Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 31 de marzo de 2009

O Ames empata co Vila de Ordes nun dos mellores encontros da temporada (1-1)

O Vila de Ordes levouse demasiado premio este domingo do Castro. Nun dos seus escasos remates á porta arañou un punto ante un Ames ordenado, serio, que presionou moito ao seu rival e que tivo ocasións de sobra para levarse os tres puntos. Desde o inicio o Ames saíu coas liñas ben xuntas, cunha presión eficaz e con transicións de balón rápidas cara ás bandas. A iniciativa sempre foi amiense, cunha actitude dos seus xogadores totalmente diferente á de encontros pasados. As mellores ocasións da primeira metade foron para o Ames. Miki empalou unha bolea desde tres cuartos de campo que saíu por riba do longueiro por moi pouco. Diego estivo a piques de sorprender cunha falta desde o costado dereito pegada abaixo polo primeiro pao, e o porteiro visitante (que salvou ao seu equipo con varias intervencións de mérito) lanzouse e rexeitou o esférico cando se colaba. O gardamallas non puido deter a acción máis destacada da primeira metade. Llello sacou un córner pasado que parecía que se perdía polo segundo pao, pero alí apareceu Diego para cabecear en prancha ao fondo das mallas. Co cero a uno o Ames tomou cinco minutos de respiro xa que a presión que exercía sobre o rival era considerable, e o Vila de Ordes apareceu un pouco máis na área local. Estivo a piques de empatar nun remate de cabeza que Fuentes atallou en dous tempos preto da liña de gol, e nun barullo na área tras un córner onde non apareceu un rematador claro. Na segunda metade, o dominio do Ames en liñas xerais foi maior, aínda que o Vila de Ordes tivo quince minutos de presencia nas inmediacións da área local, sen chegar a inquietar a Fuentes nin lanzar con perigo. O Ames continuou ordenado, con presión e lanzando contras moi perigosas. As mellores ocasións foron locais, e novamente o porteiro ordense salvou ao seu equipo. Miki intentou un disparo desde a frontal, o balón golpeou nun contrario e o rexeite caeulle a Llello, que viu como lle anulaban a xogada por suposto fóra de xogo. Juansiño internouse pola esquerda e o seu centro chut íase colar na meta, pero apareceu o porteiro cunha gran estirada cara atrás. O rexeite foi rematado por Nito, que se atopou coa pelota tralo rexeite, e novamente o porteiro salvou estirando a man e botando o esférico a córner. O Ordes puido empatar nun balón rexeitado na frontal da área que se foi ao pao. O rexeite foi rematado por un atacante ao medio, onde Fuentes atallou con apuros debido á potencia do lanzamento. O empate chegou pasada a metade da segunda parte. Unha falta preto da área amiense, foi lanzada maxistralmente polo mellor xogador visitante, o esférico golpeou no longueiro, o rexeite deu na espalda de Fuentes, e o balón entrou na meta. O Ames refíxose a esta desafortunada xogada con máis contras e ataques, en busca do gol da victoria. Nito puido anotar en dúas ocasións. A primeira, tras un rexeite nun córner, xirouse e disparou cruzado abaixo, pero o porteiro ordense rexeitou a córner nunha nova parada. A segunda foi unha falta directa que tiña moi boa pinta, pero bateu nun contrario e desviou a traxectoria cara o lateral. O Ames aínda tería un par de barullos na área para buscar o gol da victoria, pero este non chegou. Ao final, empate que supón demasiado premio para un Vila de Ordes que apenas tirou a portería.

3 comentarios:

Diego Villaverde dijo...

Abrimos debate, ¿foi este o mellor encontro do Ames no que vai de temporada? Eu quedaríame con este e o do Deixebre, aínda que a primeira parte en Covas contra o Resmón foi para enmarcar...non sei que vos parece...

Frannavaro dijo...

pois ainda que eu non xoguei contra o calo nas pateiras,desde fora,eu vin un bo partido con moi boa defensa,nito soberbio e peli no seu mellor partido,o de deixebre en cobas estubo ben e xogouse e peleouse moito,se vamos a escoller quedome con ese porque foi un martido no que se mantubo a linea de xogo desde o principio ata o final,sen entrar no xogo do rival,e asi pudemos remontar

Llello dijo...

eu para min tamen o do deixebre..tal vez pola remontada e polo traballo do grupo, neste si que xogamos ben presionando arriba, pero faltounos algo máis de chegada arriba e de transicions polo medio do campo para surtir de balons os dianteiros..e bueno, tendo en conta k o puto nito dende ai un mes non lle mete un gol o arcoiris( ti xa sabes k te aprecio!XDDDDD)

Fotos do Ames