Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 31 de marzo de 2008

O Ames cede en Tordoia o terceiro empate consecutivo a cero goles

A de onte non foi unha tarde agraciada en canto ó fútbol se refire. Mal xogo, moita precipitación, desaxuste entre liñas, moitas baixas... Todo está de máis para explicar que non desemos aberto un campo tan grande para xogar polas bandas ata a recta final do encontro, cando apretamos o que non apretamos antes. Está comprobado que ante os de abaixo cóstanos máis xogar, coma sucedeu onte. O equipo estivo correcto en pragmatismo e en ocasións en entrega, pero o campo mollado fixo que moitos pases cortos non chegasen ao destinatario, e que os longos se perdesen pola liña de fondo. Na primeira metade, Miki tivo dous tiros con certo perigo, un atallouno o porteiro e o outro saíu desviado. Barri tamén lanzou un tiro endeble ás mans do gardamallas local. O máis destacable deles, que intentaron abrir o campo, pero non tiraron con perigo na primeira metade. Diego fixo un par de internadas pola banda dereita, pero na primeira o seu centro foi ás mans do porteiro e na segunda sobrou conducción. Na reanudación, o Ames comezou frío polo orballo e a ventolera que soprou en Tordoia, un sitio onde nunca debe de facer calor. É curioso, sempre que imos xogar alí fai sol e vento na primeira metade, e na segunda nunca faltan os quince minutos de auga e frío invernal, sexa a época que sexa. O caso é que o Tordoia B saíu mellor que o Ames, e tivo varias chegadas con perigo, sobre todo cando un lanzamento dentro da área deu no pao esquerdo da meta defendida por Félix e foi despexado por Pi. Coa entrada de Chete o equipo saíu un pouco cara adiante e comezaron a chegar as xogadas pola banda dereita. Coleguín, Miki e Fran trenzaron algunha xogada sen moito éxito, e olvidáronse das internadas de Barri pola esquerda. Miki lanzou unha falta á barreira e un disparo sen perigo, e o Tordoia B intentouno nalgunha contra ben resolta pola defensa do Ames. Seguimos de novenos con vinte puntos.

No hay comentarios:

Fotos do Ames