Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 3 de marzo de 2008

Derrotas dos equipos de xuvenís e infantís

Xa era hora de que lle prestáramos atención ás categorías inferiores do Ames, que esta tempada pois están sufrindo o cambio de categoría. Os xuvenís, que pese a iren de penúltimos teñen un equipo xeitoso (pero vago), deron imaxe de equipo na súa derrota en Dodro (3-0). Comezaron mal, cun gol na primeira xogada, pero aguantaron o resultado ata o final con ocasión para empatar. A cousa torceuse ao final coa expulsión de Félix e o Dodro rematou o partido con dous goles pasado o minuto oitenta. Máis clara foi a derrota dos infantís ante un rival da zona alta, o Milladoiro (14-0). Hai que comentar que os rapaces son case todos alevíns, e incluso hai algún benxamín, polo que as diferencias cos equipos rivais son enormes. Pese a todo, teñen dous equipos por detrás. Por certo, este domingo xogan cun deles en Covas, contra o Pontecesures, así que hai que ir anima-los a ver se suman a cuarta victoria da tempada. Os xuvenís xogan tamén na casa contra o Milladoiro. A ver que tal...

3 comentarios:

Llello dijo...

Elguapo!k non habia lido eu o comentario de ortoño home...ai k informarse antes de falar!!fran tio...parece k tas dando unha rolda de prensa...esta é a liña k ai k seguir..xDDDDDDDDDDDDD a partir de agora os nosos actos publicitarios temolos k kolgar aki!!jajajajja

Llello dijo...

diego tio!tes que publicar os horarios dos cativos que eu tiña ganas de ir ve-los algun partido, asi os xoves ou venres poñer cando xogamos todas as categorías!!eña un saudo...e a paxina ta de puta nai eh!!xDDDD

Diego Villaverde dijo...

Ok, por certo, estou intentando meter unha presentación de fotos, polo que si vedes algo raro, como fotos cortadas ou algo así, é que ando probando!!!

Fotos do Ames