Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 25 de noviembre de 2008

Derrota do Ames en Ordes nun partido intenso e igualado (2-1)

O sábado o Ames desprazouse ata Ordes nunha das saídas máis difíciles da temporada. O Ames saíu moi concentrado, tocando ben e ordeado atrás. Pose, Miki e Roi combinaron ben entre eles, e o equipo amosouse seguro atrás. O Ames adiantouse no marcador preto da metade do primeiro tempo, nunha falta sacada por Miki con rosca ao segundo pao, na que o porteiro se despistou e tocou o balón ao tempo que daba no longueiro, chegando Diego só e cabeceando ás mallas sen oposición. Tralo gol, o Vila de Ordes pouco a pouco fíxose co esférico e agobiou ao Ames cara o final do primeiro tempo. O conxunto visitante defendeuse ben, e o Ordes apenas tivo ocasións, tivo o balón pero sen crear apenas perigo. Polo Ames, un cambio de xogo de Miki deixou só a Moncho escorado na marxe esquerda da área, pero o seu disparo foi rexeitado a córner por un defensor local. Polo Vila de Ordes tan só reseñar un disparo lonxano que Juan atallou sen problemas. Na reanudación, o Ames saíu menos ordenado, o que o Vila de Ordes aproveitou para meter presión, e en dez minmutos tolos deulle a volta ao encontro. O primeiro gol foi unha gran contra que rematou cun pase atrás desde o costado dereito do ataque local e remate a porta vacía no segundo pao. Pouco despois, o Vila de Ordes puxo o dous a un gracias a un disparo lonxano que tras facer un estrano na súa traxectoria, Juan non acertou a rexeitar. Co resultado adverso e a entrada de Nito e Juansiño, o Ames empuxou de novo buscando o empate. O Vila de Ordes tan só trenzou algunha contra, pero ningunha acabou con remate a porta. Polo Ames o perigo chegou principalmente a balón parado. Miki colgou varias faltas con potencia cara o medio da portería, tentando crear inseguridade no porteiro local. Nunha delas, puido chegar o empate nos minutos de desconto. O balón pechouse moito e caendo, Diego rozouno ante a saída do porteiro, e tralo choque entre ambos, o balón saíu repelido cara a portería, pero o gardamallas puido reaccionar e atalla-lo xusto antes de que pasase a liña de gol. Ao final, derrota que semella excesiva ante o exposto por ambas escuadras (tiña que ser un empate!!!).

No hay comentarios:

Fotos do Ames