Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

miércoles, 16 de diciembre de 2009

Unha mala segunda parte condea ao Ames ante o Tordoia (1-6)

O Ames enfrontouse este domingo ao Tordoia en Castiñeiro do Lobo nun ambiente frío trala baixada de temperaturas dos últimos días. Lonxe de repetir o inicio tranquilo e sen goles do encontro coa Luaña, o Ames voltou encaixar un gol nos minutos iniciais. Iso si, desta volta o gol encaixado non foi por falta de concentración, senón que o árbitro o concedeu ante o estupor de todos, xa que o atacante do Tordoia estaba en claro fóra de xogo. Tralo gol, o Ames volveu repetir outra das dinámicas da temporada, pois lonxe de virse abaixo realizou unha das mellores primeiras metades do ano. O Ames controlaba o esférico e os visitantes apenas se achegaban á meta de Juan. O perigo local chegaba polas bandas e con boas combinacións desde a medular, e tamén nun par de córners. O dominio do Ames non se concretaba en ocasións, ata que un centro de Miki á altura do primeiro poste foi rematado por Nito, enviando cun escorzo perfecto o balón á escuadra do porteiro visitante. Golazo de Don Nito, que parece que vai recuperando o olfato goleador. Despois da igualada o Ames puido poñerse por diante cunha internada de Nito desde a banda dereita cara ó interior da área. Apurando liña de fondo, fixo o amago de centrar atrás pero rematou con moita intención. O porteiro do Tordoia estivo atento e atallou o esférico. Pero antes do descanso o Tordoia volvería poñerse inxustamente por diante no marcador. Nun córner o balón queda rexeitado no punto do penalti, perfecto para que o fusile ao fondo das mallas un xogador visitante. A boa dinámica do primeiro tempo truncouse na segunda. Pronto anotaría o Tordoia o terceiro, nunha xogada que partía de fóra de xogo, rompendo os esquemas do equipo local. Intentando recortar distancias, o Ames poría defensa de tres e sumaríase ao ataque con máis efectivos, pero sen demasiado éxito de cara ao gol. O Tordoia aproveitou este cambio de esquema para anotar tres goles máis á contra (un deles novamente en fóra de xogo. Como se ve, o árbitro estivo pouco acertado á hora de sinalar esta infracción). Ao final, derrota demasiado abultada tralo exposto no campo por ambos equipos. Ímonos quedar coas cousas positivas, o bo primeiro tempo, o gol de Nito e que non houbo ningunhas tarxeta amarela. A polo Deixebre!!

No hay comentarios:

Fotos do Ames