Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 29 de diciembre de 2008

Bo Nadal e Feliz 2009 a tódolos seguidores deste blog

Chegan as festas do Nadal e desde esedeames.blogspot.com queremos darvos as gracias a todos os que nos visitades e deixades comentarios ou achegades fotografías, suxestións, críticas, felicitacións... por acompañarnos no noso día a día. A todos vós, MOITAS FELICIDADES, E QUE O ANO 2009 VOS TRAIA O MELLOR!!! Agora que estamos a piques de cumprir un ano de vida (o 22 de xaneiro de 2008 publicamos a primeira entrada), pronto tocará facer balance. Como adianto, tres enquisas para que non esteades aburridos neste Nadal con menos fútbol. Saúdos!!!!

Derrota demasiado abultada en Brión (5-1)

O Ames visitou Brión pretiño do Nadal co obxectivo de sorprender no seu feudo ao segundo clasificado na liga. Nada máis lonxe da realidade xa que o Ames saíu goleado, iso si, estando en inferioridade numérica durante máis de sesenta minutos, tempo no que mereceu empatar antes de que se decantase o encontro na recta final. O Brión comezou mellor, co Ames presionando sen demasiada orde e sen harmonía entre as liñas, o que abriu ocos nas bandas. Os visitantes apenas tiñan o esférico, e o Brión empuxaba sen chegar. Ata a xogada do primeiro gol, que chegou nunha boa triangulación pola banda dereita do ataque local, con pase da morte que o dianteiro brionés anotou case a pracer. Co gol en contra, o Ames intentou tocar no medio e abrir o xogo ás bandas, con moitas dificultades. Nunha perda chegou unha contra local, que deixou a un dos dianteiros enfilando meta, e Fran, na frontal da área derrubouno, interpretando o colexiado que estaba dentro da área. Penalti e expulsión. Co dous a cero e con dez xogadores aos vinte e cinco minutos, o Ames afrontaba unha tarea difícil. Con todo, cun home menos o equipo visitante axustou mellor as liñas con Nito de central, e tivo máis o esférico, creando perigo a balón parado e con algunha que outra chegada polas bandas. Llello puido reducir distancias cun gran disparo á cepa do poste, pero o porteiro local desviou a córner. Nito fixo unha boa internada desde a defensa regateando a varios contrarios pero o pase interior saíu longo e atallouno o gardamallas brionés. O Brión puido marcar o terceiro nun par de ocasións, pero non estivo acertado. Na reanudación, o Ames saíu decidido a recortar distancias, con Miki de central e Nito no medio do campo, e coa entrada de Pose e Coleguín. Pouco a pouco comezou a ter o balón e a ter máis presencia en ataque, poñendo dos nervos ao conxunto local. Foron sen dúbida os mellores minutos dos amienses. Coleguín mandou un tiro ao longueiro, Llello intentou o remate pese a que lle fixeron penalti, e Diego non puido rematar por pouco e a bocajarro un centro de Pose desde a banda esquerda. Noutra xogada, Diego habilitou a Nito cun pase a lo Laudrup, pero o porteiro tocou antes o esférico que o dianteiro amiense, impedíndolle o remate. Co Ames volcado, chegou o terceiro gol do Brión, que aproveitou os espacios nunha contra finalizada cun remate dentro da área. Co partido medio sentenciado, o Ames seguiuno intentando. Diego case sorprende ao porteiro local nunha falta desde o lateral do medio campo, e Nito e Llello tiveron varias chegadas e triangulacións sen éxito. O Brión anotou o cuarto e quinto goles á contra, un deles en fóra de xogo, e outro anotado por Diego en propia meta querendo despexar. O gol da honra para o Ames anotouno Diego, tras centro de Coleguín desde a dereita, que Llello toca de cara para o central amiense, que bateu por raso ao cancerbeiro local. O encontro tivo numerosas interrupcións polo xogo bronco de ambas escuadras, co Ames impotente ao non saír as cousas, e cun Brión chulesco, como se a posición na táboa o eximise de levar patadas coma os demais. En fin...

martes, 23 de diciembre de 2008

O Ames descólgase da zona media a falta dunha xornada para o remate da primeira volta


16ª Xornada 21/12/2008

Luaña

-

-

Descansa

Sionlla

1

0

Costoia

Vila de Ordes

2

0

Bertamiráns B

Calo B

2

1

Resmón

Tordoia B

2

2

Deixebre

Descansa (T)

-

-

San Marcos B

Brión

5

1

AMES

Diego

Trazo

1

2

Dubra B

Ortoño

3

1

Rial


CLASIFICACIÓN:


Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

40

14

13

1

0

45

12

Brión

35

14

11

2

1

38

16

Vila de Ordes

30

14

9

3

2

23

9

Deixebre

30

15

9

3

3

32

18

Calo B

25

14

8

1

5

31

18

Bertamiráns B

24

14

7

3

4

28

20

Ortoño

23

14

6

5

3

23

15

Trazo

22

14

7

1

6

29

23

Luaña

19

13

6

1

6

28

28

10º

AMES

17

14

5

2

7

22

26

11º

Rial

14

15

4

2

9

19

31

12º

Resmón

12

13

4

0

9

17

28

13º

Tordoia B

12

14

3

3

8

18

32

14º

Sionlla

11

14

3

2

9

29

27

15º

San Marcos B

4

14

1

1

12

10

60

16º

Costoia

3

14

1

0

13

17

46



martes, 16 de diciembre de 2008

Os internautas destacan a posición na táboa e as victorias a domicilio

A última enquisa do noso blog, referida ao que máis valoran os seguidores e compañeiros do primeiro tercio da temporada, deixou como vencedoras as opcións "a posición na táboa" e "as victorias a domicilio, con 4 votos cada unha, dos 13 emitidos. Así quedou:

1º A posición na táboa 4 votos (30%)
1ºAs victorias a domicilio 4 votos (30%)
3º Os goles de Nito 2 votos (15%)
4º Os poucos goles encaixados 1 voto (7%)
4º O bo ambiente do equipo 1 voto (7%)
4º Os puntos da casa 1 voto (7%)

En breves momentos teredes unha nova enquisa. Ata a noite.

O Ames baixa ata o décimo posto trala xornada de descanso

15ª Xornada 13/12/2008

Costoia

1

6

Luaña

Bertamiráns B

4

2

Sionlla

Resmón

3

2

Vila de Ordes

Deixebre

2

0

Calo B

San Marcos B

1

1

Tordoia B

AMES

-

-

Descansa (T)

Dubra B

3

2

Brión

Rial

0

4

Trazo

Descansa

-

-

Ortoño

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

37

13

12

1

0

43

11

Brión

32

13

10

2

1

33

15

Deixebre

29

14

9

2

3

30

16

Vila de Ordes

27

13

8

3

2

21

9

Bertamiráns B

24

13

7

3

3

28

18

Calo B

22

13

7

1

5

29

17

Trazo

22

13

7

1

5

28

21

Ortoño

20

13

5

5

3

20

14

Luaña

19

13

6

1

6

28

28

10º

AMES

17

13

5

2

6

21

21

11º

Rial

14

14

4

2

8

18

28

12º

Resmón

12

12

4

0

8

16

26

13º

Tordoia B

11

13

3

2

8

16

30

14º

Sionlla

8

13

2

2

9

28

27

15º

San Marcos B

4

14

1

1

12

10

60

16º

Costoia

3

13

1

0

12

17

45

Fotos do Ames