Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

domingo, 8 de noviembre de 2009

O Ames cae derrotado na Sionlla nun campo impracticable (6-3)

A Sionlla infrinxiu a terceira derrota da temporada ao Ames nunha visita a un dos peores campos da categoría, que desta volta presentaba unhas condicións pésimas. Os locais marcarían pronto, logo de que o colexiado sinalase penalti por man de Gamarra na área, aparentemente involuntaria. Co marcador abaixo, o Ames comezou a dominar e pronto chegaron as ocasións, as máis claras un disparo de Roi tras deixada de Nito, unha falta perigosa lanzada por Miki e unha internada de Nito que o mal estado do campo truncou. Pero o gol non chegou e a Sionlla anotaría o dous a cero tras unha internada pola banda dereita. O Ames intentábao e puido reducir distancias desde o punto de penalti, pero o lanzamento de Nito golpeou no longueiro. Pouco despois a Sionlla marcaría o terceiro, mermando os ánimos do Ames. Antes do descanso, a Sionlla quedaría con dez homes tras unha patada a Miki sen balón dun dos seus xogadores (a posteriori castigado con 6 partidos de suspensión), lesionando ao mediocampista amiense. Fran enchería de esperanza ao Ames marcando o 3-1 cun bo disparo dentro da área, prolongando a súa racha goleadora con tres tantos en tres partidos consecutivos. Na reanudación, o Ames intentaría a remontada con certa ansiedade, pero nunha contra a Sionlla ía anotar o cuarto gol. Pero o Ames non se veu abaixo e tras encaixar o 4-1 chegaron os seus mellores momentos, rozando a remontada. O 4-2 anotaríao Roi, que se internou pola banda, disparando ao primeiro pao, entrando o esférico na portería coa axuda dun defensor. Ante o tanto amiense, a Sionlla púxose nerviosa, e tras un mal saque do seu porteiro, Moncho recibiu uns metros fóra da área e cunha gran vaselina poñía o 4-3 no marcador. O empate puido chegar nas botas de Adrián, que lanzou un tiro bombeado ao longueiro. A puntilla para o Ames chegaría nun córner no que o dianteiro local remata só no segundo pao, e Adrián non acerta a despexar, colándose o balón na meta visitante. Co Ames arriscando para achegarse no marcador, a Sionlla marcaría o sexto gol tras un pase entre liñas no que o dianteiro local quedou só ante Juan, que nada puido facer. Ao final, resultado demasiado abultado para a Sionlla, que afrontaba o encontro con cinco expulsados e con serias dúbidas na súa aliñación, onde algúns nomes non coincidían cos dorsais. Por iso, o Ames presentou na Federación a correspondente reclamación por aliñación indebida, que está sendo estudiada nestes momentos. Con todo, a derrota deixa ao Ames oitavo con seis puntos en cinco xornadas. Agora toca o Chaián!!

No hay comentarios:

Fotos do Ames