Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 29 de abril de 2008

O Ames comeza a Copa en Agrón

A Copa de Ames bota a andar este fin de semana coas eliminatorias de cuartos de final. Debido a que só somos 7 equipos de modestos, unha das eliminatorias só ten un equipo, o Bugallido, que pasa directamente a semifinais xa que aínda ten que xogar a Copa do Sar. En semifinais enfrontaráse ao gañador da eliminatoria entre o Ortoño e o Bertamiráns. A outra semifinal sairá do Costoia-Viduido e do Agrón-Ames. Os cuartos de final son a dobre partido, o 4 e o 11 de abril; as semifinais e a final son a partido único no Municipal de Bertamiráns.
Por certo, esta semana temos dúas enquisas ao mesmo tempo, a gran enquisa do mellor xogador da tempada e á que aínda lle restan varios días; e a nova enquisa sobre o equipo que gañará a Copa de Ames. Seguide votando nas dúas!!

O Ames remata a liga como rei do empate

O Ames non puido acabar a tempada cunha victoria na casa fronte ao Dubra B, que conseguiu o mesmo resultado que no partido de ida, 2-2. O Ames comezou mellor, e pronto se adiantou por mediación de Llello, que empata no pichichi con Diego, ambos con 8 goles. O seu disparo raso cruzado bateu ao porteiro visitante. Pero o Ames non acababa de atoparse cómodo, sobre todo en defensa, coa liña un pouco separada do mediocampo, espazo que aproveitou o Dubra B para facer dano en varios balóns longos. En dous deles chegaron os dous goles visitantes, nunha xogada típica deste equipo. Balón largo á espalda da defensa, dianteiro cativo e rápido que se leva o balón despois do bote, e remate a gol ante a saída do porteiro. 1-2 á media hora, e minutosa de mal xogo para os locais. Na segunda metade, o Ames saíu tocando moito mellor, e chegaron dez minutos de moi bo fútbol do Ames e con bastante ocasións para empatar e incluso levarse o partido. O 2-2 chegou nunha falta desde o lado dereito que Llello dirixiu moi ben á cabeza de Benito, no que supuxo o segundo gol do señor Vieito na liga. A partir de ahí, o Ames intentouno con entradas de Juansiño desde o lado esquerdo e algunha falta de Nito, así como un par de córners sen éxito. Remata unha boa tempada en liga, na que acabamos novenos con 25 puntos, tras 5 victorias, 10 empates e 9 derrotas. Agora a preparar a Copa de Ames.

viernes, 25 de abril de 2008

Horarios desta fin de semana

O equipo de modestos non é o único que competirá esta fin de semana tralo remate das ligas de xuvenís e infantís. Porque, ademais do derradeiro encontro de liga para os máis grandes (domingo, ás 17:00 horas en Cobas contra o Dubra B), os infantís teñen torneo o sábado pola tarde no Campo Municipal de Bertamiráns. Será un triangular de Fútbol-7 contra o Bertamiráns e o Milladoiro, comezando ás 16:00 horas, en partidos de 40 minutos. A ver que tal lles vai, achegádevos a anima-los!!

lunes, 21 de abril de 2008

Nito será o pichichi segundo os votos da última enquisa

Co 27% dos votos emitidos, 6 de 22, Nito será o pichichi en liga do Ames segundo os nosos internautas, para o que tería que anotar 6 goles o domingo contra o Dubra B, ogallá que o faga. detrás del quedaron con 4 votos (18%) o resto das opcións: Miki, Llello, Diego, e o tándem magnífico Che e Casal. Agora xa podedes votar ao que consideredes que está sendo o mellor xogador do equipo durante toda a temporada. Ampliamos o prazo habitual dunha semana para poder votar, tendo nesta gran enquisa 20 días para escoller ao compañeiro que mellor o fixo no presente campionato. Para motivar máis ao persoal, o luns que ven haberá unha nova enquisa e manteremos a que hoxe estreamos para non aburrir a quen xa teña votado. Veña, a votar!!!!

O Ames asegura a novena praza tras golear ao Touro

25ª Xornada 20/04/2008

Descansa

-

-

Costoia

Dubra B

0

3

Trazo

Touro

0

4

AMES

Diego(2),Barri,Pose

Calo B

1

1

Deixebre

Tordoia B

2

1

Ortoño

Sigüeiro

0

0

Montaos

Resmón

1

3

Luaña




CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Montaos

50

23

15

5

3

53

17

Sigüeiro

49

23

14

7

2

53

19

Luaña

49

23

15

4

4

61

28

Trazo

44

23

13

5

5

61

24

Ortoño

43

23

13

4

6

52

25

Deixebre

38

23

11

5

7

48

29

Costoia

33

23

9

6

8

59

34

Calo B

32

23

9

5

9

38

40

AMES

24

23

5

9

9

35

45

10º

Dubra B

18

23

4

6

13

25

53

11º

Resmón

16

24

3

7

14

21

48

12º

Tordoia B

10

23

2

4

17

24

66

13º

Touro

10

23

3

1

19

15

120



GOLEADORES CSD AMES:

Diego

8 (3p.)

Manolo

2

Llello

7

Benito

1

Miki

5

Chete

1

Nito

3

Pose

1

Barri

3

Juansiño

2

Coleguín

2

O Ames retorna á victoria cunha goleada ao Touro

O Ames volveu a vencer despois de seis partidos nos que se colleitaron cinco empates e unha derrota. Con esta victoria, a novena praza está asegurada matemáticamente, no que supón a mellor clasificación da nosa recente historia. O partido , que finalizou con 0-4 para o Ames, púxose de cara moi pronto, cando Diego aproveitou un gran centro de Llello e un bo arrastre de Miki no primeiro pao, para picar o balón coa cabeza entre as pernas do porteiro local. Co gol tan tempraneiro, o Ames soltouse un pouco e comezou a tocar ben en defensa e no medio, con bos balóns cara Llello, Barri e Coleguín. Nun rexeite ao borde da área, Barri enganchou unha bolea que deu no poste esquerdo e entrou subindo o cero a dous ao marcador. O Touro, que pese a xogar con nove, realizou boas combinacións na primeira metade, tivo un par de tiros lonxanos e unha falta desde a frontal que rexeitou Félix a córner. A partir dos vintecinco minutos, o Ames incurriu en numerosos fóras de xogo. Barri e Llello puideron marcar o terceiro antes do descanso, pero non acertaron no remate. Na segunda metade, Llello sacou rápido un córner e o remate de Diego foi interceptado coas mans por un defensor do Touro. Penalti que Diego marcou sumando oito goles xa na tempada. Logo, debutaron dous xuvenís, Adrián e Sergio, que xogaron moi bo partido, igual que Pose, autor do cuarto gol. Na segunda metade, o Ames fallou varias ocasións claras. Pose tirou cruzado e foise cerca do pao, e Diego precipitouse nunha diagonal desde a banda colándose por medio da defensa pero disparou ás mans do porteiro. Ao final, victoria por cero a catro, 24 puntos, e novena praza asegurada a falta dun partido para o remate da liga.

miércoles, 16 de abril de 2008

O campo de Castiñeiro vence ao de Covas

Xa rematou a enquisa sobre o campo preferido polos xogadores do Ames. Con 18 votos de 26, o campo de Castiñeiro de Lobo venceu sobre o de Covas, que só tivo 8. O clan Ventosa non puido co poder do noso antigo feudo jeje. Por certo, onte á mañá estiven en Castiñeiro e o novo céspede xa ten unha pinta envidiable, tan só falta rapalo un pouquiño, e claro, arranxar os vestiarios. Queda pouco para voltar alí!!! E xa está en liza a nova enquisa, así que, a votar!!

martes, 15 de abril de 2008

Quinto empate consecutivo do Ames

24ª Xornada 13/04/2008

Costoia

1

1

Dubra B

Trazo

7

0

Touro

AMES

Nito

1

1

Calo B

Deixebre

2

0

Tordoia B

Ortoño

1

2

Sigüeiro

Montaos

4

0

Resmón

Luaña

-

-

Descansa

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Montaos

49

22

15

4

3

53

17

Sigüeiro

48

22

14

6

2

53

19

Luaña

46

22

14

4

4

58

27

Ortoño

43

22

13

4

5

51

23

Trazo

41

22

12

5

5

58

24

Deixebre

37

22

11

4

7

47

28

Costoia

33

23

9

6

8

59

34

Calo B

31

22

9

4

9

37

39

AMES

21

22

4

9

9

31

45

10º

Dubra B

18

22

4

6

12

25

50

11º

Resmón

16

23

3

7

13

20

45

12º

Touro

10

22

3

1

18

15

116

13º

Tordoia B

7

22

1

4

17

22

65


GOLEADORES CSD AMES:

Llello

7

Barri

2

Diego

6 (2p.)

Benito

1

Miki

5

Chete

1

Nito

3

Manolo

2

Juansiño

2

Coleguín

2

Fotos do Ames