Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 26 de mayo de 2009

Bertamiráns e Biduido collen ventaxa nos cuartos de final da Copa de Ames

Os encontros de ida dos cuartos de final da Copa de Ames depararon os seguintes resultados:

Ortoño 1-1 Costoia
Bertamiráns 1-o Ames

Biduido 1-0 Bugallido
Agrón (descansa)

As semifinais serán este domingo ás 6 da tarde. A adestrar toca!!

lunes, 25 de mayo de 2009

O Bertamiráns toma ventaxa nos cuartos de final da Copa de Ames (1-0)

O Bertamiráns derrotou ao Ames no encontro de ida dos cuartos de final do 27º Trofeo de Fútbol "Concello de Ames" que arrancou onte. Os locais adiantáronse pronto, nunha falta directa lanzada moi ben preto da frontal da área. O esférico rozou en Miki e Fuentes a piques estivo de despexar. Antes, Diego rematou desviado unha falta lateral. O gol en contra puxo nervioso ao Ames, que caeu en imprecisións constantes, con moita distancia entre liñas e algunha que outra discusión froito da impotencia ao non saír as cousas. O Bertamiráns puido anotar o segundo en varias xogadas pola banda que finalizaron con centros atrás, e nunha delas Fuentes salvou a eliminatoria cun paradón a man cambiada tras un remate a bocajarro. En toda a primeira metade o Ames só chegou na recta final, cunha gran combinación entre Miki, Roi e Paco, que finalizou este cun tiro que acabou nas mans do porteiro. Tamén Miki o intentou nunha falta directa potente que se foi por pouco. Neses minutos o Ames sitouse mellor e comezou a roubar e saír á contra. Na reanudación, os visitantes atopáronse máis a gusto no campo, aínda que o dominio seguía sendo do Bertamiráns. Iso si, o Ames pisaba área con moita máis frecuencia e atrás sufría moito menos con Diego e Fran seguros no cruce. Juansiño e Nito comezaron a ter máis balóns e o equipo chegaba pero sen concreta ocasións. O Bertamiráns puido ampliar a vantaxe cun penalti inexistente de Diego ao dianteiro local. Diego saltou para cubrir o posible centro e o dianteiro deixouse caer, como recoñeceu o liña, a cinco metros da xogada. Pero o árbitro pitou penalti sen consultar co linier, e Fuentes detivo coas pernas o lanzamento desde os once metros. O Ames colleu folgos tras cinco ou dez minutos contemporizando, e lanzouse a polo empate. Juansiño e Miki meteron un par de pases á espalda da defensa local que Nito non pescou por pouco. Unha falta lateral de Miki foi rozada por Nito no primeiro pao, e por Diego co peito no segundo, pero o balón perdeuse chorando preto do pao. Diego tivo novamente o empate na última xogada do encontro. Miki sacou rápido unha falta que Diego non rematou por milímetros, só ante o porteiro e pese a tirarse en prancha co pé esquerdo por diante. Acto seguido, o colexiado sinalou o final do encontro. A volta, o domingo ás 6 da tarde.

martes, 19 de mayo de 2009

O Bertamiráns FC cumpre 75 anos de historia a piques de enfrontarse ao Ames

O Pazo da Peregrina foi escenario onte da presentación oficial dos actos de conmemoración do 75 aniversario do Bertamiráns FC, todo un logro ao que nos sumamos felicitando ao noso próximo rival na Copa de Ames. NORABOA!! A celebración terá lugar o sábado 30 de maio, con varios actos que aquí vos desgrano por se vos interesa ir a algún:

10:00 horas - Misa na Honra da Virxe da Peregrina
10:30 horas - Inauguración da exposición "75 anos de algo máis que un club, o Bertamiráns FC, un sentimento", que xa podedes visitar desde onte no Pazo da Peregrina
12:00 horas - Partido conmemorativo entre os veteranos do Bertamiráns FC e a SD Compostela, no Campo de fútbol Municipal (o de herba artificial onda o Polideportivo).
14:30 horas - Descubrimento da placa honorífica do 75 aniversario no Campo das Pateiras.
15:00 horas - Comida conmemorativa no Campo das Pateiras.
17:00 horas - Actividades varias: música-baile e inchables para os cativos nas Pateiras.
20:00 horas - Clausura do 75 aniversario.

Pois nada, agardamos que o desfruten a tope e que veñan ben cansadiños e resacosos ao encontro de volta da Copa de Ames jejejeje. Tamén que saibades que o CSD Ames, e o resto dos clubs de fútbol do Concello, temos dúas invitacións para asistir á comida confraternizadora. A adestrar duro que temos unha eliminatoria importante esta fin de semana!!!

viernes, 15 de mayo de 2009

O Resmón e o Calo B amañaron co colexiado non xogar o penúltimo encontro da liga

Os acordos do Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol, que se reúne tódolos martes en San Lázaro, trouxeron sorpresa esta semana. Os clubes Resmón e Calo "B" do noso grupo, foron sancionados con 156 € cada un, e cun ano de suspensión os seus delegados, tralo amaño do encontro que debían desputar o pasado 26 de abril. O encontro "finalizou" co resultado de 0 a 0, pero en realidade non se chegou a desputar, non se sabe moi ben por qué. O caso é que os dous delegados e o árbitro do encontro, tamén sancionado cun ano de inhabilitación, acordaron cubrir a acta e dar por celebrado o partido co resultado inicial. Un resultado que perxudicou ao Ames, xa que esa semana o Resmón superounos por un punto na táboa. Algunha razón terían, pero en ningún caso é xustificada esta actitude antideportiva, dunha gravidade importante. ¿E se o Calo B ou o Resmón estivesen pelexando por ascender? Lamentable. E máis se lembrades o noso encontro co Calo B no seu campo, o 5 de abril (apenas vinte días antes), no que o colexiado Evaristo pasou máis de media hora tomando café cos directivos locais, arranxando os "detalles" do partido (acordádevos do penalti de Fuentes, da vermella directa por imaxinar insultos e demais). E daquel maravilloso arbitraxe alá contra o Resmón, onde o home de negro lle pitou dous penaltis aos locais e lle anulou un gol legal ao Ames. Son cousas que dan para pensar. A min daríame vergoña xogar nestes dous equipos. Deberíanlle terlle quitado uns cantos puntos por enganar a todo o mundo.

martes, 12 de mayo de 2009

O Ames enfrontaráse ao Bertamiráns nos cuartos de final da Copa de Ames

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte o sorteo dos cuartos de final da vixésimo oitava edición da Copa de Ames de fútbol afeccionado. Os emparellamentos foron os seguintes, por esta orde no cuadro:

Ortoño-Costoia
Bertamiráns-Ames
Bugallido-Biduido
(Agrón a semifinais)

Os encontros serán a dobre partido, os días 24 e 31 de maio. O gañador da eliminatoria entre o Ortoño e o Costoia, enfrontaráse no Municipal de Bertamiráns a partido único, ao gañador do encontro entre o Bertamiráns e o Ames. O Agrón xogará o mesmo día (7 de xuño salvo cambios), despois da primeira semifinal, contra o vencedor do emparellamento Bugallido-Biduido. A final en principio será o 14 de xuño tamén a partido único, salvo que Bertamiráns e Agrón cheguen lonxe na Copa do Sar. Pois ala, a adestrar que estes partidos son os que máis motivan. En breve teredes os puntos das dúas últimas xornadas e o ránking final de mellores da temporada en función desas puntuacións. Tamén a enquisa sobre o mellor xogador do exercicio 08/09 a criterio dos xogadores e seguidores. Saúdos

lunes, 11 de mayo de 2009

O Ames é apeado da Copa do Sar ante o Dodro (4-2)

O Ames visitou Dodro a pasada fin de semana co obxectivo de acceder á seguinte ronda da Copa do Sar, ante un conxunto que está a piques de descender de categoría. A cousa foi ben ata a recta final do partido, onde os locais impuxeron o seu poderío físico. Porque fútbol pouco ofreceron. Sí o Ames, sobre todo na primeira media hora, onde tivo o encontro totalmente controlado. O conxunto visitante estivo ordenado, práctico co balón, sen complicacións atrás, e con saídas e combinacións perigosas arriba. O Dodro apenas pisou a área do Ames nos primeiros minutos de encontro. Os visitantes adiantáronse mediada a primeira parte, nun pase por riba da defensa que deixou só a Llello ante o porteiro. O ariete amiense picou o esférico por riba na saída do gardamallas e adiantou ao Ames. Na recta final do primeiro tempo, o Dodro saíu un pouco cara adiante, axudado por un árbitro excesivamente caseiro, con faltitas sempre a favor dos locais, e varias amarelas rigurosas cos xogadores do Ames, mentres eles non vían ningunha, aínda que protestaban a gusto. O empate local chegou nunha falta lateral que cabecearon a gol a medias entre Diego e o rematador local. O Ames puido anotar o segundo nun par de chegadas de Llello e Nito, e en dous córners a través de Diego. O primeiro rematouno desviado e o segundo non alcanzou a rematar a porta vacía tras tirarse en prancha no segundo pao. Na reanudación, o Ames saíu coa intención de marcar o segundo, e o Dodro continuou con dificultades para xogar ao fútbol. Meteu un home alto e comezaron a lanzar balóns en longo. O Ames comezou a sufrir con tanto balonazo, xa que á defensa costáballe recuperar terreo. O segundo gol do Dodro chegou aos quince minutos da segunda parte, nun balón que un dos seus dianteiros recolleu na esquina da área, percorreu uns metros en diagonal e disparou raso á cepa do primeiro pao sen qu Juan puidese atallar. O Ames non se amilanou e puido empatar na súa oportunidade máis clara. Llello picou de novo dentro da área o esférico por riba do porteiro, pero desta volta o gardamallas puido rectificar e salvou a pelota xusto enriba da liña. O empate chegou pouco despois, nun córner que Paco rematou a gol no segundo pao tras un rexeite. Pero o árbitro sabía ben a que non debía perxudicar, e tras birlarlle ao Ames un penalti sobre Juansiño na primeira parte, non dubidou na segunda parte en pitarlle un ao Dodro. Diego intentou despexar dentro da área e o ariete local meteu a prancha, golpeando os dous xogadores o balón. En vez de interpretar plantilla e falta a favor do Ames, o colexiado sinalou unha rigurosa pena máxima que o Dodro anotou. O Ames intentou nos dez minutos que restaban buscar a igualada, sobre todo a balón parado, pero nunha contra o Dodro marcou o cuarto gol, co equipo volcado e deixando máis ocos. Ao final, o Dodro pasa a seguinte ronda, e o Ames, fastidiado de camiño aos vestiarios, aínda tivo que escoitar os insultos da grada local, que na recta final do encontro amosou moi malos modales.

jueves, 7 de mayo de 2009

Diego consegue o pichichi e Che triunfa na enquisa sobre a cea

Rematada a liga, é tempo de facer balance, e de achegar os resultados das últimas enquisas. Logo dos 30 encontros desputados, Diego acadou o pichichi con 12 goles, gracias aos penaltis provocados por Juansiño e as asistencias de Llello e Nito (jejejeje). A enquisa sobre quen lograría o pichichi deixou os seguintes resultados:

1º Diego e Nito con 11 (4 votos - 36%)
2º Empatan os tres a 11 (2 votos - 18%)
2º Diego con 13 (2 votos - 18%)
3º Llello e Nito con 12 (1 voto - 9%)
3º Llello e Diego con 12 (1 voto - 9%)
3º Llello con 13 (1 voto - 9%)

Sobre a enquisa estrela destas últimas semanas, a nova de índole relixioso-afectiva que deu o noso compañeiro Che (NORABOA!!) foi a gran triunfadora da enquisa sobre a cea:

1º A nova que deu Che 9 votos (64%)
2º As aventuras en Santa Comba 4 votos (28%)
3º Os chistes no Bobber 1 voto (7%)

Por último, e con moita emoción na semifinal do Barcelona na Champions League, xa podemos dicir que 5 persoas acertaron o pronóstico da gran final. Iso si, a opción máis votada confiaba no Arsenal como o rival culé:

1º Arsenal-Barcelona 7 votos (43%)
2º Barcelona-Manchester 5 votos (31%)
3º Manchester-Chelsea 4 votos (25%)

En breve teredes os puntos finais da Liga, a crónica do encontro da Copa do Sar e a enquisa sobre o mellor xogador do mes de abril e a global sobre o mellor da temporada. Saúde!!!

miércoles, 6 de mayo de 2009

O Ames remata a liga na décima praza

34ª Xornada 03/05/2009

Sionlla

1

0

Luaña

Vila de Ordes

7

0

Costoia

Calo B

2

3

Bertamiráns B

Tordoia B

0

1

Resmón

Descansa (T)

-

-

Deixebre

Brión

6

2

San Marcos B

Trazo

3

1

AMES

Diego

Ortoño

1

1

Dubra B

Rial

-

-

Descansa

CLASIFICACIÓN:

Posto

Equipo

Puntos

X

G

E

P

GF

GC

Dubra B

80

30

25

5

0

89

22

Brión

72

29

22

6

1

84

32

Deixebre

59

30

17

8

5

73

38

Bertamiráns B

57

30

16

9

5

65

39

Vila de Ordes

56

30

16

8

6

64

22

CaloB

54

30

17

3

10

64

43

Trazo

52

30

16

4

10

67

45

Ortoño

51

30

14

9

7

48

32

Luaña

38

30

11

5

14

49

56

10º

Resmón

35

30

10

5

15

38

50

11º

AMES

31

30

9

4

17

47

64

12º

Sionlla

29

30

8

5

17

54

59

13º

Rial

23

29

5

8

16

30

58

14º

Tordoia B

22

30

6

4

20

36

72

15º

Costoia

11

30

3

2

25

40

93

16º

San Marcos B

4

30

1

1

28

20

143


martes, 5 de mayo de 2009

O Ames cae en Trazo e remata a liga décimo (3-1)

O Ames visitou Trazo este venres na última xornada de liga co obxectivo de levarse os tres puntos e adiantar ao Resmón. Ao final non puido ser e o Ames, que estivo a piques de remontar o 2-0 adverso da primeira metada, quedou decimoprimeiro. O encontro comezou co Trazo dominando e mellor plantado, e o Ames sufrindo moito. A primeira metade foi bastante frouxa do Ames, desbordado nas bandas e no centro. O primeiro gol chegou aos quince minutos, nun desaxuste defensivo que foi aproveitado polo atacante local para anotar a pracer só ante Juan. O segundo gol chegou desde os once metros. Nunha xogada dentro da área, o esférico tocou na man de Iván e o árbitro sinalou penalti. Tralo dous a cero o Ames puido reducir distancias nun córner que Diego rematou forzado, o balón colleu altura e no rexeite Paco cabeceou a porta e Diego intentou desde o chan dirixir o balón cara á meta. O porteiro recolleu o esférico preo da liña. Tralo descanso, o Ames arriscou na segunda metade. Puxo un 3-3-3-1 con Diego no medio do campo e Manuel de libre. O equipo mellorou co novo esquema e chegaron as ocasións. Pronto reduciu distancias tras una falta lateral que Nito porlongou ao centro da área pequena, onde entrou Diego para rematar a porta vacía. Pouco despois, Miki faría un par de cambios pensando na Copa, e sacou a Nito e Diego e deulle entrada a Piñeiro, que debutou cos maiores, e a Juansiño. Este tería o empate nas súas botas, tras un penalti a favor do Ames. O seu lanzamiento a media altura algo esquinado cara á esquerda do porteiro, foi repelido polo gardamallas local. O equipo perdeu intensidade tras fallar o penalti e o Trazo anotou o terceiro á contra, tras un pase atrás dentro da área que culminou preto da escuadra un dos seus dianteiros. Ao final, derrota que deixa ao Ames undécimo.

Fotos do Ames