Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 13 de abril de 2010

O Ames mediráse ao Deportivo Sar na segunda ronda da Copa do Sar

A Delegación de Santiago da Federación Galega de Fútbol ven de realizar o sorteo para a primeira e segunda ronda da Copa do Sar. O Ames salvou por sorteo a primeira ronda, pero terá que enfrontarse na segunda ao Deportivo Sar, campión do grupo 8º da Terceira Autonómica, que cometirá a próxima temporada na Segunda categoría Rexional. A primeira ronda, que se desputará o 25 de abril a partido único no campo do primeiro, deparou os seguintes enfrontamentos:

Praíña-Ortoño
Dodro-Cacheiras
Brión-Agrón
Cordeiro-Bugallido

O groso de emparellamentos da segunda ronda, que se celebrará o 2 de maio tamén a partido único no campo do primeiro, é o seguinte:

Atl. Oleiros-Cures
Lesende-X. Aguiño
Olveira-Cabo de Cruz
Taragoña-Galicia Bealo
Crocha-Abanqueiro
Xuño-Dep. Unión
Puebla-Palmeira
Caamaño-Atl. Terras
Furia-Rois
Bastavales-Esclavitud
Carcacía-Pazos
Biduido-Rarís
Bertamiráns-S. Antonio
Ribasar-Luaña
Ames-Dep. Sar
Ganador: Praiña/Ortoño-Ganador: Dodro/Cacheiras
Ganador: Brión/Agrón-Ganador Cordeiro-Bugallido
Recesende-Silleda
Estudiantil-Callobre
Bandeira-Vea
Lestedo-San Mamed
Prevediños-Lamela
Ponte Camporrapado-Sp. Estrada
Piloño-Val do Ulla
Berres-Sigüeiro
Trazo-Villestro
O Pino-Resmón
Deixebre-Dep. Conxo
A Baña-Vila de Ordes
Dubra B-Chaián
Tordoia-Portomouro
Montaos-Rial

A terceira ronda desputaráse a dobre partido os días 9 e 16 de mayo. En caso de superar ao Deportivo Sar, o Ames cruzaráse co gañador da eliminatoria que saia da ronda previa Praíña-Ortoño e Dodro-Cacheiras.

lunes, 12 de abril de 2010

A enquisa sobre o pichichi acertou co gañador: ¡Miki!

Trala remontada ante o Deixebre, Miki e Neo quedaron empatados como pichichis do equipo. Así quedou a táboa final de goleadores.

Miki

7 (1 p.)

Neo

7

Fran

5 (1 p.)

Nito

5

Diego

3

Roi

3 (1 p.)

Juansiño

3

Adrián

2

Moncho

1

Gamarra

1
















Os votos da enquisa sobre o gañador do pichichi acertaron en Miki, aínda que ninguén previu os dous goles de Neo que o igualarían na cabeza da táboa. Así quedou a votación tralos 8 votos rexistrados:
  1. Miki, que manterá a vantaxe de dous goles sobre Fran, Nito e Neo (4 votos)
  2. Roi, que marcará nos últimos encontros tódolos penaltis que fallamos ao longo da temporada (2 votos)
  3. Diego, déixate de pamplinas, todo vai quedar como está (2 votos)
Xa tedes á vosa disposición unha nova enquisa, proposta polo noso compañeiro Moncho, ¡que chispa ten!

lunes, 5 de abril de 2010

Goleada do Ames sobre o Deixebre para rematar a Liga na undécima posición (4-1)

O Ames rematou a Liga cunha victoria contundente sobre o Deixebre que se xestou na recta final da segunda metade. O partido comezou cos dous equipos tanteándose, sen moito xogo e con tímidas chegadas. O Deixebre lanzou un par de contras perigosas e nunha delas, Diego saíu ao cruce do atacante visitante e no seu despexe, o dianteiro caeu ao chan dentro da área. O colexiado, moi alonxado da xogada, sinalou penalti sen dubidalo, nunha decisión moi discutida polos xogadores do Ames. O Deixebre adiantouse e o Ames encheuse de nervios. Pero pouco a pouco recuperou o sitio e foi chegando con perigo. Miki intentouno cun disparo lonxano que atallou o gardamallas visitante, e máis tarde nunha reviravolta na área que despexou un defensor. Tamén Nito e Roi tiveron varias combinacións preto da área que non se acabaron de concretar. Diego e Adrián puideron facer o empate nun córner e nun saque de banda longo de Gamarra, pero a defensa visitante tapou "in extremis" os seus remates. O Deixebre seguiu chegando con contras perigosas, pero sen demasiado perigo. Na reanudación, o Ames cambiou de esquema, pasando a un 3-4-3 que se convertía nun 5-4-1 en defensa. Pero esta variante apenas fixo falta, xa que o Deixebre adicouse na segunda parte a meter balóns en longo a través do seu porteiro. En cambio, o Ames controlou o esférico e comezou a crear perigo pouco a pouco. O empate chegou tras un centro de Miki a perna cambiada que Neo cabeceou ao fondo das mallas. Co gol, o Ames seguiu atacando pero sen descuidar a zaga. O segundo gol tamén levou a firma de Neo. Recibiu o balón de costas e dentro da área. Tras un amague meteuse cara o interior e disparou á escadra da portería do Deixebre, nun gol de moi bela factura. Nos últimos minutos chegaron os outros dous goles do Ames. O terceiro tras unha gran xogada combinativa entre Neo e Miki, que habilitaron a Nito dentro da área. Este disparou e o seu remate rozou a un defensor, colándose na meta. O cuarto gol chegou logo dun saque de falta rápido de Miki. O rexeite foi aproveitado por Juansiño, que anotou a pracer na área pequena. Con esta victoria, o Ames finaliza a Liga na decimoprimeira posición con 25 puntos.

O Ames finaliza a liga como 11º tras golear ao Deixebre

26ªXornada 04/04/2010

Costoia

2

2

Resmón

AMES

Neo (2), Nito, Juansiño

4

1

Deixebre

Paraguayo Stgo.

4

2

Tordoia

Sionlla

1

2

Luaña

Chaián

0

1

Vila de Ordes

Trazo

0

2

Rial

Ortoño

3

1

Bertamiráns B







Susp. Xornada 24: Costoia 2 - 1 Tordoia

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Ortoño

66

26

21

3

2

71

23

Bertamiráns B

64

26

20

4

2

80

20

Vila de Ordes

60

26

18

6

2

84

25

Trazo

49

26

14

7

5

57

34

Chaián

46

26

13

7

6

57

26

Tordoia

42

26

13

3

10

55

33

Resmón

30

26

8

6

12

41

46

Luaña

30

26

8

6

12

46

64

Rial

28

26

8

4

14

38

54

10º

Paraguayo Stgo.

28

26

8

4

14

42

73

11º

AMES

25

26

8

1

17

39

73

12º

Costoia

23

26

6

5

15

41

64

13º

Deixebre

23

26

6

5

15

33

65

14º

Sionlla

1

26

0

1

25

14

97


Fotos do Ames