Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 23 de febrero de 2009

O Resmón derrota ao Ames coa moita axuda do colexiado (3-1)

O Ames caeu derrotado de xeito inxusto na súa visita a Resmón, conxunto que saíu escandalosamente beneficiado da actuación do colexiado Jerónimo Mayo Castro. O encontro comezou cos minutos habituais de tanteo, sen ocasións e cos dous equipos intentando chegar á área rival. O Resmón parecía que estaba un pouquiño mellor situado no terreo de xogo, e comezou a chegar con perigo pola banda dereita, aproveitando tamén os cambios de xogo para sorprender pola esquerda. O Ames tamén creou perigo coas combinacións de Llello e Roi. O Ames avisou primeiro aos quince minutos de xogo, cun bo pase de Llello entre liñas, deixando só a Roi na área, aínda que algo escorado. Roi encarouse cara a meta e picou o balón ante a saía do gardamallas local, que rozou o esférico, chegando un defensa ao despexe sobre a liña de gol. Pouco despois chegou o primeiro tanto do Resmón. A xogada arrancou cunha pérdida no lado esquerdo amiense, o interior local levouse o balón nun par de rexeites axudándose ca man e deu un pase ao extremo en posible fóra de xogo, este fixo un cambio de banda para o ariete do lado contrario. Este controlou e ante a oposición de Iván, boleou de inmediato batendo a Juan. O Ames estivo dez minutos desorientado ante o gol, pero prontou buscou o empate. Antes, apareceu o festival de regalos para o conxunto local por parte do señor colexiado. Nunha xogada fortuita na área do Ames, pitou penalti ante as supostas mans de Iván. O balón ía chorando cara Juan tras un remate fallido do ariete local, e na súa traxectoria tocou na man de Iván involuntariamente mentres este se apartaba para que recollese o esférico o porteiro. O árbitro non o dubidou. O penalti, mal tirado (moi ben Casal na "intimidación"), foi repelido polas pernas de Juan. Logo, o Ames puido empatar nun córner no que Che non acertou o remate, e Chete tocou coa punteira mentres Diego se dispoñía a bolear. Antes do descanso, houbo unhas mans na área do Resmón e un empuxón a Roi que segundo o colexiado non foron penalti. Na reanudación, o Ames adiantou un pouco as liñas buscando o empate, e fixo un par de cambios, entrando Juansiño e pouco despois Nito. O Ames adueñouse do esférico, e pronto comezou a pisar a área rival con máis frecuencia. Tras unha xogada a balón parado, a defensa do Resmón saíu tarde, e Roi entrou só na área no costado dereito. Viu a entrada de Diego, só no centro da área e por detrás do balón, e deulle un pase para que este rematase a porta vacía, co porteiro descolocado. De xeito increíble, o colexiado anulou o gol por fóra de xogo. Acto seguido, pasouse do posible 1-1 ao 2-0. Na xogada seguinte, o xogador número 12 do Resmón (véxase señor colexiado), inventou un novo penalti máis extraño que o anterior. Moncho adiantouse a un balón que viña da banda contraria, e tras un bote raro, este foi dar no ombro do defensor amiense. Penalti que Juan estivo a piques de parar de igual xeito que o anterior. O colexiado desquiciou ao Ames cunha decisión escandalosamente desacertada, e coa súa actitude pasota e de desprecio a un dos equipos. De non ter anulado o que suporía o 1-1, non tería chegado o 2-0. Co resultado adverso, o Ames lanzouse ao ataque e sacou a garra ante a inxustiza "do home de negro", adiantándose Diego ao medio do campo. Nito puido recortar distancias nunha falta que saíu desviada. Pouco despois, Miki sacou unha falta a tres cuartos de campo, Diego rematou cara atrás e o balón deu no longueiro. O balón saíu rebotado e Diego volveu cabecear, desta vez ao fondo das mallas. O Ames seguiuno intentando a balón parado e con algunha que outra internada. Diego meteu un pase desde a esquerda cara Nito, que arrancou en posición correcta meténdose na área, pero apareceu o home do silbato para anular a xogada, non fora ser que empatase o Ames. E por se quedaban dubidas do resultado, o árbitro amarrou o resultado no último minuto, deixando que o dianteiro local, dous metros por diante do libre amiense, batese a Juan por terceira vez. O Ames retirouse indignado co colexiado, que tivo tempo para expulsar a Fuentes e sacarlle a quinta amarela a Miki. Non entendemos o porqué desta lamentable actuación arbitral, e máis cando era a primeira vez que este fenómeno nos arbitraba (mellor non afondemos...), agardemos que sexa a última... Eu creo que esquemáticamente queda claro:

Resmón: só rematou a porta con claridade no primeiro gol, que arranca cunha man local e un fóra de xogo de quen centra, o resto foron dous penaltis rigurosísimos (un gol e o outro nin sequera o meteron) e unha xogada, a do terceiro gol, que debía estar anulada. Debería ter un gol aceptando algún erro arbitral, o que entendemos que é normal e entendible.

Ames: dous penaltis a favor escamoteados, un gol legal mal anulado e todo o anterior que lle deu ao Resmón, claro. Ademais do gol que anotou, debería ter outro máis, o que lle daría segurísimo un punto e moi probablemente, os tres.

Indignante!!

2 comentarios:

Diego Villaverde dijo...

Bueno, xa vedes que me despachei a gusto na crónica, pero é que realmente pasou así, a sensación foi de atraco e de que se riran de nós na cara... que conste que a min non me gusta escudar un resultado na actuación arbitral, e normalmente as miñas crónicas nin se refiren positivamente nin negativamente ao estamento arbitral, porque entedemos que se equivocan como nós fallamos no campo, pero é que o de onte foi vergonzoso, quitanche as ganas de comer á unha e media, saír a correr e botar corenta minutos na carretera podendo estar vendo un partido ou unha pelicula un domingo pola tarde. Que che ganen por méritos propios, pero non por 5 errores graves dun tipo que cobra por equivocarse o menos posible. É lamentable que metan tres goles sen tirar á porta ningunha vez en posición legal. Estamos tan indefensos ante unha situación deste tipo, que a única maneira que se me ocorre é facer unha crónica así, descargando a nosa impotencia a través das palabras. Espero non ter que volver a escribir algo así.

Frannavaro dijo...

xa sabedes que non fun a xogar nin a ver o pertido,pro con leer a cronica,fagome unha idea enorme de como nos roubaron o partido,que por outra parte,non e a primeira vez,seguro que mais de un se acorda do partido co ortoño fai 2 anos o contra o san felix tamen 2 anos,e podia seguir. estou dacordo con diego cousas asi quitan as ganas de ir os domingos a xogar, e non deixa de ser vergonzoso que estos arbitros marchen tan panchos e ainda por encima con cartos no peto,aunque o mellor o resmon non lle importou pagarlle visto o visto. bueno, nos temos que pasar de esto o que pasou pasou,e ahora a pensar no seguinte partido que sera maña,espero poder xogar. animo tios!!!!

Fotos do Ames