Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

miércoles, 25 de febrero de 2009

O Ames planta cara a un líder que se levou o partido gracias á superioridade numérica (2-3)

O Ames sufriu unha inxusta victoria no encontro que tiña pendente co Dubra B, tras ser suspendido polo temporal. O líder visitou o campo de Covas e sufriu moito para perforar a meta onte defendida por Dani. De feito, só puido marcar cando o Ames se quedou con dez e o físico comezou a pasar factura. O encontro comezou co Ames moi ben plantado, con 5 homes en defensa que maniataban a liña de rexeite, que pasaban a ser tres cando os amienses saían á contra. O Dubra non sorprendeu e despregou o seu xogo habitual de balonazo longo, rácano e impotente ante a organización defensiva do Ames. Desde o principio o Dubra empurrou con moita forza, pero o Ames defendeuse ben e apenas pasou apuros máis que nun par de rexeites na frontal da área, un deles deu no pao da meta de Dani. Mentres, o Ames aproveitaba as contras para facer dano ao seu rival. Miki, Roi, Nito e Llello avisaron en varias combinacións, unha delas acabou nun remate que se foi rozando o poste, e sobre a media hora chegou o gol amiense. Nunha xogada desde a esquerda, Llello internouse na área e deu un pase raso a Nito, que chegaba desde atrás, e golpeando suavemente o esférico co interior do pé dereito, bateu ao porteiro dubrés polo segundo pao. O líder seguiu apretando nalgún que outro córner ou saque de banda longo, pero pese a que chegaban con certa frecuencia, non acertaron a facer máis disparos á meta en claro. Polo Ames, Diego disparou unha falta alonxada e o porteiro atallou sen moitos apuros. Na segunda parte, o conxunto local seguiu coa mesma disposición, e o Dubra meteu un home máis arriba, pero o seu xogo de balonazo puro e duro, seguiu sen acarrear demasiados problemas ao Ames. Chegaban pero non remataban. Os locais puideron ampliar a vantaxe nun par de contras. Nunha delas Juansiño entrou ben desde a esquerda e o seu centro atrás atopou rematador, pero o disparo saíu alto. E sobre os quince minutos chegou a xogada que acabou decantando o partido do lado do Dubra. Tras varios avisos do colexiado, Roi viu o cartón vermello directo por dirixirse en termos despreciativos á bancada do Dubra, ao que se engadiu que levaba varios minutos de reiteradas protestas ao árbitro, o que colmou a súa paciencia. Xusto despois de quedarse con dez, o Ames viu como o líder anotaba dous tantos de xeito case consecutivo. O primeiro deles chegou nun rexeite na área, e o segundo, nunha falta directa que botou encima da liña de gol e de Dani, batendo nas súas mans e entrando polo primeiro pao. Tras manexar moi ben o partido, o Ames atopouse en cinco minutos co marcador en contra e con dez homes. O equipo reorganizouse coa entrada de Adrián e Félix, e pouco despois Manuel. Lonxe de virse abaixo, os amienses lanzáronse a polo empate. Este chegou pronto. Llello sacou un córner a media altura cara o segundo pao, onde apareceu Diego con forza desde atrás para bolar contundentemente ao fondo das mallas. O empate parecía o máis xusto na situación de partido na que se estaba, pero o Dubra aproveitou un novo rexeite tras un córner para anotar o terceiro. Unha desas boleas que se meten un par de veces na vida, e que Juansiño estivo a piques de rexeitar coa cabeza cando s ecolaba pola escuadra amiense. A falta de cinco minutos, Miki puido empatar cunha bolea lonxana que o porteiro atallou con certos apuros. A última xogada do encontro foi unha falta de desde a frontal de Miki que saíu escorada. Ao final, demasiado premio para un líder que lle viu as orellas ao lobo. Moi bo partido do Ames (e se permitides, moi bo comportamento de Casal no banquillo, que pese a non xogar, non deixou de animar aos seus compañeiros en todo momento). Ánimo rapaces, esta é a liña, seriedade, traballo e compañeirismo!!!

2 comentarios:

Roinaldinho dijo...

Eu quería pedir perdon ó equipo polas miñas ¨idas de olla¨ xa que por ese motivo perdemos pero tamen teño q decir q se por pronunciar esto ("eu solo yo fago ó q se tirou") me botan apaga e vamonos cando nos partidos fanse entradas dignas do Muay Thai q nin levan carton. Solo m qda unha cousa: tila antes dos partidos jeje

Frannavaro dijo...

animo roi,non pasa na,do que pasou onte solo se pode sacar unha conclusion,que se pasa eso, e por que realmente estas en tension nos partidos e o vives,todo o mundo ten salidas de tono,e a verdad e que foi demasiado riguroso,nin vin o que pon na acta,pero seguro que algo exagerou,vicente e asi. o peor de todo e que non podras xogar o domingo(e non e por ser cabron,eh!!)

Fotos do Ames