Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 17 de noviembre de 2008

Victoria traballada do Ames na Sionlla (1-2)

O Ames levouse os tres puntos da Sionlla nun partido moi desputado e marcado polas expulsións. O Ames comezou medianamente ben, cun par de balóns largos que apenas inquietaron á zaga local. A Sionlla tamén tanteou á zaga do Ames, que despexou sen problemas. Tralo tanteo inicial de ambos conxuntos, a Sionlla fíxose dono do medio campo e comezou a desbordar á zaga e ó medio do Ames., con toques rápidos no medio, conduccións habilidosas e aperturas á banda con centros que crearon moito perigo. Así chegou o primeiro gol, nun bo cabezazo do dianteiro local tras centro desde a banda. Tralo gol, o Ames estivo cinco minutos desorientado, pero pouco a pouco adiantou as liñas e creou a ocasión máis clara do encontro. Diego roubou un balón no medio do campo, conduciu uns metros e centrou para que Nito cabecease o esférico cara meta, pero o remate saíu lambendo o longueiro. A ocasión animou ao Ames, que volveu crear perigo en tres accións a balón parado. Miki reclamou penalti tras lanzar unha falta e ser repelida pola barreira posiblemente coa man. A Sionlla quedou con dez xogadores trala expulsión do seu central, cando Nito se dispoñía a entrar só na área. Na reanudación, o Ames saíu coa intención de empatar pronto, pero antes tivo que solventar cinco minutos de saques de banda e un par de córners da Sionlla. Coa entrada de Pose, o Ames fíxose dono do medio do campo e comezaron a chegar as ocasións. O empate chegou pronto, tras pase longo de Iván a Miki, este centrou atrás e Juansiño axustou un tiro potente polo primeiro pao. Despois, nunha boa combinación no medio, Pose centrou atrás e Nito estivo a piques de marcar. Co empate, o Ames respirou un pouco e o Sionlla chegou un par de veces sen demasiado perigo. Co aire renovado, chegou o segundo gol. Outro rexeite na área foi aproveitado por Don Nito, que colocando o balón na escuadra, fixo inútil a estirada do porteiro local, que rozou o esférico sen poder evitar o gol. Os agobios chegaron nos últimos dez minutos, cando Fuentes viu o cartón vermello tras derribar ao atacante local cando ía entrar na área. Juansiño púxose de porteiro, e atallou seguro a falta lanzada polo dianteiro da Sionlla. O equipo local colgou balóns á area do Ames, ben cerrado atrás. O partido puido acabar en empate, pero novamente Juansiño desviou a córner un disparo cruzado dentro da área. Ao final, victoria axustada que aúpa ao Ames á sétima praza.

No hay comentarios:

Fotos do Ames