Doutra banda, incluimos a opción "seguidores", que ven a complementar o apartado "seguir esedeames.blogspot.com", para que poidades amosar o voso apoio ao blog e ademais poidades recibir avisos de cando actualizamos a páxina.
Tamén fixemos un par de cambios como a ubicación das fotos na parte inferior do blog (solución provisional, non me acaba de convencer, seguirei probando con elas), acompañadas da sección compartir, para que subades ao twitter ou ao facebook as vosas noticias favoritas.
Por último achegamos un par de blogs e páxinas de interese máis como SportYou.es e Gabyruiz.com. Recoméndovos as dúas, son dos meus dous xornalistas deportivos preferidos, Elías Israel (fora director de Marca) e Gaby Ruiz (curra no Plus). Aquí non hai nin Cavernas nin Villaratos, aquí fálase de fútbol e de sentido común. Tamén vos incluín a web Riazor.org, na que colaboro como redactor, esto é para os que son do Dépor.
Comentade que vos parece o novo deseño, e senón cos mola/non mola manifestádevos. Apertas!!
2 comentarios:
asi me gusta diego,que se note que estas facendo un master,joder!!!! jeje!!!! unha aperta tio!!
gracias!! por certo, este venres se non cae un diluvio vou entrenar, despois haberá que tomarlle unhas tortillas que o domingo é o meu cumple!!! ata pronto!!
Publicar un comentario