Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 22 de diciembre de 2009

O Ames perde inxustamente pola mínima en Deixebre (1-0)

O Ames desputou este domingo o último encontro da primeira volta coa aspiración de rematar o ano cos tres puntos, pese ás 6 importantes baixas coas que acudía a Deixebre. Tanto os amienses coma o equipo local atopáronse cun terreo de xogo con moitos terróns e buracos, e con zonas impracticables, coma unha das bandas, con xeo e todo. O Ames realizou a mellor primeira parte de toda a temporada, superando incluso o bo inicio da semana pasada ante o Tordoia. O Ames meteu ao Deixebre no seu campo, con moita posesión de balón, perounha vez máis sen demasiadas ocasións claras. A máis importante, un córner sacado por Miki que a piques empuxa á meta Roi desde o segundo pao. O perigo amiense chegaba con balóns á espalda da defensa, aproveitando a velocidade de Juansiño e de Peli, e a través dos longos saques de banda de Gamarra. Tamén Adrián probaría fortuna con dous disparos que saíron por riba do longueiro. Pero a ocasión máis importante para o Ames veu desde os once metros. Moncho lanzaría un claro penalti cometido sobre Roi, pero o seu lanzamento iríase fóra a carón dun dos postes. Pola súa parte, o Deixebre só chegaría ao arco de Juan nun centro-chut que ninguén acertou nin a rematar nin a despexar. Na segunda parte, os locais aparecerían máis pola área amiense, pero tampouco con moito acerto. O Ames tivo novamente a oportunidade máis perigosa, cunha bolea de Adrián desde 30 metros que pasou rozando a escadra da meta do Deixebre. Logo serían os locais os que terían dúas chegadas con perigo. A primeira cun tiro desde dentro da área que sería repelido por Juan nun auténtico paradón; e a segunda tras un roubo na medular que deixaría ao dianteiro local só ante Juan, intervindo Miki para solventar o perigo tras estorbar o disparo. Tanto Miki coma Fran, que por primeira vez esta temporada xogaban xuntos de centrais, estiveron moi acertados. Tanto é así que semellaba que o partido ía finalizar cun empate a cero goles. Pero o Deixebre tivo a fortuna do seu lado. Nunha internada pola banda sen perigo aparente, un xogador do Deixebre remata a porta, con tanta sorte para os locais que o balón bate no lombo de Fran e colase pola meta do Ames superando a Juan. A falta de 4 minutos para o final do encontro, os visitantes xa non foron quen de reaccionar, sumando unha derrota máis, esta, unha das máis inxustas de todo o ano. Péchase así un dos peores anos do Ames en canto a resultados deportivos se refire, agardando mellorar a situación na táboa para o 2010. O vindeiro encontro, o 3 de xaneiro en Trazo contra o Resmón.

No hay comentarios:

Fotos do Ames