
O Campo das Cartas viviu este domingo un interesante e igualado encontro entre o conxunto local, a SD A Baña, e o Ames. Nun partido trabado, con de poucas ocasións, o Ames fíxose forte a balón parado, e estivo a piques de levarse os tres puntos. Só faltou un pouco máis de acerto no remate para concretar os perigosos envíos a área de Miki, especialista a balón parado. O encontro estivo igualado durante todo o encontro. Iván Gómez adiantou aos locais no minuto 43, cun par de cambios de ritmo cos que se plantou só ante Dani, ao que bateu na súa saída. Pero o Ames saíu co ánimo de empatar o encontro na segunda parte. O empate chegaría sobre o minuto 65, cando Nito cabeceou a gol un centro botado por Miki. Juansiño tivo unha moi boa ocasión para darlle os tres puntos aos amienses, pero o seu remate foise preto do pao da meta bañesa. Ao final, reparto de puntos entre dous equipos veciños, que deixa aos amienses oitavos con 5 puntos. A vindeira xornada, o Ames descansa.
1 comentario:
Publicar un comentario