Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 22 de diciembre de 2009

BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!!!

O equipo de esedeames.blogspot.com deséxavos unha Feliz Navidad e un próspero ano 2010!!!! E digo equipo porque chegamos ao final do 2009 cun dos obxectivos cumpridos, manter este blog activo desde a distancia, gracias á colaboración desinteresada de Adrián Domínguez, compañeiro noso no Ames, que semana tras semana se encarga de enviar as crónicas. Desde Madrid mándovos a todos unha forte aperta, vémonos moi prontiño na terriña (mañá mesmo!!). Pola nosa parte, descansamos un pouquiño ata o 3 de xaneiro, cando remotamos a liga co primeiro encontro da segunda volta, en Trazo contra o Resmón, agardando empezar o 2010 cunha victoria. Larga vida ao Ames!! Que pasedes todos unhas boas festas!!!


O Ames perde inxustamente pola mínima en Deixebre (1-0)

O Ames desputou este domingo o último encontro da primeira volta coa aspiración de rematar o ano cos tres puntos, pese ás 6 importantes baixas coas que acudía a Deixebre. Tanto os amienses coma o equipo local atopáronse cun terreo de xogo con moitos terróns e buracos, e con zonas impracticables, coma unha das bandas, con xeo e todo. O Ames realizou a mellor primeira parte de toda a temporada, superando incluso o bo inicio da semana pasada ante o Tordoia. O Ames meteu ao Deixebre no seu campo, con moita posesión de balón, perounha vez máis sen demasiadas ocasións claras. A máis importante, un córner sacado por Miki que a piques empuxa á meta Roi desde o segundo pao. O perigo amiense chegaba con balóns á espalda da defensa, aproveitando a velocidade de Juansiño e de Peli, e a través dos longos saques de banda de Gamarra. Tamén Adrián probaría fortuna con dous disparos que saíron por riba do longueiro. Pero a ocasión máis importante para o Ames veu desde os once metros. Moncho lanzaría un claro penalti cometido sobre Roi, pero o seu lanzamento iríase fóra a carón dun dos postes. Pola súa parte, o Deixebre só chegaría ao arco de Juan nun centro-chut que ninguén acertou nin a rematar nin a despexar. Na segunda parte, os locais aparecerían máis pola área amiense, pero tampouco con moito acerto. O Ames tivo novamente a oportunidade máis perigosa, cunha bolea de Adrián desde 30 metros que pasou rozando a escadra da meta do Deixebre. Logo serían os locais os que terían dúas chegadas con perigo. A primeira cun tiro desde dentro da área que sería repelido por Juan nun auténtico paradón; e a segunda tras un roubo na medular que deixaría ao dianteiro local só ante Juan, intervindo Miki para solventar o perigo tras estorbar o disparo. Tanto Miki coma Fran, que por primeira vez esta temporada xogaban xuntos de centrais, estiveron moi acertados. Tanto é así que semellaba que o partido ía finalizar cun empate a cero goles. Pero o Deixebre tivo a fortuna do seu lado. Nunha internada pola banda sen perigo aparente, un xogador do Deixebre remata a porta, con tanta sorte para os locais que o balón bate no lombo de Fran e colase pola meta do Ames superando a Juan. A falta de 4 minutos para o final do encontro, os visitantes xa non foron quen de reaccionar, sumando unha derrota máis, esta, unha das máis inxustas de todo o ano. Péchase así un dos peores anos do Ames en canto a resultados deportivos se refire, agardando mellorar a situación na táboa para o 2010. O vindeiro encontro, o 3 de xaneiro en Trazo contra o Resmón.

lunes, 21 de diciembre de 2009

O Ames remata a primeira volta penúltimo tras caer en Deixebre

13ª Xornada 20/12/2009

Resmón

2

1

Costoia

Deixebre

1

0

AMES

Tordoia

2

0

Paraguayo Stgo.

Luaña

4

1

Sionlla

Vila de Ordes

4

1

Chaián

Rial

0

1

Trazo

Bertamiráns B

1

1

Ortoño

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Ortoño

35

13

11

2

0

35

10

Bertamiráns B

33

13

10

3

0

35

7

Vila de Ordes

29

13

9

2

2

34

14

Tordoia

25

13

8

1

4

28

10

Trazo

23

13

6

5

2

22

14

Chaián

21

13

5

6

2

30

16

Paraguayo Stgo.

16

13

5

1

7

23

32

Rial

15

13

4

3

6

20

24

Resmón

13

13

3

4

6

15

20

10º

Luaña

12

13

3

3

7

22

38

11º

Deixebre

12

13

3

3

7

16

32

12º

Costoia

11

13

3

2

8

27

35

13º

AMES

7

13

2

1

10

15

42

14º

Sionlla

3

13

1

0

12

13

41


Fotos do Ames