Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

domingo, 14 de noviembre de 2010

Empate agónico en Trazo... ¡de Penidos al río!

O Ames sacou rentabilidade da súa visita a Trazo por primeira vez desde a refundación do equipo no ano 2000. O 2-2 final fai xustiza ao visto no campo e aínda que o Ames dominou o encontro e tivo máis ocasións, tras verse con dous goles en contra a falta de media hora, o empate de Penido preto do final sabe a victoria.
O encontro comezou cos habituais minutos de tanteo. O Ames saíu con Juansiño na portería (sempre lle toca en Trazo, caprichos do destino...), Manu e Pi nos laterais, e Jorge e Félix no centro da defensa. Miki e Che encargáronse da medular, con Nito de mediapunta, Héctor na esquerda e Roi na dereita. Marcos quedou como único home na punta de ataque.
As primeiras ocasións viñeron do bando visitante, que levou o peso do encontro ante un Trazo que se fixo forte xogando á contra. Marcos tivo dúas tras sendos centro de Miki, pero entre o porteiro e a defensa local evitaron o gol. Foi o Trazo o que se adiantou despois de que un dos seus dianteiros batese a Juansiño cunha vaselina.
O Ames seguiuno intentando, con Miki como protagonista da ocasión máis clara da primeira metade. Unha falta directa súa estivo moi preto de ser gol, pero o gardamallas local empregouse a fondo para despexar o disparo.
Na reanudación, o Ames saíu decidido a buscar o empate, e novamente puido chegar en varias ocasións dos visitantes. Nunha desas intentonas, unha perda en mediocampo derivou nunha contra dos locais que finalizou co 2-0.
Pero o Ames non deu o partido por perdido (¡¡de Penidos al río!!) e lanzouse a buscar o gol, con media hora por diante para intentar reducir distancias. E conseguiuno a falta dun cuarto de hora, tras meter ao Trazo na súa área e intenta-lo sobre todo desde a esqueda, cun Héctor moi activo e cun Gamarra incisivo cos seus longo saques de banda. E precisamente foi Héctor o que anotou o 2-1. Iso, pouco despois de provocar a segunda tarxeta amarela do mediocentro local.
Nunha xogada desde a esquerda, Héctor entrou na área, e tras un par de recortes un "caño" a un dos seus marcadores, acabou no chan nunha entrada que non ofrecía discusión. Penalti que o propio Héctor se encargou de transformar, empatando a Nito como máximo goleador do Ames con tres tantos.
O Ames seguiu aprentado ao seu rival, encerrado e cun home menos, e o premio chegou da forma máis tonta e a falta de cinco minutos para o remate do encontro. O porteiro local dispoñíase a sacar de porta, pero fíxoo en semifallo... e Penido, algo escorado, aproveitou o rexeite e lanzou o balón cara á área, coa sorte de que o bote, a auga, a dirección do esférico e a posición do porteiro confabuláronse para que acabase no fondo das mallas... 2-2.
Deste xeito o Ames vingouse da dolorosa derrota en Trazo da temporada pasada, cando a falta de cinco minutos era o Ames o que vencía 1-2, para perder por 3-2 nun final caótico. Desta volta, a fortuna e o mellor xogo favoreceron ao Ames, que saborea este punto que o deixa noveno.
O domingo, derbi en Castiñeiro, ¡Ames-Agrón!

No hay comentarios:

Fotos do Ames