianteiros, e puido reducir distancias por mediación de Diego, que enviou un libre indirecto por riba do longueiro. Pero o Agrón fixo moito dano á contra, anotando deste xeito os dous goles restantes que lle deron unha victoria demasiado abultada. Fin de tempada para o Ames. Vémonos o martes!!

martes, 6 de mayo de 2008

Os nosos internautas cren que o Ames gañará a Copa do Concello

A enquisa sobre o vencedor da Copa do Concello deulle 17 votos (68%) ao Ames, por diante do Bertamiráns, con 5 votos (20%), o Agrón con 2 (8%), e o Ortoño cun só voto (4%). Ogallá sexa certo, ando maquinando noutra nova enquisa e aínda quedan 6 días para votar na megaenquisa do mellor xogador da tempada. A votar!!

O Ames remata a liga en novena posición

26ª Xornada 27/04/2008

Trazo

4

3

Costoia

AMES

Llello, Benito

2

2

Dubra B

Deixebre

4

1

Touro

Ortoño

1

0

Calo B

Montaos

4

1

Tordoia B

Luaña

0

2

Sigüeiro

Descansa

-

-

Resmón

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Montaos

53

24

16

5

3

57

18

Sigüeiro

52

24

15

7

2

55

19

Luaña

49

24

15

4

5

61

30

Trazo

47

24

14

5

5

65

27

Ortoño

46

24

14

4

6

53

25

Deixebre

41

24

12

5

7

52

30

Costoia

33

24

9

6

9

62

38

Calo B

32

24

9

5

10

38

41

AMES

25

24

5

10

9

37

47

10º

Dubra B

19

24

4

7

13

27

55

11º

Resmón

16

24

3

7

14

21

48

12º

Tordoia B

10

24

2

4

18

25

70

13º

Touro

10

24

3

1

20

16

124


GOLEADORES CSD AMES:

Diego

8 (3p.)

Manolo

2

Llello

8

Benito

2

Miki

5

Chete

1

Nito

3

Pose

1

Barri

3

Juansiño

2

Coleguín

2

lunes, 5 de mayo de 2008

O Ames apura as súas opcións na recta final ante o Agrón (3-2)

O partido de ida dos cuartos de final da Copa do Concello de Ames non parecía ter moi boa pinta durante o transcurso dos primeiros corenta e cinco minutos. O Ames tan só creaba perigo a balón parado, mentres que o Agrón abusaba un pouco do balón largo para crear máis dano. Sen embargo, o un a cero chegou a balón parado. Jano lanzou unha falta desde o lateral dereito da área do Ames, e o rexeite de Félix foi rematado coa cabeza por un atacante do Agrón só ante o porteiro visitante. O Ames non se amilanou e intentou combinar pola banda esquerda con Pi e Barri, e con algún balón largo de Benito cara ó lado dereito con Roi e Juansiño. Pero o infortunio chegou pasada a media hora de xogo, cando Jano driblou a Iván dentro da área, e o defensor visitante, tras tocar balón, derribou ao atacante local. O árbitro sinalou penalti. Dous a cero ao descanso. Na reanudación, o Ames creou moito perigo a balón parado, e sobre todo, coas internadas de Juansiño polo lado esquerdo. Primeiro Diego nun remate de cabeza rexeitado polo meta local e que por moi pouco non remacha Nito para dentro; e logo Nito nun remate de cabeza que se foi alto nun córner, comezaron a meter o medo no corpo ó Agrón. Pero o xarro de auga fría para o Ames chegou aos quince minutos da segunda parte. Nun córner pasado ao segundo pao, un rexeite foi aproveitado polo Agrón para anotar o terceiro gol, e iso que un dos seus atacantes estorbaba a Félix en posición dubidosa. Co tres a cero, o Ames quedou desnortado uns quince minutos, perdéndose en despexes sin sentido e en disputas co árbitro que non levaban a ningunha parte, e nas que tamén se enfrascou o Agrón. A reacción chegou na recta final, cando Nito, no minuto 87, reduciu distancias cun disparo en parábola a tres cuartos de campo que sorprendeu ao meta local. Co ánimo do gol, o Ames empuxou e chegou o premio dous minutos despois. Unha internada de Juansiño na área do Agrón polo lado esquerdo acabou nun remate que despexou o porteiro local, e Nito picou o balón por riba del no rexeite poñendo o 3-2 final. Con este resultado, o Ames apura opcións para o encontro de volta, este domingo ás 6 da tarde.
O resto de encontros da Copa de Ames deron os seguintes resultados: Costoia 2, Viduido 0; e Ortoño 0, Bertamiráns, 0. A remontar!!

Fotos do Ames