miércoles 3 de junio de 2009
Os internautas pronosticaron a victoria do Barcelona sobre o Manchester na Champions
Dos 19 votos emitidos na última enquisa do noso blog, a parte da megaenquisa sobre o mellor xogador da temporada, 11 foron para o Barcelona (o 57%), e 8 para o Manchester (42%). En breve agardemos que se reúna o Sanedrín e prepare os puntos das últimas xornadas de liga e elabore o listado final da Liga Fantástica do Ames. Saúdos
O Bertamiráns golea ao Ames no encontro de volta da Copa de Ames (1-6)
Non puido ser, ao final o Bertamiráns impuxo o seu poderío físico (e numérico, xa que o Ames xogou toda a segunda metade con dez) e levouse a eliminatoria de cuartos de final da Copa de Ames cun resultado demasiado abultado. O partido tivo historia ata o minuto 47. O retorno a Castiñeiro do Lobo foi bastante agrio, xa que aos 3 minutos o Bertamiráns marcou nun rexeite dentro da área e puxo a eliminatoria costa arriba. Pero o Ames repúxose e pronto pisou a área rival con chegadas de certo perigo a cargo de Nito e Juansiño. Sobre o minuto 20, Nito lanzou unha falta a unha certa distancia. O lanzamento, potente, deu un bote xusto a carón do porteiro, que rexeitou o esférico. Alí apareceu Adrián para facer a igualada e devolver a ilusión ao Ames. Entretanto, o colexiado co encontro sacou a súa versión máis chulesca e sacou catro amarelas, tres a xogadores locais e unha a un do Bertamiráns, por protestar, cando houbo tres ou catro patadas en ambos bandos que ben merecían a cartulina. O Bertamiráns reclamou un penalti preto do descanso, e Paco tivo que ser sustituído por Moncho xa que o calor lle pasou unha mala pasada. O Ames tivo un par de remates dentro da área que o puideron adiantar, e tamén Fuentes interviu nunha gran parada que salvou ao equipo. Os visitantes terían que ter quedado con dez homes, pero o referee sabía ben o que facía e sacoulle a amarela a outro xogador do Bertamiráns. Todo cambiou na segunda parte. Na primeira acción de ataque visitante o Bertamiráns marcou o segundo, e na xogada seguinte, o árbitro botou a Miki por dobre amarela. O equipo descompúxose con dez, con peor forma física, e desquiciado polas decisión arbitrais, xa que cada acción defensiva do Ames era castigada con falta, distinto raseiro ao utilizado co rival. Chama a atención que veñan a arbitrar dous linieres e un colexiado e que ningún saiba as regras do torneo, ata se amosaron incrédulos cando se lles lembrou (o escrito enviado á Federación xa indicaba esa posibilidade) que podía haber prórroga e penaltis. En fin, que moi mermados pola calor e o baixón físico e mental, o Bertamiráns matou o partido á contra con varios goles nos que ademais estiveron acompañados pola fortuna. Agora a descansar e a preparar a temporada que vén!!
lunes 25 de mayo de 2009
Bertamiráns e Biduido collen ventaxa nos cuartos de final da Copa de Ames
Os encontros de ida dos cuartos de final da Copa de Ames depararon os seguintes resultados:
Ortoño 1-1 Costoia
Bertamiráns 1-o Ames
Biduido 1-0 Bugallido
Agrón (descansa)
As semifinais serán este domingo ás 6 da tarde. A adestrar toca!!
Ortoño 1-1 Costoia
Bertamiráns 1-o Ames
Biduido 1-0 Bugallido
Agrón (descansa)
As semifinais serán este domingo ás 6 da tarde. A adestrar toca!!
O Bertamiráns toma ventaxa nos cuartos de final da Copa de Ames (1-0)
O Bertamiráns derrotou ao Ames no encontro de ida dos cuartos de final do 27º Trofeo de Fútbol "Concello de Ames" que arrancou onte. Os locais adiantáronse pronto, nunha falta directa lanzada moi ben preto da frontal da área. O esférico rozou en Miki e Fuentes a piques estivo de despexar. Antes, Diego rematou desviado unha falta lateral. O gol en contra puxo nervioso ao Ames, que caeu en imprecisións constantes, con moita distancia entre liñas e algunha que outra discusión froito da impotencia ao non saír as cousas. O Bertamiráns puido anotar o segundo en varias xogadas pola banda que finalizaron con centros atrás, e nunha delas Fuentes salvou a eliminatoria cun paradón a man cambiada tras un remate a bocajarro. En toda a primeira metade o Ames só chegou na recta final, cunha gran combinación entre Miki, Roi e Paco, que finalizou este cun tiro que acabou nas mans do porteiro. Tamén Miki o intentou nunha falta directa potente que se foi por pouco. Neses minutos o Ames sitouse mellor e comezou a roubar e saír á contra. Na reanudación, os visitantes atopáronse máis a gusto no campo, aínda que o dominio seguía sendo do Bertamiráns. Iso si, o Ames pisaba área con moita máis frecuencia e atrás sufría moito menos con Diego e Fran seguros no cruce. Juansiño e Nito comezaron a ter máis balóns e o equipo chegaba pero sen concreta ocasións. O Bertamiráns puido ampliar a vantaxe cun penalti inexistente de Diego ao dianteiro local. Diego saltou para cubrir o posible centro e o dianteiro deixouse caer, como recoñeceu o liña, a cinco metros da xogada. Pero o árbitro pitou penalti sen consultar co linier, e Fuentes detivo coas pernas o lanzamento desde os once metros. O Ames colleu folgos tras cinco ou dez minutos contemporizando, e lanzouse a polo empate. Juansiño e Miki meteron un par de pases á espalda da defensa local que Nito non pescou por pouco. Unha falta lateral de Miki foi rozada por Nito no primeiro pao, e por Diego co peito no segundo, pero o balón perdeuse chorando preto do pao. Diego tivo novamente o empate na última xogada do encontro. Miki sacou rápido unha falta que Diego non rematou por milímetros, só ante o porteiro e pese a tirarse en prancha co pé esquerdo por diante. Acto seguido, o colexiado sinalou o final do encontro. A volta, o domingo ás 6 da tarde.
martes 19 de mayo de 2009
O Bertamiráns FC cumpre 75 anos de historia a piques de enfrontarse ao Ames
O Pazo da Peregrina foi escenario onte da presentación oficial dos actos de conmemoración do 75 aniversario do Bertamiráns FC, todo un logro ao que nos sumamos felicitando ao noso próximo rival na Copa de Ames. NORABOA!! A celebración terá lugar o sábado 30 de maio, con varios actos que aquí vos desgrano por se vos interesa ir a algún:
10:00 horas - Misa na Honra da Virxe da Peregrina
10:30 horas - Inauguración da exposición "75 anos de algo máis que un club, o Bertamiráns FC, un sentimento", que xa podedes visitar desde onte no Pazo da Peregrina
12:00 horas - Partido conmemorativo entre os veteranos do Bertamiráns FC e a SD Compostela, no Campo de fútbol Municipal (o de herba artificial onda o Polideportivo).
14:30 horas - Descubrimento da placa honorífica do 75 aniversario no Campo das Pateiras.
15:00 horas - Comida conmemorativa no Campo das Pateiras.
17:00 horas - Actividades varias: música-baile e inchables para os cativos nas Pateiras.
20:00 horas - Clausura do 75 aniversario.
Pois nada, agardamos que o desfruten a tope e que veñan ben cansadiños e resacosos ao encontro de volta da Copa de Ames jejejeje. Tamén que saibades que o CSD Ames, e o resto dos clubs de fútbol do Concello, temos dúas invitacións para asistir á comida confraternizadora. A adestrar duro que temos unha eliminatoria importante esta fin de semana!!!

viernes 15 de mayo de 2009
O Resmón e o Calo B amañaron co colexiado non xogar o penúltimo encontro da liga
Os acordos do Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol, que se reúne tódolos martes en San Lázaro, trouxeron sorpresa esta semana. Os clubes Resmón e Calo "B" do noso grupo, foron sancionados con 156 € cada un, e cun ano de suspensión os seus delegados, tralo amaño do encontro que debían desputar o pasado 26 de abril. O encontro "finalizou" co resultado de 0 a 0, pero en realidade non se chegou a desputar, non se sabe moi ben por qué. O caso é que os dous delegados e o árbitro do encontro, tamén sancionado cun ano de inhabilitación, acordaron cubrir a acta e dar por celebrado o partido co resultado inicial. Un resultado que perxudicou ao Ames, xa que esa semana o Resmón superounos por un punto na táboa. Algunha razón terían, pero en ningún caso é xustificada esta actitude antideportiva, dunha gravidade importante. ¿E se o Calo B ou o Resmón estivesen pelexando por ascender? Lamentable. E máis se lembrades o noso encontro co Calo B no seu campo, o 5 de abril (apenas vinte días antes), no que o colexiado Evaristo pasou máis de media hora tomando café cos directivos locais, arranxando os "detalles" do partido (acordádevos do penalti de Fuentes, da vermella directa por imaxinar insultos e demais). E daquel maravilloso arbitraxe alá contra o Resmón, onde o home de negro lle pitou dous penaltis aos locais e lle anulou un gol legal ao Ames. Son cousas que dan para pensar. A min daríame vergoña xogar nestes dous equipos. Deberíanlle terlle quitado uns cantos puntos por enganar a todo o mundo.
martes 12 de mayo de 2009
O Ames enfrontaráse ao Bertamiráns nos cuartos de final da Copa de Ames
O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte o sorteo dos cuartos de final da vixésimo oitava edición da Copa de Ames de fútbol afeccionado. Os emparellamentos foron os seguintes, por esta orde no cuadro:
Ortoño-Costoia
Bertamiráns-Ames
Bugallido-Biduido
(Agrón a semifinais)
Os encontros serán a dobre partido, os días 24 e 31 de maio. O gañador da eliminatoria entre o Ortoño e o Costoia, enfrontaráse no Municipal de Bertamiráns a partido único, ao gañador do encontro entre o Bertamiráns e o Ames. O Agrón xogará o mesmo día (7 de xuño salvo cambios), despois da primeira semifinal, contra o vencedor do emparellamento Bugallido-Biduido. A final en principio será o 14 de xuño tamén a partido único, salvo que Bertamiráns e Agrón cheguen lonxe na Copa do Sar. Pois ala, a adestrar que estes partidos son os que máis motivan. En breve teredes os puntos das dúas últimas xornadas e o ránking final de mellores da temporada en función desas puntuacións. Tamén a enquisa sobre o mellor xogador do exercicio 08/09 a criterio dos xogadores e seguidores. Saúdos

Suscribirse a:
Entradas (Atom)