Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 25 de noviembre de 2008

Pi e Chete triunfan na enquisa sobre a cea

Con 3 votos cada un, dos 7 emitidos, as opcións "que Chete fale menos do que beba" e "que Pi pague unha na do sogro" quedaron en primeiro lugar. Detrás quedou a opción gastronómica "que Sergio deixe viño po resto" cun só voto. En breve teredes outra enquisa...

Derrota do Ames en Ordes nun partido intenso e igualado (2-1)

O sábado o Ames desprazouse ata Ordes nunha das saídas máis difíciles da temporada. O Ames saíu moi concentrado, tocando ben e ordeado atrás. Pose, Miki e Roi combinaron ben entre eles, e o equipo amosouse seguro atrás. O Ames adiantouse no marcador preto da metade do primeiro tempo, nunha falta sacada por Miki con rosca ao segundo pao, na que o porteiro se despistou e tocou o balón ao tempo que daba no longueiro, chegando Diego só e cabeceando ás mallas sen oposición. Tralo gol, o Vila de Ordes pouco a pouco fíxose co esférico e agobiou ao Ames cara o final do primeiro tempo. O conxunto visitante defendeuse ben, e o Ordes apenas tivo ocasións, tivo o balón pero sen crear apenas perigo. Polo Ames, un cambio de xogo de Miki deixou só a Moncho escorado na marxe esquerda da área, pero o seu disparo foi rexeitado a córner por un defensor local. Polo Vila de Ordes tan só reseñar un disparo lonxano que Juan atallou sen problemas. Na reanudación, o Ames saíu menos ordenado, o que o Vila de Ordes aproveitou para meter presión, e en dez minmutos tolos deulle a volta ao encontro. O primeiro gol foi unha gran contra que rematou cun pase atrás desde o costado dereito do ataque local e remate a porta vacía no segundo pao. Pouco despois, o Vila de Ordes puxo o dous a un gracias a un disparo lonxano que tras facer un estrano na súa traxectoria, Juan non acertou a rexeitar. Co resultado adverso e a entrada de Nito e Juansiño, o Ames empuxou de novo buscando o empate. O Vila de Ordes tan só trenzou algunha contra, pero ningunha acabou con remate a porta. Polo Ames o perigo chegou principalmente a balón parado. Miki colgou varias faltas con potencia cara o medio da portería, tentando crear inseguridade no porteiro local. Nunha delas, puido chegar o empate nos minutos de desconto. O balón pechouse moito e caendo, Diego rozouno ante a saída do porteiro, e tralo choque entre ambos, o balón saíu repelido cara a portería, pero o gardamallas puido reaccionar e atalla-lo xusto antes de que pasase a liña de gol. Ao final, derrota que semella excesiva ante o exposto por ambas escuadras (tiña que ser un empate!!!).

domingo, 23 de noviembre de 2008

O Ames sitúase oitavo tras perder co Vila de Ordes

12ª Xornada 23/11/2008

Bertamiráns B

-

-

Descansa

Costoia

2

4

Resmón

Luaña

0

3

Deixebre

Sionlla

9

1

San Marcos B

Vila de Ordes

2

1

AMES

Diego

Calo B

0

2

Dubra B

Tordoia B

2

1

Rial

Descansa (T)

-

-

Ortoño

Brión

2

0

Trazo

CLASIFICACIÓN:


Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

31

11

10

1

0

33

7

Brión

28

10

9

1

0

27

10

Vila de Ordes

23

10

7

2

1

15

6

Deixebre

22

11

7

1

3

24

13

Trazo

19

11

6

1

4

24

17

Calo B

18

10

6

0

4

23

14

Ortoño

16

11

4

4

3

14

12

AMES

16

11

5

1

5

18

17

Luaña

16

11

5

1

5

20

23

10º

Bertamiráns B

15

10

4

3

3

19

14

11º

Rial

14

12

4

2

6

18

22

12º

Sionlla

8

10

2

2

6

22

17

13º

Tordoia B

7

10

2

1

7

10

20

14º

Resmón

6

10

2

0

8

11

23

15º

Costoia

3

11

1

0

10

16

38

16º

San Marcos B

3

11

1

0

10

9

50

jueves, 20 de noviembre de 2008

Puntos da Fantasy do partido coa Sionlla

P10

Sionlla

Puntos

Totais

Nito

6

52

Diego

2

35

Miki

5

32

Juansiño

11

28

Llello

-

27

Cool

-

24

Coleguín

1

23

Fuentes

-1

23

Fran

2

22

Pose

1

22

Iván

2

19

Roi

2

19

Adrián

1

13

Chete

1

9

Marquitos

4

9

Pi

1

9

Daniel

-

8

Moncho

0

8

Juan

-

6

Che

-

2

Gonzalo

-

2

Casal

-

1

Félix A.

-

0


Os mellores do encontro foron: Juansiño (3 puntos), Marquitos (2), e Pose (1). Coidado co Pardo Power!!!

lunes, 17 de noviembre de 2008

Aos internautas sorpréndelles que o Ames teña máis goles a favor que en contra

Así se desprende dos resultados obtidos na última enquisa, sobre o máis sorprendente do que vai de temporada. Dos 13 votos totais, 6 foron para a opción "que o Ames leve máis goles a favor que en contra". Detrás, con 4 votos quedou a opción "que o Vila de Ordes teña 16 puntos con tan só 9 goles a favor", con 2 votos que o Dubra B teña tantos puntos, e cun só voto, que Nito levase 7 goles. En breve estará a vindeira enquisa. Saúdos

Victoria traballada do Ames na Sionlla (1-2)

O Ames levouse os tres puntos da Sionlla nun partido moi desputado e marcado polas expulsións. O Ames comezou medianamente ben, cun par de balóns largos que apenas inquietaron á zaga local. A Sionlla tamén tanteou á zaga do Ames, que despexou sen problemas. Tralo tanteo inicial de ambos conxuntos, a Sionlla fíxose dono do medio campo e comezou a desbordar á zaga e ó medio do Ames., con toques rápidos no medio, conduccións habilidosas e aperturas á banda con centros que crearon moito perigo. Así chegou o primeiro gol, nun bo cabezazo do dianteiro local tras centro desde a banda. Tralo gol, o Ames estivo cinco minutos desorientado, pero pouco a pouco adiantou as liñas e creou a ocasión máis clara do encontro. Diego roubou un balón no medio do campo, conduciu uns metros e centrou para que Nito cabecease o esférico cara meta, pero o remate saíu lambendo o longueiro. A ocasión animou ao Ames, que volveu crear perigo en tres accións a balón parado. Miki reclamou penalti tras lanzar unha falta e ser repelida pola barreira posiblemente coa man. A Sionlla quedou con dez xogadores trala expulsión do seu central, cando Nito se dispoñía a entrar só na área. Na reanudación, o Ames saíu coa intención de empatar pronto, pero antes tivo que solventar cinco minutos de saques de banda e un par de córners da Sionlla. Coa entrada de Pose, o Ames fíxose dono do medio do campo e comezaron a chegar as ocasións. O empate chegou pronto, tras pase longo de Iván a Miki, este centrou atrás e Juansiño axustou un tiro potente polo primeiro pao. Despois, nunha boa combinación no medio, Pose centrou atrás e Nito estivo a piques de marcar. Co empate, o Ames respirou un pouco e o Sionlla chegou un par de veces sen demasiado perigo. Co aire renovado, chegou o segundo gol. Outro rexeite na área foi aproveitado por Don Nito, que colocando o balón na escuadra, fixo inútil a estirada do porteiro local, que rozou o esférico sen poder evitar o gol. Os agobios chegaron nos últimos dez minutos, cando Fuentes viu o cartón vermello tras derribar ao atacante local cando ía entrar na área. Juansiño púxose de porteiro, e atallou seguro a falta lanzada polo dianteiro da Sionlla. O equipo local colgou balóns á area do Ames, ben cerrado atrás. O partido puido acabar en empate, pero novamente Juansiño desviou a córner un disparo cruzado dentro da área. Ao final, victoria axustada que aúpa ao Ames á sétima praza.

O Ames sube un posto tras vencer na Sionlla (1-2)

11ª Xornada 16/11/2008

Resmón

1

2

Bertamiráns B

Deixebre

2

1

Costoia

San Marcos B

1

4

Luaña

Sionlla

1

2

AMES

Juansiño, Nito

Dubra B

1

1

Vila de Ordes

Rial

0

3

Calo B

Ortoño

1

0

Tordoia B

Trazo

-

-

Descansa (T)

Descansa

-

-

Brión

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

28

10

9

1

0

31

7

Brión

25

9

8

1

0

25

10

Vila de Ordes

20

9

6

2

1

13

5

Trazo

19

10

6

1

3

24

15

Deixebre

19

10

6

1

3

21

13

Calo B

18

9

6

0

3

23

12

AMES

16

10

5

1

4

17

15

Luaña

16

10

5

1

4

20

20

Ortoño

16

11

4

4

3

14

12

10º

Bertamiráns B

15

10

4

3

3

19

14

11º

Rial

14

11

4

2

5

17

20

12º

Sionlla

5

9

1

2

6

13

16

13º

Tordoia B

4

9

1

1

7

8

19

14º

Resmón

3

9

1

0

8

7

21

15º

Costoia

3

10

1

0

9

14

34

16º

San Marcos B

3

10

1

0

9

8

41

Fotos do Ames