Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 31 de agosto de 2009

O Ames acusa o calor e cae derrotado en Rois no terceiro amigable da pretemporada (4-1)

Un verán máis o Ames trasladouse a Rois para enfrontarse no tradicional amigable ao conxunto local. Desta volta os locais estiveron máis acertados no remate e leváronse a victoria con comodidade, ante un Ames que aínda se está conxuntando e que acusou as elevadas temperaturas da tarde do domingo. O equipo encaixou pronto o primero gol, tras medir mal Fran por culpa do sol un balón en longo que apoveitou o dianteiro local para bater a Carba. Pouco a pouco o Ames comezou a combinar en defensa e do medio cara ás bandas, chegando ocasións con Juansiño e Neo, que puido empatar nunha bolea que se foi alta. Pero en xeral as transicións do Ames eran moi lentas, sen claridade de ideas e co equipo bastante estático. A cousa mellorou na recta final da primeira metade e no inicio da segunda. O Ames tiña o balón no seu poder e non deixaba achegarse ao Rois, que creara moitos problemas na primeira parte. Tocando atrás chegaron algunhas ocasións con centros desde a banda de Diego, Paco ou Juansiño que por pouco non eran rematados por Nito e Neo. Mentres tanto, o Rois anotou o segundo gol nunha contra, pero pronto o Ames marcou por mediación de Paco, que desde a banda colgou un balón á área que se tragou o porteiro, ben molestado no salto por Neo. Pero o equipo perdeu fuelle e non tivo paciencia co balón nos pés e pronto se diluíu o dominio, deixando paso a novas contras do Rois, que anotou dous novos goles sentenciado o partido.

sábado, 29 de agosto de 2009

O Ames comeza a liga na casa contra o Resmón e con dous derbis a domicilio

Xa está colgado na web da Federación o calendario de Competición do grupo 9º da Terceira Autonómica. Así serán os enfrontamentos do Ames este ano:

(04-10-09) Ames-Resmón
(11-10-09) Costoia-Ames
(18-10-09) Ortoño-Ames
(25-10-09) Ames-Paraguayo Santiago
(01-11-09) Sionlla-Ames
(08-11-09) Ames-Chaián
(15-11-09) Trazo-Ames
(22-11-09) Ames-Bertamiráns B
(29-11-09) Rial-Ames
(06-12-09) Ames-Vila de Ordes
(08-12-09) Luaña-Ames
(13-12-09) Ames-Tordoia
(20-12-09) Deixebre-Ames

(03-01-10) Resmón-Ames
(10-01-10) Ames-Costoia
(17-01-10) Ames-Ortoño
(24-01-10) Paraguayo Santiago-Ames
(31-01-10) Ames-Sionlla
(07-02-10) Chaián-Ames
(14-02-10) Ames-Trazo
(21-02-10) Bertamiráns B-Ames
(28-02-10) Ames-Rial
(07-03-10) Vila de Ordes-Ames
(14-03-10) Ames-Luaña
(21-03-10) Tordoia-Ames
(28-03-10) Ames-Deixebre

Un ano máis non acabamos de comprender o por qué de xogar os días festivos do 6 e 8 de decembro e rematar a liga a finais de marzo, tendo que agardar dous meses para desputar a Copa do Sar. En fin, é o que hai, a adestrar duro!!! Por certo, o Ames desputa este domingo un amigable en Rois ás 6 e media da tarde.

jueves, 27 de agosto de 2009

ADRIÁN DOMÍNGUEZ “ADRI

O segundo xogador en someterse ao cuestionario do noso blog foi o noso novo compañeiro Adrián, que chega procedente do Villestro avalado polo noso espía Casal. Aquí o tedes:

Benvido ao clube Adri, ¿cómo afrontas a túa primeira temporada no Ames? Ao ser o meu primeiro ano neste equipo e despois dun ano sen xogar ao fútbol, pois con moitas ganas de comezar a Liga e comezar a pillar o ritmo. Sobre todo con moitas ganas.

Queremos coñecerche un pouquiño mellor, ¿cómo defines o teu xogo e cales son as túas virtudes ou defectos no terreo de xogo? Considérome un xogador que cumple no campo. Como virtudes creo que non son un tío lento, técnicamente non son coxo tampouco e teño (creo) un bo desplazamento de balón e un bo tiro. Ademais podo xogar en varias posicións. Como defectos pois penso que teño que mellorar nos balóns por alto, ás veces na posición e aínda que estou mellorando, a forma física cústame collela ao principio. Vamos, que non me considero nin bo nin malo.

¿Qué esperas mellorar este ano con respecto a outros tanto a nivel individual como a nivel colectivo? A nivel colectivo aínda non podo dicir nada e a nivel individual pois intentarei incorporarme máis ao ataque do que viña facendo en anos anteriores e participar máis no xogo colectivo do equipo.

Supoño que o teu mellor momento ata o de agora no Ames será o día do teu debut… Pois si, dada a miña traxectoria dun mes no equipo, voume quedar co día do debut na segunda parte do partido contra o Bertamiráns, onde acabei bastante contento por como xoguei a pesar dos nervios do primeiro partido con xente nova.

¿Covas ou Castiñeiro do Lobo? Aínda non xoguei en Castiñeiro do Lobo e en Covas só entrenei e xoguei un partido así que tampouco podo elexir, supoño que cando o de Castiñeiro esté en condicións será mellor por ser herba natural.

No tempo que levas no equipo ¿cómo ves aos xogadores do Ames? Pois teño que dicir que hai xogadores que me sorprenderon do pouco que vin ata o de agora. Creo que hai un bo equipo.

E cóntanos, ¿cál foi o mellor xogador co que xogaches e onde? Non sabería dicirche... supoño que algúns dos de Villestro pero non sabería escoller a un só.

¿E o mellor adestrador que tiveches? Polo de agora quédome con Gabri de Villestro, que foi o que me ensinou o básico do fútbol, xa que eu sempre xoguei a Fútbol Sala.

¿Cál foi a categoría máis alta na que xogaches e en que equipo? De Terceira non pasei e en Segunda quedeime nos adestramentos (risas).

Agora que xa sabemos que a liga comezará o 4 de outubro, ¿tes de entrada un rival que che motive especialmente? Xa o direi cando comece a segunda volta despois do visto na primeira. Pero vamos, a mín motívanme todos os equipos.

Do pouco tempo que levas con nós ¿qué é o que máis che gusta do Ames? Gústame moito o bo ambiente que hai e que teñamos a Víctor de masaxista, que iso sí que non o poden dicir moitos equipos.

¿E houbo xa algunha cousa que non che gustase? Ata o de agora non hai ningunha queixa senón todo o contrario.

E xa para rematar Adri, ¿qué che parece este blog? Gústame sobre todo porque se actualiza cada pouco tempo e non se abandona como a maioría de páxinas que hai por aí. Agora só falta que nos graven en video. Así ata o subimos ao YouTube e despois aparecemos en Fiebre Maldini polo menos (risas).

lunes, 24 de agosto de 2009

Abultada derrota do Ames na casa ante o Amio (1-5)

O Ames tivo unha mala tarde onte no seu segundo amigable da pretemporada, na casa ante o Amio. O conxunto local afrontou o encontro con varias ausencias, que para nada xustifican o resultado, con erros que se veñen repetindo ano tras ano, e que a estas alturas da temporada son subsanables. O equipo na primeira metade pecou de distancia entre liñas, e só creou perigo en varias combinacións do medio e a dianteira, con Nito e Neo moi activos durante un bo anaco. Pero o Amio aproveitou un balón en longo desde a defensa para adiantarse no marcador, no forcexeo co dianteiro, Diego perdeu a posición e o ariete bateu a Carba con tiro raso cruzado. Os locais apretaron un pouco máis na recta final do primeiro tempo, pero non estiveron acertados. Na reanudación, os erros foron a máis, e a indolencia defensiva traduciuse en máis goles para os visitantes, cun dianteiro especialmente acertado no remate. Con tres goles en contra, o Ames reduciu distancias por mediación de Nito, que tras descolocar ao porteiro cun regate no que apenas rozou o balón, marcou a placer. Foron os mellores momentos do Ames, con máis chegadas por banda e algún pase interior perigoso. Juansiño estivo máis activo pola esquerda e provocou algún córner. Nun deles, Iván cabeceou ao longueiro e o rexeite foi metido na área por Diego para que Paco rematase alto. O Amio matou o partido con balóns largos e despistes defensivos dos locais. O vindeiro amigable, este domingo co Rois.

martes, 18 de agosto de 2009

FRANCISCO CASTRO CASTRO “FRAN"

O noso compañeiro Fran foi o primeiro en estrear a nova sección deste blog, un cuestionario para coñecernos todos un pouquiño mellor nesta nova temporada que arranca. Pouco a pouco a ver se todos vos ides sometendo a él, e pasamos un anaco divertido repasando a historia recente do Ames e algunha que outra anécdota.


Fran, ¿cómo afrontas o novo ano? Pois como sempre cando empezas unha nova temporada afronta-la con moita ilusión, tanto por ver á xente nova e os cambios que poden chegar ao equipo, como pola repercusión que terá a nivel de xogo ou de cambio de posicións. Aparte de poder poñerte a nivel personal unha nova meta cada ano que empezas e saber se a conseguirás, para aportar o máximo que poidas ao equipo... pero sen dúbida o que mais ilusión me fai é ver aos compañeiros e compartir ratos con eles, cun balón de por medio.

Cóntanos un pouco como defines o teu xogo, sobre todo para que a xente nova te poida coñecer mellor. Dinos tamén algunha virtude e algún defecto da túa forma de xogar. Gústame moito o xogo de combinación, con moito toque no medio do campo e poder saír sempre co balón xogado (aínda que nestas categorías é difícil). A min gustaríame definirme coma un pasador, sempre tiven bo ollo para os pases ao oco, e un bo toque para os centros desde a banda. Aínda que agora mesmo xogando de central tal vez a mellor virtude sería a colocación e chegar ben aos cortes en balóns divididos, porque creo que interpreto ben as xogadas. Sen dúbida teño moitos defectos, creo que a falta de velocidade para recuparar a posición nas saídas, xa que me quedo á hora de tirar o fóra de xogo algo retrasado, e aínda me costa tirar a línea algunhas veces (risas). Outro defecto sería que me costa meterme nos partidos, sempre tardo algo máis que a maioría dos compañeiros, pero eso pasoume sempre e seguirá así ata que deixe de xogar (risas), e seguro que se lle preguntas aos compañeiros algún defecto máis che dirán (e máis risas).

Segundo o teu punto de vista, ¿qué cres que lle falta ao equipo? Para empezar creo que ao equipo lle fai falta un cambio radical en canto á forma de xogar sobre todo. E despois gustaríame que houbese un entrenador sen que fose entrenador-xogador. Non me malinterpretes, Miguel fai un esforzo enorme para que todo funcione e logremos ser mellor equipo, e eso valoroo moitísimo, pero non se pode estar en todo, e agora mesmo Miguel esta un 50% de xogador e outro 50% de entrenador, non consigue adicarse de pleno a ningunha das dúas cousas, por moito que o intenta. Volvendo á forma de xogar, creo que neste equipo falta o máis primordial, que é o espíritu de superación e a competitividade nalgúns momentos ao longo dos anos e das temporadas. Resumindo, saber competir mellor!! E no plano táctico, creo que falta un tío referencia no medio que marque a pauta de xogo do equipo, e un dianteiro que marque goles con mais facilidade, xa que nós somos dos equipos que máis ocasions xeneran, pero non convertemos nin a metade delas.

En virtude a isto, ¿qué esperas mellorar este ano con respecto a outros tanto a nivel individual como a nivel colectivo? Se melloro a nivel individual significará que subiu o nivel colectivo, estou seguro!. Só penso en poder aportar o mellor e o máximo que poida ao equipo. Este ano teño moi boas sensacións, hai que mellorar moito aínda, pero as pretemporadas están para eso. O ano pasado fixemos un moi bo arranque de liga, pero non soubemos aguantar o tirón da temporada, este ano hai que facer fincapé neso e ter maior continuidade. A nivel individual espero mellorar o rendemento persoal reducindo ao mínimo os fallos e cun propósito: ¡este ano non me van expulsar ningunha vez! (risas).

Es un dos xogadores que máis anos leva no equipo, ¿con que momento te quedas da túa traxectoria no Ames? Estar no Ames é o mellor, porque me deu moi bos momentos e permitiume coñecer a moita xente. Pero sen dúbida, se me teño que quedar cun momento, ti xa saberás cal é (risas), é a tanda de penaltis contra o Queiruga na Copa do Sar de fai cinco anos, ese último penalti que nos deu o pase a cuartos de final. Sempre me acordarei diso. Pola celebración, pola xente que veu ese día a ver o partido, e un montón de cousas máis. Ese foi o mellor momento no que a xogo se refire que tiven no Ames.

¿Un momento para esquecer? Pois por exemplo as derrotas contra o Conxo nos cuartos da Copa de Sar, aquel mesmo ano. Para nós xa era unha fazaña estar en cuartos, fomos con moita ilusión ao partido en Conxo, aparte de levar moitas baixas. Creo recordar que só fomos trece pero de todos modos levamos un correctivo moi duro, e baixamos da nube pronto. E despois o partido de volta en Mar de Ovellas, onde só queríamos dar unha boa imaxe xa que a remontada antollábase moi moi difícil, pero como din por aí, que nos quiten o bailado ese ano!!!! E máis recentemente… pois a derrota contra o Costoia e a Sionlla o ano pasado, creo que nos fixeron tocar fondo pero o bo era que peor non podíamos ir. Eso fixo reaccionar ao equipo, e demos a cara o resto da temporada. E como olvidarme dos malos momentos que pasei debido ás arbitraxes tan malas que tivemos, eses elementos sí que son para esquecer. Non direi nomes pero todos vos acordades do partido de Ortoño fai uns anos, contra o Brión no campo de Bastabales, ou o de Resmón a temporada pasada, e bastantes máis que me deixo no olvido… pero en fin, o feito, feito está.

Falabas antes do campo de Mar de Ovellas, ¿ti con cál te quedas, con Covas ou con Castiñeiro de Lobo? Para min o campo de Covas, é decir o Castro, ten un valor moi emocional, xa que vin o mellor U.D. Covas xogar alí, nun equipo onde xogaban os meus irmáns e o meu cuñado. Neste campo é onde empecei a xogar ao futbol, teño moi bos recordos del, como xa dixen para min ten un gran valor emocional. En Castiñeiro de Lobo respírase outro ambiente, é a casa do C.S.D. Ames. Alí experimento algo parecido a cando empecei xogando no Castro. Agora volvemos alí despois de 4 anos, e espero que iso nos axude a xogar mellor e a motivar á xente. Como podes ver, non sabería escoller un. Cada un ten o seu punto a favor.

Despois de tantos anos, ¿cal é o mellor xogador co que xogaches no Ames? Bufff!!!! Esta é difícil... podería dicirche moitos nomes, xa que para min xogaron e xogan moi bos xogadores no Ames. Pero se hai un xogador que está no Ames desde o principio coma min, desde o ano 2000, e sempre deu a cara e xogou cada partido coma unha final é Diego Villaverde. Ten un gran compromiso co equipo e xogando ao lado del todo é máis fácil,sobre todo dinme conta cando empecei a xogar de central ao seu lado.

¿E o mellor xogador co que xogaches noutros sitios? Para min sería Moncho Pose. Teño unha gran amistade con él, case como irmáns. Gustoume moito compartir equipo con él, xa que teño unha espiña clavada que é non poder xogar ao fútbol xunto cos meus irmáns, pola diferencia de idade. Para min Pose é como un irmán, por iso me gustou xogar xunto a él no U.D. Covas e fai pouco no Ames, aínda que durou pouco. Non sei se será o mellor xogador co que compartín equipo, pero para min foi importante, e creo que ten moitas virtudes que o fan un bo futbolista.

¿Cal foi o mellor adestrador que tiveches? Non tiven moitos entrenadores distintos, pero para decir un, creo que foi Márquez, cando estiven no Covas.

Cóntanos cal foi a categoría máis alta na que xogaches e en qué equipo… Foi en Segunda Rexional, e xoguei unha temporada co Covas. Foi un bo ano que me serviu para medrar como futbolista, eu era xuvenil de último ano e non desputei demasiados minutos, pero sí os suficientes para aprender varias cousas que me serviron de moito no futuro. Había bo ambiente e tiña bos compañeiros modestos que sempre che aconsellaban ben.

¿O rival que máis che motiva? Sen dúbida calquera dos rivais que temos no Concello. Os derbis sempre motivan moito, nos últimos anos tivemos uns partidos moi duros co Ortoño, e sempre moi igualados e intensos. Aínda que ahora temos un novo rival que é o Bertamirans. Hai moitas cousas que me motivan ao xogar contra eles, tal vez porque a nós os do Ames nos tachan de equipo pequeno e pobre. Pero xa demostramos que non é así aínda que algúns aínda non o vexan. Sen dúbida a miña motivacion é contra estos rivais máis alta polo simple feito de demostrarlles que o Ames desde a humildade pode dar a talla ante calquera, sen ostentar grandes presupostos e nomes de xogadores importantes a nivel do Concello.

¿Qué é o que máis che gusta do Ames? Sen dubida-lo nin un segundo a xente, é xenial. Teño a sorte de compartir equipo con tíos estupendos e moi vacilóns, a parte de ser grandes amigos e compañeiros, xente coma Cool, Casal, Miguel, Víctor, etcétera... Xente que fai os adestramentos máis amenos e mellora a convivencia entre os compañeiros. Ó final de todo é o que che queda despois do fútbol, a amistade coa xente coa que convives no equipo.

¿E o que menos? Pois a falta de apoio que recibimos tanto de patrocinadores como de segundas persoas involucradas no fútbol no noso Concello. E no noso clube, o exceso que hai de dependencia dos propios xogadores para manter o club en condicións. Creo que os xogadores xa desempeñan unha parte moi importante sen ter que exercer de utilleros ou marcar o campo e coidar e limpar as instalacións. Está moi ben arrimar o hombro, pero creo que aquí o levan un pouquiño máis alá. Aínda que por outra parte eso di moito do tipo de xente que hai neste equipo e o nivel de compañeirismo e compromiso que hai.

E xa para rematar Fran, ¿qué che parece o blog? Pois a verdade é que está moi ben e é digno de eloxio o esforzo que fas para mante-lo actualizado e dar a coñecer un pouquiño máis do noso clube a toda a xente que entra nel. A miña parte favorita no blog son os resumos dos partidos, sempre moi ben comentados, nin que foses periodista macho (risas). A verdade é que se agradece o teu esforzo por ter o blog actualizado de maneira que todos lle votemos un vistazo cada día, para saber as últimas noticias que hai no Ames. Para acabar quero agraderche que me escolleras para empezar esta nova sección do blog con estas entrevistas aos xogadores do equipo. Un placer tío, gracias!!

A liga comeza o 4 de outubro e Kaká é escollido coma a mellor fichaxe en Primeira na última enquisa

Con novas fresquiñas damos conta hoxe do que deu de si o sorteo da primeira xornada de liga, que finalmente dará comezo o 4 de outubro con 14 equipos no noso grupo. O noso primeiro encontro será na casa fronte ao Resmón. En canto teñamos a primeira xornada ao completo xa a colgamos. Por outra banda, rematou o prazo para votar na enquisa sobre a mellor fichaxe no verán en Primeira División. Kaká e o Real Madrid foron os máis votados, con 4 sufraxios, mentres que o resto só recibiron 1 (Nilmar do Villarreal, Ibrahimovic polo Barça e Tristán polo Cádiz). O resto das opcións quedaron a cero. En breve teredes unha nova enquisa e unha nova sección de entrevista aos xogadores do Ames. Ata a noite!!

lunes, 10 de agosto de 2009

O Bertamiráns B derrota ao Ames pola mínima no primeiro amigable da pretemporada (1-0)

O filial do Bertamiráns impúxose no trofeo "mini" Café don Budi da Peregrina (no grande gañou o Bertamiráns 1-0 ao Negreira), tras superar ao Ames pola mínima. Máis que un partido típico de pretemporada, foi un partido típico entre estes dous conxuntos. Unha vez máis, e xa van unhas cantas o partido tivo dúas caras. Na primeira parte, o Bertamiráns B sacudiuse pronto do bo inicio amiense e do seu bo facer en labores defensivas e de presión na dianteira e no medio, pero pronto controlou o esférico e aproveitou os ocos entre a zaga e a medular para entrar con perig polas bandas. O gol chegou tras un centro desde a dereita perfectamente cabeceado ás mallas por Brasi, iso si, recuando de posición de fóra de xogo. O Ames creou perigo a balón parado cunha falta potente de Diego e outra rasa de Miki que rexeitou o porteiro local. Tamén Neo se amosou moi activo arriba no seu debut, cun par de boas combinacións con Juansiño que non se acabaron de concretar. Na reanudación viuse a outra cara do Ames, con menos distancia entre liñas e máis chegada e pegada na área rival. O Bertamiráns B non rematou entre os tres paos con perigo, e chegaba só nalgún balón longo que apenas apuraba á zaga visitante. Tocaba atrás ante un Ames mellor plantado, que aproveitaba a boa presión arriba de Juansiño e Nito para facer dano saíndo á contra. Nos mellores minutos amienses sucedéronse varias ocasión de perigo que puideron dar o empate. A mellor ocasión foi unha vaselina de Pi que saíu rozando o longueiro tras unha falta de entendemento entre a zaga e o porteiro local. Juansiño e Nito tamén rozaron o gol tras varios pases en longo desde o medio e a defensa, pero o porteiro local saíu a tempo. Na recta final Paco tivo a última oportunidade tocando coa punteira un centro de Pi desde a esquerda, que finalmente atallou o gardamallas do Bertamiráns B. Ao final, os locais leváronse o trofeo pola mínima. Convén destacar o bo debut non só de Neo, senón tamén de Adrián, Carballido e Burguer, así como dos xuvenís que estiveron á altura como xa demostraron a temporada pasada. Logo, todos xuntos celebrámo-la festa coas empanadas e refrescos cos que nos agasallou Don Budi ao remate. Ata a noite...

viernes, 7 de agosto de 2009

Primeiro amigable de pretemporada o sábado en Bertamiráns

O Ames iniciou este martes os adestramentos de pretemporada e xa disputarána primeira fin de semana o primeiro dos amigables deste verán. Será o sábado 8 ás 19:00 horas no Municipal de Bertamiráns (a carón do polideportivo e a piscina) contra o filial do Bertamiráns, no Trofeo da Peregrina que organiza o Café Don Budi. Será un rival de moita motivación para probar cousiñas, para que debuten as caras novas e para recuperar sensacións os que xa levamos un tempiño no club e desfrutamos das vacacións futbolísticas ata fai pouco. Vémonos alí!!!

jueves, 6 de agosto de 2009

Diego, Nito e Llello ocupan o podio da Liga Fantástica 2008-2009

Aquí está a táboa final de puntuación da Primeira Liga Fantástica do Club Sociedade Deportiva Ames, referente á actuación dos nosos xogadores na temporada 2008-2009. Noraboa aos premiados, esta primeira experiencia chega á súa fin, pero visto o éxito acadado continuará na temporada que arranca. A clasificación final amosa dunha maneira bastante fiel a importante aportación de cada un de nós ao longo do curso deportivo. Por certo, no último encontro, contra o Trazo, os mellores foron: o capitán por un día Pi (3 puntos), Juansiño (2 puntos) e Nito (1 punto).

P30

Trazo

Puntos

Totais

Diego

6

127

Nito

6

111

Llello

1

111

Juansiño

0

85

Miki

1

83

Roi

1

64

Iván

1

52

Adrián

2

48

Chete

-

47

Fuentes

0

34

Coleguín

-

34

Pi

4

33

Fran

-

31

Moncho

1

30

Juan

1

29

Cool

-

27

Pose

-

25

Casal

-

23

Che

2

20

Manuel

1

11

Paco

2

11

Marquitos

-

10

Daniel

-

10

Félix V.

-

2

Gonzalo

-

2

Posiño

-

1

Piñeiro

1

1


Contra o Brión, os mellores do partido (por decir algo) foron: Iván (3 puntos), Manuel (2 puntos) e Diego (1 punto), e a táboa quedaba así antes da última xornada:

P29

Trazo

Puntos

Totais

Diego

7

121

Llello

1

110

Nito

2

105

Juansiño

2

85

Miki

-

82

Roi

2

63

Iván

3

51

Chete

-

47

Adrián

1

46

Fuentes

0

34

Coleguín

-

34

Fran

-4

31

Pi

-1

29

Moncho

0

29

Juan

1

28

Cool

-

27

Pose

-

25

Casal

-

23

Che

2

18

Marquitos

-

10

Daniel

-

10

Manuel

2

10

Paco

2

9

Gonzalo

-

2

Félix V.

-

2

Posiño

-

1

Félix A.

-

0


Fotos do Ames