Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

lunes, 3 de noviembre de 2008

Primeira derrota na casa ante un Costoia que obtivo demasiado premio (1-3)

O Ames colleitou a primeira derrota da temporada na casa nun encontro frouxo no que, pese aos erros nas xogadas dos goles visitantes, mereceu gañar ou cando menos empatar. Pero a fortuna non estivo co Ames desta volta, xa que por dúas veces o longueiro repeliu outros tantos disparos, e mesmo houbo outras catro ou cinco ocasións claras para darlle a volta ao marcador. O partido comezou mal, cun gol do Costoia na primeira xogada. Un centro desde a esquerda non puido ser despexado por Pi, xa que un mal bote nun terreo irregular deixou só a un atacante visitante. O seu remate foi despexado con moitos reflexos por Fuentes, pero o rexeite foi empurrado ás mallas poor outro ariete. Co un a cero, o Ames púxose un pouco nervioso, pero pronto se fixo dono do esférico e do encontro. Foron chegando as ocasións en vinte minutos, desde o quince ata o trinta e cinco, de auténtico asedio local. Miki lanzou un gran dsparo desde a frontal que deu no longueiro, pero ninguén acertou a remachar o rexeite. O Ames encadeou catro córners consecutivos. Nun deles Fran controlou co peito e o seu disparo foi rexeitado in extremis por un defensor. Tamén Fran, na mesma secuencia de saques de esquina, enganchou un bo remate en semitijereta que despexou novamente o porteiro a córner. Llello entrou ben desde a esquerda tras un pase de Miki e o seu disparo, ante a saída do porteiro visitante, rozou o poste. Tamén Llello e Nito levaron perigo en dúas internadas pola banda que, ou ben non atoparon rematador, ou ben atallou o porteiro. Os últimos minutos da primeira parte non tiveron dono. na reanudación, o Ames intentou levar a iniciativa, aínda que con certa espesura. Tivo que chegar o segundo gol do Costoia, para poñer o acelerador, con vinte e poucos minutos por diante. Diego intercambiou posición con Fran no medio e Coleguín entrou na banda dereita. E novamente chegou unha oleada de ocasións. Na súa primeira acción, Coleguín gañoulle o salto ao seu par e o seu remate de cabeza saíu lambendo a cruceta. Noutra acción, Diego centrou desde a esquerda e novamente Coleguín cabeceou de maravilla, pero o porteiro tocou o balón, que se foi o longueiro e de aí aos pés de Nito, que rematou apurado polos defensas e sen éxito. Diego cabeceou un centro de Miki desde a esquerda algo desviado, pero deu nun defensor e a piques estivo de colarse na meta do Costoia. Polo bando visitante apenas houbo ocasións máis que os goles, aínda que pareza incríble tiveron case un 100% de efectividade. Chegaban á contra, pero non alcanzaban a rematar. E nese ir e vir de ocasións do Ames, unha contra do Costoia sí tivo remate e o seu conseguinte gol. Co 0-3 o equipo local intentou reducir distancias, e conseguiuno Nito en posición dubidosa. Antes, o porteiro rexeitara a bocajarro outro remate do noso ariete, que por certo suma xa sete dianas. Ao final, Casal expulsado xunto con dous xogadores do Costoia. A seguir traballando para reparar este pequeno accidente!!!

6 comentarios:

criticon dijo...

o comentario do partido esta moi ben , pero eu creo que a esta plantilla podeselle pedir un pouco mais , creo que pecastedes de un esceso de confianza bastante grande e de momento non se ganou nada , parece que xa non hay tanta fame por ganar ¿ conformadesvos con ser 6º ? deberiades de pensar en eso ,eu creo que o costoia ganou porque luchou mais ,ademais debo de decir que os combios de posicions que houbo no equipo non me gustaron nada deberiades de pensar en eso ,espero que aprenderamos algo de esta derrota

Diego Villaverde dijo...

Home, eu creo que pese a non xogar moi ben, o equipo mereceu puntuar e incluso ganar, se non entra que lle vas facer... Os cambios penso que lle deron máis chegada ao equipo arriba, houbo moitas ocasións nese tramo, e nun partido así á contra podeche caer un gol...e que ou arriscabamos un pouquiño ou xa non sacabamos nada, que máis daba perder 0-2 que 1-3. O que sí é verdade é que podemos dar máis, pero temos que demostra-lo o domingo chavales!!!!

Frannavaro dijo...

antes de nada quero facer autocrititca e pedir perdon polo mal partido que xoguei,esta ben que te alaguen cando xogas ben,pero tamen ai que saber aceptar as criticas cando o fas mal. estuo dacordo con que nos confiamos demasiado,pero tamen merecemos mais,pero o futbol ten estas cousas, eu so espero a nivel personal, poder resasrcirme o proximo domingo e seguro que os demais tamen o querran facer ben para ganar

el guapo dijo...

hola chavales estou de acordo en alguns aspectos co o criticon , de que ainda non ganamos nada e xa pensamos que lle ganamos a calquera ,pero os dos cambios non estou de acordo , porque se viu outro equipo desde que foi diego o medio porque?... porque este equipo o que lle falta huevos pa hora de decir vamos a polo partido como fixeron en bertamirans e o que fixo diego no medio foi votarlle huevos e o equipo millorou moito pero bueno o equipo ten que empezar a pensar en equipo e non en invidualidades e tamen lle deria o entrenador que hay que facer algo de rotacións

criticon dijo...

EU REFERIAME OS CAMBIOS QUE HOUBO DE POSICIONS NA ALINEACION INICIAL OS DE DESPOIS PORSUPOSTO QUE ESTIVERON BEN DE PERDIDOS O RIO

Diego Villaverde dijo...

por fin algo de debate!!! así me gusta, eu penso que todos quedamos un pouco aturdidos do resultado, non só tralo partido, senón incluso durante o mesmo, estabamos sorprendidos do resultado, sobre todo porque tivemos ocasións de sobra para remonta-lo, pero non entraba nin pa dios, a veces a impotencia non deixa aclarar as ideas!!! Pero bueno, temos o domingo para resarcirnos...

Fotos do Ames