Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 3 de marzo de 2008

O Ames empata un 0-2 ante o líder e está a piques de vencer


Gran partido do Ames ante o líder Luaña, que non fixo méritos para sacar un punto e que se relaxou cando tomou vantaxe. O partido comezou equilibrado pero coa Luaña un pouquiño mellor situada no campo, gañanado case tódolos balóns no medio do campo. O Ames estaba correcto, pero faltáballe un pouco de garra. A cousa ía tranquila, pero nunha das chegadas da Luaña, Juansiño intentou atrapar o balón antes de que saíse pola liña de fondo, con tan mala sorte que se lle escapou deixandoo nos pés do atacante visitante. Este centrou cara atrás e un compañeiro seu marcou despois dun par de amagues. O Ames quedou un pouco desconcertado, e nunha falta ao borde da área chegou o cero a dous en vinte minutos. Ante tal panorama, o Ames adiantou un pocuo as liñas e comezou a gañar máis balóns no mediocampo, trenzou algunhas combinacións boas polas bandas e chegaron as oportunidades. Nunha delas, Coleguín controlou co peito un balón na esquina dereita da área, e cando ía tirar ao borde da área pequena, foi derrubado. Penalti que se encargou de transformar Diego reducindo distancias. O empate puido chegar antes do descanso, cando Miki colgou unha falta desde a dereita que Nito prolongou no segundo pao, e Fran rematou abaixo, pero o porteiro visitante sacou ben cos pés. Fran tivo outro remate de cabeza nun córner que saíu algo desviado. Na segunda metade, a Luaña estivo desaparecida en ataque, e o Ames lanzouse a polo empate. Barri tívoo nos seus pés, pero o seu disparo só, diante do porteiro, saíu por riba do longueiro. A igualada chegou nun rexeite ao borde da área que Nito colocou ben de tiro raso no lado esquerdo da portería. Empate e quince minutos por diante para buscar a victoria. Roi puido cabecear a enésima falta lanzada por Miki desde a dereita, pero rozouna coa coronilla estirándose ao máximo. Houbo máis chegadas e oportunidades para levarse os tres puntos, pero a cousa acabou en empate e coa Luaña dando gracias por non perder. A liga aprétase por riba. O domingo, partido clave co Resmón para asegurar a novena praza.

2 comentarios:

Roinaldinho dijo...

Por segunda xornada consecutiva na casa o Ames ia perdendoata que entra "Roicinho" no campo e empatan.Casualidade?, si pero xa van duas...jeje AUPA AMES

Frannavaro dijo...

A miña opinion e que esta e a linea de xogo que nos fai falta, para ir medrando como equipo. e a destacar a actitude dos compalleiros do banquillo que superon dar o apoio necesario ademais de dar a talla no campo,cando lles tocou sair.
en partidos asi dan ganas de non retirarse!!!!!
ANIMO CHAVALES!!!

Fotos do Ames