Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

domingo, 21 de noviembre de 2010

Excesivo premio para o Agrón na súa visita a Ames (1-5)

O Ames caeu derrotado en Castiñeiro ante o Agrón, un dos favoritos ao ascenso, que comparte liderato co Vila de Ordes. Con todo, o conxunto visitante, que foi superior ao Ames, levouse demasiado premio en forma de goles, rentabilizando ao máximo os erros dos locais. Na primeira metade, o Agrón anotou os seus tres primeiros tantos en accións a balón parado. O Ames puxo o xogo, e o Agrón, os goles. Erros de marca derivaron nunha goleada excesiva para os de Balboa, que na segunda parte reduciron distancias cun gol de Fran de penalti, despois de que o Agrón anotase o cuarto. A puntilla chegou pouco despois, deixando ao Ames na novena praza con 6 puntos. A vindeira semana, o conxunto de Balboa vai a Rial, un rival directo. ¡¡Ánimo rapaces, a traballar duro!!

3 comentarios:

Unknown dijo...
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
Jorge Vicente dijo...

Non podemos queixanos, tamén levamos 'premio excesivo' no empate de Trazo. O que debemos mellorar, moitísimo, é a falla de concentración nos primeiros minutos de encontro (iso de 'saír enchufados') e non perder a tensión en moitos momentos do partido (o que nos repite Miki tres mil veces, 'non baixar os brazos'). Onte encaixamos 3 goles nacidos dun saque de banda no noso campo e ó noso favor... (incomprensible), un case por un saque rápido de falta a medio metro da área grande... e dúcias de malos controles e indecisións entre nos mesmos por non ter a cabeza no partido. Mellorando estes pequenos detalles daríase un paso de xigante e faríanos más competitivos.
Quédome cos últimos 20 minutos de onte, cando con 5 no lombo nos decidimos a xogar, ainda que se fallase un pase, ainda que se arriscase un chisco. Ese é o camiño, pero dende o minuto 1 ó 90 e pico.
Forza Ames!

Frannavaro dijo...

estou dacordo con jorge, pero teño que decir que o equipo dou unha boa impresion, tuvemos fallos a nivel individual pero en xeral o equipo o grupo dou boa imaxe, fallos temolos todos o que pasa e que a nos nos saen demasiado caros, solo qi que tratar de reducir esos detalles e ter un pouco mais de sorte de cara a gol

Fotos do Ames