Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 9 de marzo de 2009

O Ames derrota ao Costoia sufrindo ao final tras un primeiro tempo no que puido golear (0-1)

O Ames levouse o derbi pola mínima, nun encontro igualado, aínda que houbo momentos nos que os amienses puideron golear ao seu rival. Ao final, o Costoia apretou con balóns á área que non acabaron de inquietar ao Ames. Desde o principio, o Ames levou a manixa do encontro, ben colocado atrás e con contras moi perigosas que inquietaban á defensa do Costoia. A primeira xogada de perigo do Ames puido rematar en gol. Llello sacou un córner que Diego cabeceou ao longueiro tirándose en prancha. Pouco despois, un balón en longo foi aproveitado por Juansiño, que se colou pola esquerda na área, lanzando a porta preto do pao, cando tiña rematadores no centro. Os primeiros vinte minutos foron de agobio amiense. Nito lanzou unha falta que se foi alto, Diego centrou desde o lateral e Juansiño boleou fóra, e Adrián fixo un par de internadas pola banda que non atoparon rematador. O gol chegou nunha contra. Llello deulle un pase a Juansiño, desprazado cara o medio. Este internouse na área, fixo un par de recortes buscando remate, e lanzou raso e cruzado, enganando ao porteiro local. O dominio visitante foise esmorecendo cara o final do primeiro tempo, e o Costoia tivo unha clar oportunidade nun remate cruzado no interior da área que Fuentes rexeitou ben a córner. Na reanudación, o Ames saíu replegado atrás, coa intención de saír á contra. O Costoia adueñouse do esférico, pero as súas chegadas eran testimoniais, sen remate claro. Tan só nunha ocasión Fuentes tivo que empregarse a fondo evitando o gol cunha boa parada. O resto foron balóns colgados sen demasiado acerto para o Costoia, que reclamaría un penalti na área amiense por un lixeiro agarrón ao dianteiro local. Tamén o Ames tivo algunha contra perigosa na segunda metade. Nunha internada desde a esquerda, Juansiño driblou a dous defensores, e foi trabado cando ía rematar. Pero en ningunha ocasión o colexiado pitou penalti. O Ames puido matar o partido en dúas ocasións na recta final. A máis clara deixou só a Che ante o porteiro, pero precipitouse e rematou en semifallo ás mans do porteiro. O Costoia aínda tería unha falta na frontal da área que foi repelida pola barreira. A oitava victoria da temporada sitúa ao Ames na novena praza, empatado co seu próximo rival, a Luaña.

No hay comentarios:

Fotos do Ames