Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

martes, 4 de agosto de 2009

O Ames inicia hoxe os adestramentos de pretemporada

Tras dous meses de vacacións blogueiras aquí estamos de novo informando do inicio da pretemporada hoxe ás 9 da noite no campo de Covas, aínda que o noso feudo este ano será o campo de Castiñeiro, coma nos vellos tempos. Ao longo desta semana iremos retomando a actividade no blog, máis que nada porque aínda temos que pechar o curso pasado, colgando os puntos dos dous últimos partidos da liga. Deste xeito poderemos saber que xogadores foron os mellores en función da nosa Liga Fantástica. O que sí podemos adxuntar é o resultado da última enquisa, que facía referencia aos mellores xogadores da temporada 2008-2009. Así quedou a cousa tras 52 votos emitidos:

1º Diego 12 votos (23%)
2º Fran 9 votos (17%)
3º Llello 6 votos (11%)
4º Iván 5 votos (9%)
5º Nito 4 votos (7%)
5º Coleguín 4 votos (7%)
7º Miki 3 votos (5%)
8º Pi 2 votos (3%)
8º Cool 2 votos (3%)
10º Roi 1 voto (1%)
10º Chete 1 voto (1%)
10º Casal 1 voto (1%)
10º Moncho 1 voto (1%)
10º Pose 1 voto (1%)

Ademais, para animar o retorno aos adestramentos, agardo facerme cunha cámara de fotos coa que retratarnos a todos un por un e ir facendo unhas entrevistiñas de presentación do novo ano, unha idea que xa ven xermolando desde fai tempo ¿que vos parece?...

3 comentarios:

Llello dijo...

Bueno, eu so queria aproveitar para despedirme xa que este ano como ben sabedes por unha ou por outra non xogarei neste equipo despois de case 7 anos, que moitas gracias por todo, e que espero que este ano vos vaia fenomenal, e si todo vai ben espero poder retirarme do futbol aqui,na que considero xa a miña casa, cunha panza similar a de fran dentro duns aniños.
Unha aperta e sorte a todos!

Diego Villaverde dijo...

Gracias Llello, agradecemosche os servizos prestados, e tamén que non te levases 4 millóns de euros coma Míchel Salgado jejeje. E non esquezas que Casal e máis eu tamén temos panza eh!! Apertas!!

Frannavaro dijo...

que gracioso o llello!!!! ese hunor vaise votar de menos... e non me importaria que te retiraras no ames kando eu o faga,aunque o vexo complicado... pero sempre nos quedara santa comba,jejeje.
pero bueno fagas o que fagas ainda que xogues noutro equipo apoiamoste,e deixo de escriber que me ven a lagrimilla......
ADIOS LLELLO!!!!

Fotos do Ames