Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

domingo, 15 de febrero de 2009

Gran remontada do Ames para derrotar ao Deixebre no último minuto (4-3)

O Ames sufriu ata o último minuto para levarse a victoria ante o sempre difícil Deixebre. A victoria logrouse pese a aos erros que lle deron os tres goles ao conxunto visitante. Os minutos iniciais foron de tanteo, pero pronto se viu ao que ían xogar ambos conxuntos. O Ames replegado e saíndo á contra, e o Deixebre lanzando balóns en longo aos dianteiros e aos homes de banda. O Deixebre adiantouse aos quince minutos de xogo, nun despiste da zaga local. O balón chegou á dereita do ataque visitante, o extremo centrou e o dianteiro atopouse só ante Fuentes. O seu disparo foi rexeitado polo gardamallas local, pero o rexeite acabou en gol xa que os centrais amienses recuperaron tarde a posición. Na xogada inmediata ao gol, o Ames forzou un corner, que Llello sacou moi ben ao segundo pao, onde apareceu Roi sen marca, cabeceando ao fondo das mallas. O partido seguiu transcorrendo con igualdade, sen grandes ocasiones nin un dominador claro. O Deixebre enviaba balóns longos ben controlados pola defensa local, e o Ames saía á contra de vez en cando. Foi o equipo local o que creou máis perigo na primeira parte. Unh falta de Miki estivo a piques de ser gol, pero o porteiro apareceu a carón do pao no último momento, despexando a corner. Pouco despois Miki picou o esférico por riba da defensa, Llello dudou un intre no remate e o porteiro despexou a corner con apuros. Preto do remate da primeira parte o Deixebre conseguiu o segundo gol. Un dos seus dianteiros fixo un sombreiro cara atrás dentro da área, e o balón golpeou na man de Pi, que estaba recuperando a posición. O colexiado pitou penalti e os visitantes adiantáronse novamente. Na segunda parte, o guión seguiu sendo o mesmo, aínda que o Ames intentou adiantar un pouquiño as liñas, sen perder o sitio. Miki tivo outra falta que se foi rozando o longueiro. Un par de balóns colgados en faltas laterais foron rematados por Roi na súa nova versión da "espaldinha", habilitando nun deles a segunda xogada para Diego, que cabeceou fóra. Mediada a segunda parte, Miki logrou o empate nunha xogada a lo Maradona. Tras roubar o balón en mediocampo, recortou ao seu par a tres cuartos de campo e amagou con dar un pase á banda dereita onde Llello se desmarcaba; isto abriu un oco na zaga visitante e Miki decidiuse a entrar en diagonal na área superando aos opoñentes. Ante a saída do porteiro, encarouse para disparar polo lado esquerdo, e bateuno por baixo polo lado contrario. Co empate, continuou o xogo igualado e a falta duns doce minutos o Deixebre volveu marcar. Unha falta no lado esquerdo sacada rápido polo ataque visitante pillou durmindo a todo o equipo e acabou nun pase da morte e no 2-3. O Ames non baixou os brazos e lanzouse a polo empate. Un pase interior a Llello por riba da defensa deixouno con vantaxe pero moi escorado, pero a súa bolea foise moi por riba. A igualada chegou a falta de tres minutos para o final. Un saque de banda moi preto do corner foi cabeceado cara atrás por Roi, casi na liña de fondo, o balón rozou o longueiro e Juansiño chegou para empuxa-la. Cando todos pensaban no empate, un balón en longo do Ames sen perigo foi controlado polo defensa no borde da súa área, o control escapouselle un pouquiño e chegou Juansiño, que tras tocar o balón coa punteira, internouse na área. Driblou ao seu par e trastabillado, foi encimado por dous zagueiros e derrubado cando intentaba avanzar. Penalti que Diego transformou e xúbilo nas gradas. Tan só un minuto despois, o colexiado puxo fin ao partido.

3 comentarios:

Diego Villaverde dijo...

Mi ma, nótase que levaba tempo sen xogar e sen facer crónicas que lle din ó teclado de cara... só quería felicitarvos a todos polo partidazo que fixestes contra o Deixebre (tamén o dixen en Ames Radio eh!!!!), se seguimos nesta liña temos varios partidos para subir un posto e achegarnos aos da zona media.Noraboa rapaces!!!

Frannavaro dijo...

si señor,peaso de cronica!! cando te arrancas,mima!!! si señor unha actitude moi boa de equipo,facia falta coller confianza de novo

Frannavaro dijo...

por certo soplaronme que o noso porteiro,se quere marchar a veteranos pa retirarse dentro de pouco(cousa que non me estralla)por outra parte,jeje!!! partido homenaje e churrascada sin falta(se queredes)

Fotos do Ames