Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

miércoles, 11 de noviembre de 2009

O Ames é décimo tras encaixar a primeira derrota na casa fronte ao Chaián (1-4)

O Ames sufriu a súa primera derrota como local nun partido que finalizou cun resultado enganoso para os visitantes. O Ames atopouse ao inicio do encontro co mesmo árbitro que puxera problemas pola hora de inicio ante o Costoia, desta volta chegando tarde ao campo de Castiñeiro. Tras este pequeno retraso, o encontro comezou coma os últimos do Ames, encaixando un gol aos dous minutos. Un balón longo desde a defensa do Chaián despistou aos centrais amienses, quedando o dianteiro visitante só ante Juan, ao que bateu subindo o 0-1 ao marcador. O Ames non se amilanou e comazou a dominar o encontro e a chegar á área rival. Nito puido empatar cun lanzamento de falta raso pegado ao poste, pero o porteiro do Chaián enviou o esférico a córner. A defensa amiense amosaríase moi segura despexando os balóns en longo do Chaián, sobre todo un gran Cool no lateral esquerdo. Preto do descanso chegaría a ocasión máis clara para o Ames. Nito recibe só preto da área, tras vir o balón rexeitado dun rival. Ao encarar ao porteiro, supérao cunha picada sutil pero o esférico pasa uns centímetros botando por fóra do poste. Na reanudación, o Ames seguiu atacando e o Chaián agardaba a súa oportunidade á contra. No minuto 55, un pase de Roi deixou só a Adrián, que foi agarrado por un rival cando ía encarar a portería. O árbritro non entendeu que a acción fose punible como penalti. Pouco despois o Chaián anotaría o segundo gol, un xarro de auga fría para os locais. Un erro nun despexe foi aproveitado pola dianteira visitante, facendo o segundo tanto. Ante o marcador adverso, o Ames puxo defensa de tres e arriscou para buscar o empate. Pero o Chaián anotaría o terceiro tras un penalti cometido por Gamarra, que Juan estivo a piques de deter. Tras o cero a tres, o Ames puido reducir distancias cun par de remates, pero o gol local chegaría desde o punto de penalti. Miki anotaría desde os once metros tras unha man dun central visitante na súa área. A piques do remate do encontro, o colexiado sinalaría un novo penalti a favor do Chaián, que Juan estivo de novo a piques de atallar. A pesar de recibir catro goles, Juan realizou un bo encontro baixo paos, igual q o resto do equipo, que se atopou cunha derrota demasiado abultada. Con esta derrota, o Ames é décimo con seis puntos, á espera de que a Federación se pronuncie sobre a reclamación interposta contra a Sionlla por aliñación indebida. O próximo, sacar algo positivo de Trazo o próximo domingo.

No hay comentarios:

Fotos do Ames