Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 17 de noviembre de 2009

JUAN JOSÉ RODRÍGUEZ LEMOS “CHETE”

Aquí está un dos momentos máis esperados polos seguidores deste blog, a entrevista a Chete, o noso capitán de toda a vida e agora míster a dúo con Miki. As súas declaracións traerán cola durante semanas, meses, incluso dentro duns anos serán comentadas entre nós. Aquí está, Chete en estado puro...
Cóntanos Chete, ¿cómo afrontabas esta temporada antes e despois de asumir xunto con Miki a dirección técnica do equipo? A verdade é que afrontaba esta tempada con optimismo para poder xogar e dar máis a este clube. Pero agora con esta faceta nova que collín no clube espero dar todo o que eu poida a portar.

Pouco a pouco ímosche coñecendo como adestrador, pero ¿cómo nos definirías o teu xogo e cáles son as túas virtudes e os teus defectos? O meu xogo non foi moi bo nas tempadas que estiven. Casi me adicaba máis a destruir o xogo do equipo rival pero bueno, o meu xogo sempre foi lento pero eficaz. Como virtude destacaría que me gusta ser gañador, sempre en tódolos lados e ademais ser amigos dos meus amigos. Un defecto é que son moi “rompenarices”, gústame meterlle presión aos meus compañeiros para que den o máximo.

Agora que estás metido na faceta de adestrador, ¿Qué cres que lle falta ao equipo? A este equipo facíalle falta unha persoa que os dirixira desde fóra. Agora estou eu pero eu tampouco sei moito de fútbol, pero bueno, eu creo que se melloraron cousiñas. Iso si, aínda falta algunha cousa, como que a xente veña máis aos adestramentos e que se comprometan un pouco máis co clube.

¿E qué esperas mellorar este ano con respecto a outros tanto a nivel individual como a nivel colectivo? A nivel individual non sei, por esta nova faceta que desempeño no clube, pois intentar ser o máis xusto posible con tódolos xogadores e seguir tendo este compañeirismo que hai neste clube e que non o hai noutros. E a nivel colectivo gustaríame que o equipo se puxera un pouco as pilas, porque temos equipo para estar entre os cinco primeiros.

Chete, ti estiveches no Ames desde o primeiro ano da súa refundación ¿Con que momento te quedas da túa traxectoria no equipo? O momento co que me quedaría da miña traxectoria no Ames sen dúbida é cando chegamos aos cuartos de final da Copa do Sar que foi un soño, pero bueno, aínda hai moitos xogadores que non poden dicir iso.

¿E un momento para esquecer? O momento para esquecer foi o atraco a man armada que nos meteu o noso amigo Evaristo en Ortoño. O que eu digo é que estaba comprado pola directiva do equipo local, ata algún aficionado do Ortoño dicía que él en trinta anos nunca vira tal cousa.

¿Que campo prefires, o de Covas ou o de Castiñeiro do Lobo? Pois éme indiferente, nos dous paseino moi ben. Se o de castiñeiro estivera ben case o prefería, pero dame igual.

En todos estes anos, ¿Cal é o mellor xogador co que xogaches no Ames? Pois como mellor xogador paréceme que pode haber varios como Miki ou Diego, pero sen dúbida quédome co meu irmán Nito, aínda que non ten a sangre que teño eu.

¿O mellor xogador co que xogaches e onde? O mellor xogador co que xoguei creo recordar que foi Jano o que está no Bertamiráns cando xogamos nos xuvenís do Covas.

¿O mellor adestrador que tiveches? O mellor adestrador que tiven foi o que hoxe en día é meu cuñado, Alfonso (o andorrano). Foi o que me ensinou o pouco que sei de fútbol e aínda ás veces sigo aprendendo cousas del, é que sabe moito de fútbol.

Chete dinos cal foi a categoría máis alta na que xogaches e en que equipo… Pois a categoría máis alta foi a Segunda Rexional co que antes era o Covas.

¿Cál é o rival que máis che motiva? Sen dúbida os partidos que máis me motivan son os derbis, sobre todo contra o Bertamiráns.

¿Qué é o que máis che gusta do Ames? Como dixen antes o compañeirismo que hai no clube e os amigos que fixen neste clube.

O que menos… O que menos non sabería dicircho.

E xa para rematar ¿Qué che parece este blog? Deste blog paréceme todo ben, así tamén se da a coñecer este noble clube para que a xente se vaia aficionando ao fútbol e máis a este clube. Que este é de Ames non coma algún que di todos Somos Ames e non ten prácticamente ningún xogador na primeira plantilla de Ames.

3 comentarios:

elguapo dijo...

enhorabuena chaval como a dataches a entrevista eh un pouco picate pero bueno esta ben non. O CLUBE VOTATE EN FALTA. Ahora soolo quero que salan as rajadas pa que axa debate jeje jeje

elguapo dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Diego Villaverde dijo...

jejeje, había q darlle un toque de actualidade!! agora q comente o resto q hai q xenerar máis debate!!! eu tamén vos boto en falta, eses martes e eses venres sen vós non son o mesmo, e xa non digamos os domingos!! vémonos na ponte de decembro!!

Fotos do Ames