Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 28 de julio de 2008

Os modestos inician este venres a pretemporada

Tralas vacacións de verán, futbolística e bloggerísticamente falando, retomamos actividade cun pouco máis de regularidade a piques de comezar agosto. Entre as novas máis destacables, convén sinalar a menor tasa de alcohol consumida na última churrascada, co cal hai que ser optimistas de cara á vindeira temporada... bromas a parte, este venres 1 de agosto o Ames comeza a pretemporada para o equipo de modestos. A día de hoxe, que eu saiba (xa sabedes que son despistado) e segundo o comentado na xuntanza máis recente, en altas e baixas estamos así:

ALTAS: Marquitos, Pose, Moncho e Adrián (sube de xuvenís)

BAIXAS: David, Barreiro e Benito.

Pois así debemos estar para este venres. En canto ás enquisas, 16 dos 28 votos sobre a Eurocopa vaticinaron que España iría á final, e 5 a semifinais e outros tantos a cuartos de final. A da nosa temporada, tan só houbo 8 votos (nótase que había vacacións), 6 calificárona de aceptable, 1 como moi boa e outro como mala. Aí vai a seguinte, sobre a vindeira temporada que empezará dentro dun mes e pico. A votar de novo!!

miércoles, 2 de julio de 2008

Miki, escollido coma o mellor pasador do ano no Ames

Con 6 votos dos 21 emitidos (o 28%), Miki foi escollido coma o xogador do Ames que menos pases falla nos partidos. Despois del, un tal "outros" levou 5 votos, mentres que detrás veñen unha morea de xogadores con 2 votos (o 9% dos votos): Nito, Fran, Diego e Llelo. Cun voto quedaron Casal e Coleguín, mentres que Chete quedouse co casilleiro a cero. Ando maquinando noutra enquisa para manter o voso tempode verán ocupado jeje!! Tedes que desculpar o caos e a deixadez do blog este último mes, pero estievmos baixo mínimos na radio e agora xa estamos máis aliviados. Bueno, que teñades un bo verán, émonos na festa fin de tempada. E MOITA ESPAÑA CAMPEONA!!! JAJAJAJA. Saúdos

Fotos do Ames