
martes, 22 de diciembre de 2009
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO!!!

O Ames perde inxustamente pola mínima en Deixebre (1-0)
O Ames desputou este domingo o último encontro da primeira volta coa aspiración de rematar o ano cos tres puntos, pese ás 6 importantes baixas coas que acudía a Deixebre. Tanto os amienses coma o equipo local atopáronse cun terreo de xogo con moitos terróns e buracos, e con zonas impracticables, coma unha das bandas, con xeo e todo. O Ames realizou a mellor primeira parte de toda a temporada, superando incluso o bo inicio da semana pasada ante o Tordoia. O Ames meteu ao Deixebre no seu campo, con moita posesión de balón, perounha vez máis sen demasiadas ocasións claras. A máis importante, un córner sacado por Miki que a piques empuxa á meta Roi desde o segundo pao. O perigo amiense chegaba con balóns á espalda da defensa, aproveitando a velocidade de Juansiño e de Peli, e a través dos longos saques de banda de Gamarra. Tamén Adrián probaría fortuna con dous disparos que saíron por riba do longueiro. Pero a ocasión máis importante para o Ames veu desde os once metros. Moncho lanzaría un claro penalti cometido sobre Roi, pero o seu lanzamento iríase fóra a carón dun dos postes. Pola súa parte, o Deixebre só chegaría ao arco de Juan nun centro-chut que ninguén acertou nin a rematar nin a despexar. Na segunda parte, os locais aparecerían máis pola área amiense, pero tampouco con moito acerto. O Ames tivo novamente a oportunidade máis perigosa, cunha bolea de Adrián desde 30 metros que pasou rozando a escadra da meta do Deixebre. Logo serían os locais os que terían dúas chegadas con perigo. A primeira cun tiro desde dentro da área que sería repelido por Juan nun auténtico paradón; e a segunda tras un roubo na medular que deixaría ao dianteiro local só ante Juan, intervindo Miki para solventar o perigo tras estorbar o disparo. Tanto Miki coma Fran, que por primeira vez esta temporada xogaban xuntos de centrais, estiveron moi acertados. Tanto é así que semellaba que o partido ía finalizar cun empate a cero goles. Pero o Deixebre tivo a fortuna do seu lado. Nunha internada pola banda sen perigo aparente, un xogador do Deixebre remata a porta, con tanta sorte para os locais que o balón bate no lombo de Fran e colase pola meta do Ames superando a Juan. A falta de 4 minutos para o final do encontro, os visitantes xa non foron quen de reaccionar, sumando unha derrota máis, esta, unha das máis inxustas de todo o ano. Péchase así un dos peores anos do Ames en canto a resultados deportivos se refire, agardando mellorar a situación na táboa para o 2010. O vindeiro encontro, o 3 de xaneiro en Trazo contra o Resmón.
lunes, 21 de diciembre de 2009
O Ames remata a primeira volta penúltimo tras caer en Deixebre
13ª Xornada 20/12/2009 | |||
Resmón | 2 | 1 | Costoia |
Deixebre | 1 | 0 | AMES |
Tordoia | 2 | 0 | Paraguayo Stgo. |
Luaña | 4 | 1 | Sionlla |
Vila de Ordes | 4 | 1 | Chaián |
Rial | 0 | 1 | Trazo |
Bertamiráns B | 1 | 1 | Ortoño |
Posto | Equipo | Puntos | X | G | E | P | GF | GC |
1º | Ortoño | 35 | 13 | 11 | 2 | 0 | 35 | 10 |
2º | Bertamiráns B | 33 | 13 | 10 | 3 | 0 | 35 | 7 |
3º | Vila de Ordes | 29 | 13 | 9 | 2 | 2 | 34 | 14 |
4º | Tordoia | 25 | 13 | 8 | 1 | 4 | 28 | 10 |
5º | Trazo | 23 | 13 | 6 | 5 | 2 | 22 | 14 |
6º | Chaián | 21 | 13 | 5 | 6 | 2 | 30 | 16 |
7º | Paraguayo Stgo. | 16 | 13 | 5 | 1 | 7 | 23 | 32 |
8º | Rial | 15 | 13 | 4 | 3 | 6 | 20 | 24 |
9º | Resmón | 13 | 13 | 3 | 4 | 6 | 15 | 20 |
10º | Luaña | 12 | 13 | 3 | 3 | 7 | 22 | 38 |
11º | Deixebre | 12 | 13 | 3 | 3 | 7 | 16 | 32 |
12º | Costoia | 11 | 13 | 3 | 2 | 8 | 27 | 35 |
13º | AMES | 7 | 13 | 2 | 1 | 10 | 15 | 42 |
14º | Sionlla | 3 | 13 | 1 | 0 | 12 | 13 | 41 |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)