Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 31 de marzo de 2009

O Ames empata co Vila de Ordes nun dos mellores encontros da temporada (1-1)

O Vila de Ordes levouse demasiado premio este domingo do Castro. Nun dos seus escasos remates á porta arañou un punto ante un Ames ordenado, serio, que presionou moito ao seu rival e que tivo ocasións de sobra para levarse os tres puntos. Desde o inicio o Ames saíu coas liñas ben xuntas, cunha presión eficaz e con transicións de balón rápidas cara ás bandas. A iniciativa sempre foi amiense, cunha actitude dos seus xogadores totalmente diferente á de encontros pasados. As mellores ocasións da primeira metade foron para o Ames. Miki empalou unha bolea desde tres cuartos de campo que saíu por riba do longueiro por moi pouco. Diego estivo a piques de sorprender cunha falta desde o costado dereito pegada abaixo polo primeiro pao, e o porteiro visitante (que salvou ao seu equipo con varias intervencións de mérito) lanzouse e rexeitou o esférico cando se colaba. O gardamallas non puido deter a acción máis destacada da primeira metade. Llello sacou un córner pasado que parecía que se perdía polo segundo pao, pero alí apareceu Diego para cabecear en prancha ao fondo das mallas. Co cero a uno o Ames tomou cinco minutos de respiro xa que a presión que exercía sobre o rival era considerable, e o Vila de Ordes apareceu un pouco máis na área local. Estivo a piques de empatar nun remate de cabeza que Fuentes atallou en dous tempos preto da liña de gol, e nun barullo na área tras un córner onde non apareceu un rematador claro. Na segunda metade, o dominio do Ames en liñas xerais foi maior, aínda que o Vila de Ordes tivo quince minutos de presencia nas inmediacións da área local, sen chegar a inquietar a Fuentes nin lanzar con perigo. O Ames continuou ordenado, con presión e lanzando contras moi perigosas. As mellores ocasións foron locais, e novamente o porteiro ordense salvou ao seu equipo. Miki intentou un disparo desde a frontal, o balón golpeou nun contrario e o rexeite caeulle a Llello, que viu como lle anulaban a xogada por suposto fóra de xogo. Juansiño internouse pola esquerda e o seu centro chut íase colar na meta, pero apareceu o porteiro cunha gran estirada cara atrás. O rexeite foi rematado por Nito, que se atopou coa pelota tralo rexeite, e novamente o porteiro salvou estirando a man e botando o esférico a córner. O Ordes puido empatar nun balón rexeitado na frontal da área que se foi ao pao. O rexeite foi rematado por un atacante ao medio, onde Fuentes atallou con apuros debido á potencia do lanzamento. O empate chegou pasada a metade da segunda parte. Unha falta preto da área amiense, foi lanzada maxistralmente polo mellor xogador visitante, o esférico golpeou no longueiro, o rexeite deu na espalda de Fuentes, e o balón entrou na meta. O Ames refíxose a esta desafortunada xogada con máis contras e ataques, en busca do gol da victoria. Nito puido anotar en dúas ocasións. A primeira, tras un rexeite nun córner, xirouse e disparou cruzado abaixo, pero o porteiro ordense rexeitou a córner nunha nova parada. A segunda foi unha falta directa que tiña moi boa pinta, pero bateu nun contrario e desviou a traxectoria cara o lateral. O Ames aínda tería un par de barullos na área para buscar o gol da victoria, pero este non chegou. Ao final, empate que supón demasiado premio para un Vila de Ordes que apenas tirou a portería.

O Ames baixa un posto pese a empatar co Vila de Ordes

29ª Xornada 29/03/2009

Descansa

-

-

Bertamiráns B

Resmón

3

1

Costoia

Deixebre

1

1

Luaña

San Marcos B

1

5

Sionlla

AMES

Diego

1

1

Vila de Ordes

Dubra B

3

1

Calo B

Rial

1

1

Tordoia B

Ortoño

-

-

Descansa (T)

Trazo

1

1

Brión

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

72

26

23

3

0

83

18

Brión

62

25

19

5

1

70

27

Vila de Ordes

47

25

13

8

4

45

18

Bertamiráns B

47

25

13

8

4

53

31

Calo B

47

25

15

2

8

52

32

Deixebre

47

26

13

8

5

62

33

Ortoño

46

26

13

7

6

41

28

Trazo

45

26

14

3

9

59

39

Luaña

34

26

10

4

12

46

50

10º

Resmón

29

25

9

2

14

34

46

11º

AMES

28

26

8

4

14

40

52

12º

Rial

23

27

5

8

14

28

51

13º

Sionlla

19

25

5

4

16

45

52

14º

Tordoia B

19

25

5

4

16

29

62

15º

Costoia

10

26

3

1

22

35

78

16º

San Marcos B

4

26

1

1

24

16

120


jueves, 26 de marzo de 2009

O Ames chega ao Facebook, entre outras novas...

Holaamigos, a parte de que temos tres xornadas da Liga Fantástica por recuperar, agardemos que esta tarde as poidamos actualizar, hoxe temos varias novas que comentar. A primeira delas é que xa se coñece o gañador do concurso "Mellor blog e blogger de Compostela e comarca" convocado polo semanario gratuito SantiagoSiete, no cal participou este blog. O gañador do concurso foi Manuel Gago, profesor da Facultade de Ciencias da Comunicación, coa súa bitácora Capítulo 0. Se queredes consultar a nova e mail listado dos dez primeiros podédelo facer en www.santiagosiete.es. Doutra banda, acabamos de crear o grupo "Xogadores e seguidores do CSD Ames" na rede social Facebook. Xa temos uns poquiños membros, así que animádevos os que faltades e sumádevos a esta iniciativa. Só tedes que crear o voso perfil e agregarnos ao voso listado de amigos. Alí poderemos compartir mellor as nosas inquietudes, anécdotas e impresións arredor do Ames, así como crear foros de debate e recompilar as fotografías e vídeos que entre todos vaiades subindo. A última nova son os datos da enquisa que se acaba de pechar ni blog, sobre os tres equipos que ocuparán os postos do 3 ao 5. Nela houbo 7 votos, 6 dos cais foron para a opción "Vila de Ordes, Trazo e Calo B", e un para a opción "Trazo, Vila de Ordes e Bertamiráns B". Sen máis, animarvos a todos a formar parte do novo grupo no Facebook.

lunes, 23 de marzo de 2009

O Ames distánciase da novena praza e ve perigar a décima tras unha nova derrota

28ª Xornada 22/03/2009

Bertamiráns B

3

1

Resmón

Costoia

1

5

Deixebre

Luaña

4

0

San Marcos B

AMES

Llello, Diego (p.)

2

3

Sionlla

Vila de Ordes

0

0

Dubra B

Calo B

2

0

Rial

Tordoia B

0

1

Ortoño

Descansa (T)

-

-

Trazo

Brión

-

-

Descansa

CLASIFICACIÓN:



Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

69

25

22

3

0

80

17

Brión

61

24

19

4

1

69

26

Calo B

47

24

15

2

7

51

29

Bertamiráns B

47

25

13

8

4

53

31

Vila de Ordes

46

24

13

7

4

44

17

Deixebre

46

25

13

7

5

61

32

Ortoño

46

26

13

7

6

41

28

Trazo

44

25

14

2

9

58

38

Luaña

33

25

10

3

12

45

49

10º

AMES

27

25

8

3

14

39

51

11º

Resmón

26

24

8

2

14

31

45

12º

Rial

22

26

5

7

14

27

50

13º

Tordoia B

18

24

5

3

16

28

61

14º

Sionlla

16

24

4

4

16

40

51

15º

Costoia

10

25

3

1

21

34

75

16º

San Marcos B

4

25

1

1

23

15

115


Fotos do Ames