Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

miércoles, 3 de junio de 2009

Os internautas pronosticaron a victoria do Barcelona sobre o Manchester na Champions

Dos 19 votos emitidos na última enquisa do noso blog, a parte da megaenquisa sobre o mellor xogador da temporada, 11 foron para o Barcelona (o 57%), e 8 para o Manchester (42%). En breve agardemos que se reúna o Sanedrín e prepare os puntos das últimas xornadas de liga e elabore o listado final da Liga Fantástica do Ames. Saúdos

O Bertamiráns golea ao Ames no encontro de volta da Copa de Ames (1-6)

Non puido ser, ao final o Bertamiráns impuxo o seu poderío físico (e numérico, xa que o Ames xogou toda a segunda metade con dez) e levouse a eliminatoria de cuartos de final da Copa de Ames cun resultado demasiado abultado. O partido tivo historia ata o minuto 47. O retorno a Castiñeiro do Lobo foi bastante agrio, xa que aos 3 minutos o Bertamiráns marcou nun rexeite dentro da área e puxo a eliminatoria costa arriba. Pero o Ames repúxose e pronto pisou a área rival con chegadas de certo perigo a cargo de Nito e Juansiño. Sobre o minuto 20, Nito lanzou unha falta a unha certa distancia. O lanzamento, potente, deu un bote xusto a carón do porteiro, que rexeitou o esférico. Alí apareceu Adrián para facer a igualada e devolver a ilusión ao Ames. Entretanto, o colexiado co encontro sacou a súa versión máis chulesca e sacou catro amarelas, tres a xogadores locais e unha a un do Bertamiráns, por protestar, cando houbo tres ou catro patadas en ambos bandos que ben merecían a cartulina. O Bertamiráns reclamou un penalti preto do descanso, e Paco tivo que ser sustituído por Moncho xa que o calor lle pasou unha mala pasada. O Ames tivo un par de remates dentro da área que o puideron adiantar, e tamén Fuentes interviu nunha gran parada que salvou ao equipo. Os visitantes terían que ter quedado con dez homes, pero o referee sabía ben o que facía e sacoulle a amarela a outro xogador do Bertamiráns. Todo cambiou na segunda parte. Na primeira acción de ataque visitante o Bertamiráns marcou o segundo, e na xogada seguinte, o árbitro botou a Miki por dobre amarela. O equipo descompúxose con dez, con peor forma física, e desquiciado polas decisión arbitrais, xa que cada acción defensiva do Ames era castigada con falta, distinto raseiro ao utilizado co rival. Chama a atención que veñan a arbitrar dous linieres e un colexiado e que ningún saiba as regras do torneo, ata se amosaron incrédulos cando se lles lembrou (o escrito enviado á Federación xa indicaba esa posibilidade) que podía haber prórroga e penaltis. En fin, que moi mermados pola calor e o baixón físico e mental, o Bertamiráns matou o partido á contra con varios goles nos que ademais estiveron acompañados pola fortuna. Agora a descansar e a preparar a temporada que vén!!

Fotos do Ames