Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 15 de febrero de 2010

Victoria épica do Ames ante o Trazo (5-4)

O Ames devolveulle ao Trazo a "xogada" da primeira volta cando lle remontara un 1-2 no tempo engadido. Este domingo o equipo amiense deulle a volta a un 3-4 cando todo parecía indicar que novamente o Trazo ía levarse os tres puntos. O partido comezou co Ames ben colocado e o Trazo sen apenas chegar á portería defendida por Carba. O Ames adiantaríase no minuto 15 por mediación de Adrián, no seu primeiro gol como xogador amiense. Gamarra lanzou un saque de banda á área pequena, Miki non alcanza a peinar o esférico e Adrián chega con forza para enganchar unha volea que adianta ao conxunto local. Co gol a favor, o Ames seguiría igual e o Trazo tería un par de ocasións a través dos seus extremos. A dez minutos do descanso o Trazo conseguiría o empate, en claro fóra de xogo. Carba despexou un centro dende a banda esquerda e o rebote caeulle a un xogador do Trazo, que lanza a portería. O balón rebota novamente nun xogador do Trazo, que estaba adiantado e remata a gol. O tanto non debeu subir ao marcador xa que o porteiro amiense estaba por diante da pelota, e entre o esférico e a liña de gol só estaba Fran como único xogador do Ames. O Ames puido adiantarse antes do descanso por mediación de Juansiño, pero o seu disparo saíu desviado. Na segunda parte o encontro seguiu de forma semellante, co Ames ben posicionado e co Trazo que non daba combinado. No minuto 55 o Ames conseguiría o segundo gol. Peli provoca un penalti que Fran anota con suspense, tras dar no longueiro. Adrián case anota o terceiro despois de peinar un saque de banda que o porteiro visitante despexa in extremis. O partido transcorreu así ata o minuto 75, sen que o Trazo crease apenas oportunidades. Pero nese minuto chegaría o empate. Tras un rebumbio na área local, un xogador do Trazo remata e o balón da na man de Fran. Penalti e 2-2 no marcador. O Ames acusou o empate e pronto encaixaría o 2 a 3, tras un balón en longo que Fran e Manu non acertan a despexar e no que Carba dubida na saída. O dianteiro coloca o balón no pao longo preto da escadra. Pero dous minutos despois o Ames consegue o 3-3 nun córner que saca Miki e no que Neo consegue anotar tras adiantarse ao porteiro, que saía de puños. O cuarto gol para os locais puido chegar despois dun par de boas tringulacións ás que Nito e Juansiño non son quen de poñerlle o broche do gol. Sen embargo no minuto 88 o Trazo ía conseguir o 3-4. Miki esvara cando vai despexar e o balón recólleo un atacante do Trazo que bate a Carba, que a piques estivo de deter o remate, cun disparo raso. Pero o Ames tiña claro que non ía deixar por segunda vez que o Trazo "se saíse coa súa". Así, e casi de inmediato, Miki lanzou un novo córner que Juansiño rematou polo primeiro pao agachándose ante varios rivais, incrédulos ante o empate do Ames. Pero non ía quedar así a cousa. A falta dun minuto para o final Gamarra lanzou unha falta directa a tres metros da esquina da área, un pelín escorada. O lanzamento, potente e polo "medio e medio", sorprendeu a un mal colocado porteiro do Trazo, colándose polo fondo das mallas. Éxtasis en Castiñeiro do Lobo e 5-4 para os locais, que escalan posicións na táboa. Aúpa Ames!!!!!!!!!!!!!!!!

2 comentarios:

Frannavaro dijo...

un bo partido,intenso,asi mola ganar pero cando perdes non mola tanto,jeje!! bueno a destacar o partido de Carba na porteria,que estubo moi ben. pois nada para o finde o derbi a ver que tal,esperemos facer un bo partido. saudos dieguiño!!!

Diego Villaverde dijo...

Espero contar unha nova victoria do Ames, sobre todo se é contra o Bertamiráns B jejeje, para o seguinte partido creo que estou en ames, así que como mínimo irei a vervos coas botas na mochila jejeje

Fotos do Ames