Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 10 de marzo de 2008

Empate a ceros ante o Resmón nun partido soso

O Ames aguanta a novena praza nun partido frouxo ante o Resmón que sen embargo mereceu ganar sobre todo polo exposto na primeira metade. Desde o principio o Ames levou a iniciativa metendo ao Resmón súa área con boas combinacións entre Roi, Miki e Nito, e con Coleguín chegando ben desde a banda dereita. A primeira ocasión tívoa Diego nun córner que cabeceou buscando a segunda xogada cara Roi, que se atopou co balón moi baixo e difícil de rematar. O Ames seguiu dominando pero faltoulle remate a gol. Tan só puideron anotar Diego nunha falta e Roi e Coleguín nunha xogada dentro da área chea de rechaces que finalmente cortou o árbitro por man a favor do Resmón. Na segunda metade o Resmón adiantou un pouquiño as liñas e impúxose no medio do campo, con algunha chegada que inquietou a meta defendida polo debutante Félix. Este rexeitou a xogada máis clara para os locais, nunha internada do extremo esquerdo que tirou abaixo coa punteira, sacando ben Félix cos pés. Logo, o Resmón tivo outra clarísima, pero o atacante local, só dentro da área e en posición dubidosa, precipitouse e disparou coa perna mala lonxe da meta do Ames. A partir dos cambios, o conxunto visitante mellorou e subiu as liñas, con boas internadas de Juansiño pola esquerda. O Ames puido anotar en varias xogadas a balón parado, coma unha falta de Miki que sacou o porteiro preto da escuadra adornándose de máis. A cousa acabou en empate, novenos unha semana máis.

2 comentarios:

Roinaldinho dijo...

Soso non é a palabra, Don Vito.A palabra tiña que ser horribilis ou penoso pero ainda asi empatamos.Asi mola.Bueno non podemos perdonar contra estos equipos despois de puntuar contra Luaña, Ortoño, Sigüeiro...Se seguimos nesta liña os resultados supoño que chegaran.Aupa Ames!!!

Frannavaro dijo...

estou dacordo con roinaldinho,o partido foi muy... muy... desa maneira!!! e por encima 5 tarxetas por vocazas!!!!!
pero o peor e que o calo perdeu co dubra e deixamos escapar a oportunidade de acortar a seis puntos a desventaxa, aunque hubo cousas boas como o regreso de juancinho. pero o domingo estarei ai dando animos desde fora!!!!

Fotos do Ames