Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 10 de noviembre de 2008

Un mal inicio do Ames dalle os tres puntos á Luaña (3-2)

O Ames volveu caer no mesmo erro de sempre, un mal arranque, e acabouno pagando na recta final do encontro. O Ames non estivo nos primeiros quince minutos. A Luaña, con balóns en longo, pisou área máis do debido, e nunha internada desde a esquerda, un tiro cruzado preto da área pequena adiantaba ao conxunto local. Pouco despois, unha reviravolta do ariete local, colouse arriba polo primeiro pao. Co dous a cero, o Ames deuse conta de que ou poñía o mono de traballo, ou ía saír goleado. Adiantando as liñas, comezou a tocar en medio campo e cara ás bandas, e chegaron accións de perigo. A piques estivo de reducir distancias en tres córners consecutivos, nun remate de Fran e en varios rexeites. A Luaña apenas chegou máis á área local, tan só nun par de faltas laterais e nunha falta desde a frontal. O estado do terreo de xogo, moi encharcado, dificultaba as xogadas combinativas, escasas na primeira metade. Na reanudación, o Ames saíu decidido a buscar un gol. Comezou a tocar no medio e no lado esquerdo, onde o terreo estaba mellor, contando coa opción do cambio de xogo á dereita, onde estrou moi ben Coleguín. Gañou novamente terreo e fíxose dono absoluto do encontro. A Luaña comezou a achicar balóns e apenas chegaba arriba. Nito avisou nun libre indirecto que desviou o porteiro e cuio rexeite Coleguín non acertou a rematar. O Ames reduciu distancias pocuo antes de mediada a segunda parte, nun balón que quedou medio morto na frontal (andaba Nito polo medio, igual hasta lla dou el e todo!!), Llello colocouna rasa polo primeiro pao e deulle alas aos visitantes. Tralo gol, houbo dez minutos de ir e vir, ata que o Ames volveu coller aire e a trenzar xogadas de toque pola esquerda. Nunha desas, Llello centrou ao segundo pao, e Coleguín, grande de Ventosa, rematou de cabeza abaixo ante o estupor do porteiro, que dando unha patada ao aire, viu como se lle colaba o esférico ao seu carón. Co dous a dous, o Ames seguiu empuxando. Nito peinou desviado un córner, e Roi enganchou unha bolea tras falta colgada por Miki que se foi por pouco. E chegou o gol da Luaña. Unha pérdida de balón no lado esquerdo do ataque visitante, derivou nun balón longo que deixou ao atacante man a man con Fran e Juan. Na saída deste, o dianteiro picou o esférico dándolle a victoria ao seu equipo. Aínda houbo tempo para o empate, pero Diego non acertou nunha falta na frontal que enviou á barreira, e cuio rexeite lanzou frouxo; e o árbitro non acertou a ver penalti nun empurrón claro a Diego por parte dun defensa que se desentendeu da xogada, cando o seu porteiro ía cara o esférico. Ao final, 3-2 inxusto que deixa ao Ames oitavo.

2 comentarios:

criticon dijo...

Bueno como todos ben sabedes ou eso creo que sepades que son che , o de poñer ese nombre no foi despois do partido da semana pasada que estaba un pouco cruzado , bueno pois facendo uso do nombre que me pusen boume criticar a min mismo porque en toda a primeira parte solo fomos capaces de entrar pola miña banda non par de ocasions tamen e verdad que creo que era donde peor estaba o campo pero bueno , A semana pasada estaba queimada co equipo hoxe estou conmigo mismo pero levo a sensación de que o equipo sacou todo o caracter que fai falta nesta categoria e nestes campos , creo que con ese caracter e ca calidad deste equipo pronto entraremos outra vez nonha voa racha , solo nos falta ser un pouco mais duros , ben vimos que eles non se cortaban a hora de ir fuertes ,vemonos martes

Diego Villaverde dijo...

Tranquilo Che, xogaches no lado que peor estaba, e tocáronche os peores minutos do equipo, todos empezamos alelados e pasou o que pasou, iso é o primordial a correxir para o partido da Sionlla, non actuacións individuais, que estiveron correctas en xeral exceptuando eses minutos tontos. O equipo sacou casta ante unha situación adversa, algo ó que non estamos acostumando demasiado. Hai que meterse antes no partido, e non esperar a ir por detrás no marcador. A iso me refiro eu antes dos partidos cando digo, hai que facer unha falta ou dar unha patada nas primeiras xogadas do partido, entrar "duro" (nunca facer dano)para demostrarlle ao rival que aquí estamos nós, e facerlle ver que se queren dar un pase van ter que da-lo á primeira porque nos van ter encima sen deixalos mover a bóla. Somos demasiado contemplativos, non digo que haxa que ir ó chan coma tolos, pero sí meter o pé cando o tipo controla o balón e non esperar a que dea a volta. Ai que estar máis vivos, cando presionamos un pouquiño ó rival é cando podemos sacar o equipo de atrás e cando creamos perigo arriba. Non é tan difícil, só hai que mentalizarse e face-lo desde o primeiro minuto. Ala, xa me desafoguei. A traballar rapaces!!

Fotos do Ames