Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

sábado, 28 de noviembre de 2009

O Bertamiráns B lévase o derbi ante o Ames en Castiñeiro do Lobo (0-3)

O Ames sufriu unha nova derrota, a segunda da temporada na casa, ante un dos equipos máis fortes da categoría. Desde o inicio ambos conxuntos trataron de controlar o balón, sen demasiado éxito. O Bertamiráns B foi o primeiro en avisar, aínda que apenas tería máis accións de perigo en toda a primeira parte. Foi un tiro desde a frontal da área amiense que bateu no poste e saíu rexeitado. O resto das accións de ataque visitante rematan en fóra de xogo. Mentres, o Ames intentaba chegar con balóns en longo sen éxito. Foi sobre o minuto 14 cando se adiantou o Betamiráns B tras un córner. Juan atrapou o balón, pero escurríuselle, volvendoo a agarrar no chan. Nese momento, co balón xa en poder de Juan, chega un atacante visitante e golpea ao balón, introducindoo nas mallas tras facerlle falta ao porteiro amiense. O árbitro concedeu o gol, e a partir del, o Ames chegou con máis perigo á área visitante, destacando un par de remates de Neo que pasaron cerca do arco do Bertamiráns B. Foron os mellores momentos dos locais, incluída unha falta perigosa de Miki que acabou en córner. Miki sufriría nas sáus carnes unha dura entrada dun xogador do Bertamiráns, que lle deixou a marca dos tacos na canilla ao amiense, sen que o árbitro sancionase a acción como se merecía. Pouco despois chegaría o segundo gol do Bertamiráns B. Tras unha falta lateral, Iván seguiu a xogada ata a liña de gol, e querendo despexar introduciu o balón en propia meta. Antes do descanso, o Ames puido anotar cun gran disparo de Juansiño a bote pronto desde o borde da área, pero o remate bateu nun defensa e foille ás mans ó porteiro. Na reanudación, o Ames intentou buscar o gol que recortase distancias, pero ningún dos dous conxuntos acababa de dominar. O Ames puxo defensa de tres pero non acababan de chegar ocasións claras. Neses intres, o árbitro comezou a desempeñar o papel de protagonista cortando o xogo con faltas polémicas, e sobre todo, encarándose con Chete, ao que botou do banquillo porque non aparecía na acta, sendo o entrenador. E fíxoo encarándose de mala maneira con Chete, burlándose del, o que demostra a categoría persoal deste personaxe que vestía de negro. O culmen chegaría no terceiro gol do Bertamiráns B. Preto da área amiense, Roi recibe unha patada "sonora" que o ábitro non quixo pitar, e os visitantes acaban marcando outro gol. Pouco despois, en plena actuación estelar do colexiado, Miki saca rápido unha falta e un xogador do Bertamiráns B impide o saque. O colexiado di que a acción non vale porque estaban atendendo ao central visitante, cando non parara o xogo por este motivo. Miki e Víctor recibirían amarela por intentar razonar con el e explicarlle o seu erro con boas palabras (o árbitro xustificou a amarela a Miki do seguinte xeito: "porque me parece"). O capítulo arbitraxe tería unha última secuencia, a expulsión de Neo. O dianteiro amiense salta por un balón na área visitante, e tras facerlle a cama o central do Bertamiráns B, golpease contra o chan facéndose bastante dano. O colexiado non interpreta falta e Neo protesta airadamente, recibindo o cartón vermello directo. O resto do encontro trasncorreu sen máis ocasións, co Bertamiráns B cómodo co resultado e o Ames desquiciado por un mal arbitraxe e os propios erros que lle deron vantaxe ao rival. Agora, a enfrontarse ao Rial...

No hay comentarios:

Fotos do Ames