Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 23 de marzo de 2009

O Ames perde ante a Sionlla tras catro disparos ao poste nun partido frouxo (2-3)

O Ames prosegue a súa mala racha de resultados cunha derrota ante a Sionlla, que estivo máis acertada no remate, sobre todo coa cabeza, mentres o Ames golpeou ata catro veces no poste. O encontro comezou co Ames mellor posicionado e levando a manixa do xogo. As ocasións foron chegando con boas xogadas entre Nito, Miki e Llello. Varios remates cruzados non acabaron de ver portería, e o Ames encadeou varios córners de xeito case consecutivo. A Sionlla chegou nun par de contras sen demasiado perigo. Tras varios avisos, o Ames adiantouse no marcador. Unha boa combinación derivou nun tiro de Nito ao pao, que Llello remachou ao fondo das mallas. A ledicia pouco lle durou ao Ames, xa que uns cinco minutos despois, un córner en contra derivou nun cabezazo inapelable do home máis alto dos visitantes. Co empate, o equipo perdeu seguridade, e o xogo deixou de ser de toque e pasou a basarse no pase longo. A Sionlla chegaba máis e nunha desas xogadas o colexiado pitou penalti. Roi adiantouse na área a un rival, que cando se dipoñía a disparar, "rematou" a perna de Roi caendo ao chan, e o árbitro sinalou pena máxima. A Sionlla anotou o segundo gol, e acto seguido o seu capitán encarouse co lanzador, que non era o designado polo adestrador. Trala pelexa foron separados polos seus compañeiros, e expulsados polo colexiado, que pitou o final da primeira metade cinco minutos antes do tempo estimado, quizais para que se calmasen os ánimos dos xogadores visitantes. Na reanudación, o Ames saíu autopresionado e tardou uns quince minutos en centrarse para intentar aproveitar a vantaxe numérica. A Sionlla encerrouse cos seus nove homes na súa área, e o Ames comezou o seu monólogo. Entrando polas bandas e colgando balóns intentouno unha e outra vez, con tres homes atrás que en ocasións eran dous. Nunha das escasas contras visitantes, un novo cabezazo tras unha falta lateral deulle o terceiro á Sionlla, que rentabilizou ao máximo os seus remates. O Ames medrou coa entrada de Juansiño, Chete e Paco e comezou o festival de postes e "huys". Miki adentrouse pola esquerda e o seu centro pasado foi picado coa cabeza por Llello e rexeitado polo porteiro "in extremis". Nunha internada pola esquerda, Juansiño foi derrubado xusto cando entraba na área e o árbitro sinalou penalti. Diego encargouse de transforma-lo, e o Ames lanzou a polo empate. Chete puido consegui-lo nunha bolea que o porteiro sacou da escadra enviando a córner. Juansiño internouse na área e o seu disparo na esquina da área pequena deu no pao. Llello aproveitou unha deixada de Miki para bolear ao poste. Fran lanzou un disparo lonxando que se foi rozando o longueiro. Paco e Roi lanzaron desde lonxe pero a nutrida defensa visitante repeliu os lanzamentos. E o árbitro puido sinalar un novo penalti máis claro que o anterior sobre Juansiño. Pero cando a pelota se empeña en non entrar e o rival anota todo o que remata, pouco se pode facer, aínda que sexa contra nove. Incrible a racha que levamos.

9 comentarios:

Frannavaro dijo...

diego creo que foches moi blando no titular,eu tiña posto outro...
a verdad e que pa min ayer tocamos fondos,a parte da mala sorte que tuvemos de cara a gol,e os meus fallos que marcaron o partidos. o unico consuelo que me queda polo menos a min e que solo podemos ir para arriba,mais pa baixo non podemos ir xa...

ivanovik dijo...

buenas rapaces a verda e ke se smpre nos pasa o mesmo desde fora vese mellor eu penso ke ai ke corregir duas couas e mellorarems ke son ke temso ek defender emllor nos corneers e faltas e akabar aas xogada porke onte por non acabar unha xogada veu o primer gol deles buensoa nimos podemmos eejej vemonos martes

Diego Villaverde dijo...

ánimo fran, eu tamén fallei no terceiro, sin errores non habería nunca goles!! as claves foron no marcaxe e no desacerto arriba... ademais, eles meteron os nove que tiñan na área e despexaban casi sin querer, en Primeira os que xogan con 9 ás veces tamén lle gañan aos de 11 e cobran millonadas, non te aghobies, o Zaragoza levoulle unha Copa ao Madrid cun menos, é o bonito deste deporte!!! En dúas semanas pasas do malo ao bo ou do maís alto ao fondo.

Frannavaro dijo...

vale tio gracias polos animos,pero os tres puntos xa van ala,non queda outra que tirar pa diante,pero sabe moi mal perder asi,creo que sabedes o que me refiro... bueno vemonos hoxe!!

Roinaldinho dijo...

tranquilos todos non vedes q a culpa e toda de casal jejejeje

Frannavaro dijo...

pois ahora que o dis roi, igual tes razon e todo...!!!!!!!!!!! ai que plantealo como unha opcion moi seria, jeje!!

Diego Villaverde dijo...

O que hai que poñer é un pouco máis de compromiso en cada partido, onte entrenando parecía que estábamos na guerra, entrábamos duro e pelaxábamos cada bola e o domingo metemos o pé con medo e así nos vai, é o que non alcanzo a entender deste equipo...

Frannavaro dijo...

estou dacordo contigo diego,pero eso que dis tamen creo que e fruto de que nos entrenos a xente se permite cousas que nos partidos non se poden facer,porque se limitan a facer o que en teoria lle corresponde... ese e o outro punto de vista que teño eu... que non signmifica que sea o correcto,nin moito menos,solo e outra opcion

Diego Villaverde dijo...

xa, pero eso é normal,entrenando todos facemos cousas que logo no partido non as facemos (regataer atrás ou chupar máis do normal), o que digo é que hai xente que nos adestramentos mete o pé cunha forza e unha enerxía considerable, e pícase e corre daquí para alá e jódelle un huevo perder unha pachanga de nada, e logo no partido quedámonos mirando, non replegamos, parece que nos jode máis perder unha pachaga cos coelgas que un partido de liga...en fin, igual é cuestión de rachas (tampouco é cousa de facer un drama) jejeje

Fotos do Ames