Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

viernes, 20 de noviembre de 2009

O Ames déixase os tres puntos no tempo engadido ante o Trazo (3-2)

O Ames desprazouse este domingo a Trazo coa esperanza de sacar algo positivo dun terreo de xogo rapidísimo que dificultaba o control do esférico. Nos primeiros minutos o Trazo tivo un par de ocasións bastante claras, incluso un gol anulado, pero o Ames sería o primeiro en golpear con éxito a portería rival. Nunha gran xogada combinativa entre Miki e Pelicano, este devolveríalle o esférico a Miki, que golpeou á base do poste facendo inútil a estirada do porterio e adiantando aos amienses. Pero o Trazo logrou empatar cinco minutos despois, pese ao máis que probable fóra de xogo de dous dos seus atacantes, un dos cales bateu a Juan por baixo. O gol subiu ao marcador indignando aos xogadores do Ames, que só tería unha ocasión máis antes do descanso. Adrián internouse pola banda tras peinar o balón Nito, pero o interior visitante estivo lento na definición. Na segunda parte, o Trazo aproveitaríase do forte vento que sufría o Ames no seu campo, o que dificultaba sacar o balón xogado, e incluso despexa-lo. Pouco despois da reanudación, Juansiño sustituiría a Juan na portería, con molestias que lle impedían xogar. Tamén entraría Roi no campo, a posteriori autor do segundo gol do Ames. Miki sacou un córner e Roi remataría só na área pequena facendo o 1-2 e aumentando os nervos locais. Cando todo parecía indicar que o Ames se levaría os tres puntos, no minuto 91 chegou o empate local. O dianteiro local colleu o balón na frontal da área, e tras un par de regates anotou cun disparo potente que Juansiño non puido deter. Pero o peor estaba por chegar. O árbitro engadiu 6 minutos, cando ao longo do segundo tempo e de todo o partido non houbo interrupcións nin lesións, nin sequera o noso masaxista Víctor tivo que entrar no campo. Así pois, por decisión do colexiado, chegouse ao minuto 95, momento no que un rexeite na área amiense lle caería a un xogador local, que batería a Juansiño de disparo cruzado. Os erros de concentración e a indolencia arbitral quitábanlle a victoria ao Ames. A próxima oportunidade para redimirse, este domingo ante o Bertamiráns B en Castiñeiro do Lobo. A por eles rapaces!!!

No hay comentarios:

Fotos do Ames