Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

miércoles, 9 de diciembre de 2009

Festival de goles entre Ames e Vila de Ordes en Castiñeiro (3-6)

Resultado aos sete minutos: 0-3. Non se pode pedir máis a un inicio de partido. Quizais si, que os tres goles fosen a favor e non en contra do Ames. O caso é que o domingo o Ames saíu novamente durmido e ao Vila de Ordes saíalle todo. Un remate espectacular desde fóra da área que se cola pola escuadra, un disparo raso cruzado desde a frontal da área e un remate de cabeza. O Ames tardou en dixerir o resultado, pero tralos minutos de incertidume meteuse na contienda cun gol de Nito, que superou cunha picada ao porteiro visitante na súa saída. Pero lonxe de espertar, o Ames encaixaría o 1-4 tras un saque de banda que é prolongado por un atacante do Vila de Ordes, para aparecer o segundo dianteiro desde o segundo pao sorprendendo co seu remate en semifallo a Diego e a Juan. En todo este tempo, os visitantes chegarían con algún que outro balón en longo, e o Ames pouco a pouco foise sacudindo o agobio do Ordes adiantando as liñas e presionando máis no medio. A relaxación dos visitantes cun resultado tan holgado permitiu a reacción amiense. Preto da media hora Diego reducía distancias cun potente lanzamento de falta que se colaría pegadiño ao pao do porteiro, que nada puido facer ante o forte disparo do central local. O Ames seguiría apretando, e Neo puido anotar tras un cabezazo que atallou sen demasiados problemas o gardamallas ordense. O 3-4 chagaría nas botas de Miki, que rematou a porta vacía no segundo pao, logo de que Neo peinase un saque de banda anticipándose ao porteiro. Foron os mellores momentos do Ames no partido, pero chegou o descanso. Co inicio do segundo tempo, o Ames relaxou un pouco a súa intensidade, e o Vila de Ordes arrimouse de novo á área local. Nos primeiros minutos houbo varias ocasións sen demasiado perigo para ambos conxuntos. Os visitantes colleron algo de tranquilidade cando anotaron o 3-5, sobre o minuto 60. Unha falta lateral foi cabeceada en posición moi dubidosa por un dos xogadores do Vila de Ordes, case "a bocajarro". O Ames puido anotar o cuarto pouco despois, pero o remate de Fran, dentro da área e algo escorado, golpeou o lateral da rede. Miki tamén puido anotar un lanzamento de falta, pero o seu disparo saíu algo desviado. O Vila de Ordes estivo a piques de marcar en dúas contras, ambas chegando desde a banda e centrando á área, onde apareceu Diego para despexar (case marca en propia meta nos dous despexes). O 3 a 6 definitivo chegaría ben entrada a segunda parte, nun claro fóra de xogo do atacante do conxunto ordense, tras un pase interior ao que a defensa local saíu ben, aínda que o árbitro non o interpretase así. Juan non tivo nada que facer ante o remate do xogador visitante. Ao final, derrota contundente que castigou o mal inicio do Ames.

No hay comentarios:

Fotos do Ames