Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

jueves, 4 de febrero de 2010

O Ames derrota á Sionlla e rompe a súa mala racha (3-1)

O Ames afrontaba o partido contra o penúltimo clasificado, a Sionlla, coa necesidade de levarse os tres puntos. Os inicios foron abertos, cos dous equipos chegando sen perigo. O Ames conseguiu entrar entonado nun encontro por terceira vez consecutiva, tralos bos encontros ante o Ortoño e o Paraguayo Santiago. Sen embargo, á media hora a Sionlla sería quen de poñerse por diante no marcador. Á saída dun córner e tras varios rexeites, o interior visitante dispara desde fóra da área e o balón entra cruzado tras pasar entre varios xogadores. Os visitantes puideron anotar o segundo nun balón en longo que deixou só ao dianteiro ante un Juan que conseguiu tocar o remate e enviar o esférico a córner. Na primeira parte, o Ames tamén tería dúas boas ocasións. A primeira, unha falta rasa botada desde o lateral por Gamarra, que Adrián deixa pasar entre as pernas para acabar atallando o porteiro da Sionlla. A segunda sería tamén unha falta lateral, lanzada por Adrián, que pasa a escasos centímetros de Chete, no punto de penalti. Cando parecía que o balón se colaba na meta, o gardamallas visitante evitouno, e Juansiño non foi quen de rematar a gol o rexeite. A Sionlla chegaría ao descanso cun xogador menos, por lesión e ante a falta dun recambio no banquillo. Polo Ames, no descanso entraron Nito e Neo, tras moitos partidos alonxados dos terreos de xogo por lesión. O Ames saíu máis metido na reanudación. Un balón en longo que peina Neo a pique estivo de supoñer o empate, pero o remate de Adrián foi desviado coa perna polo porteiro da Sionlla. O Ames conseguiría o empate aos dez minutos da segunda parte. Juansiño recolle un balón dividido na frontal da área. O seu disparo bate no longueiro e Neo, moi atento, remata o rexeite coa cabeza establecendo a igualada. Tralo gol, o encontro xa sería completamente do Ames, ante unha Sionlla decaída. Neo, Fran e Adrián volverían ter ocasións para adiantar aos locais, pero non tiveron fortuna nos remates. Nito tamén tivo unha ocasión clarísima. Tras regatear ao porteiro no interior da área, o seu remate é despexado baixo paos por un defensor da Sionlla. Nito e Neo marcarían os dous goles que lle darían finalmente a victoria ao Ames. Nito nun remate dentro da área e Neo tras rozar a pelota logo dun saque de falta desde o lateral efectuado por Gamarra. Deste xeito, con sufrimento, o Ames acadaría a súa terceira victoria da temporada, todas elas en Castiñeiro do Lobo. A vindeira semana, o Ames xoga en Chaián, o domingo ás 12 e media do mediodía. Noraboa, e a seguir así!!!

1 comentario:

Diego Villaverde dijo...

Perdoade pola tardanza e por non ter a crónica do partido contra os paraguayos, pero Adri e máis eu tivemos un par de semanas moi moi liadas. Agora, a polo Chaián!!!!!

Fotos do Ames