Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 24 de agosto de 2009

Abultada derrota do Ames na casa ante o Amio (1-5)

O Ames tivo unha mala tarde onte no seu segundo amigable da pretemporada, na casa ante o Amio. O conxunto local afrontou o encontro con varias ausencias, que para nada xustifican o resultado, con erros que se veñen repetindo ano tras ano, e que a estas alturas da temporada son subsanables. O equipo na primeira metade pecou de distancia entre liñas, e só creou perigo en varias combinacións do medio e a dianteira, con Nito e Neo moi activos durante un bo anaco. Pero o Amio aproveitou un balón en longo desde a defensa para adiantarse no marcador, no forcexeo co dianteiro, Diego perdeu a posición e o ariete bateu a Carba con tiro raso cruzado. Os locais apretaron un pouco máis na recta final do primeiro tempo, pero non estiveron acertados. Na reanudación, os erros foron a máis, e a indolencia defensiva traduciuse en máis goles para os visitantes, cun dianteiro especialmente acertado no remate. Con tres goles en contra, o Ames reduciu distancias por mediación de Nito, que tras descolocar ao porteiro cun regate no que apenas rozou o balón, marcou a placer. Foron os mellores momentos do Ames, con máis chegadas por banda e algún pase interior perigoso. Juansiño estivo máis activo pola esquerda e provocou algún córner. Nun deles, Iván cabeceou ao longueiro e o rexeite foi metido na área por Diego para que Paco rematase alto. O Amio matou o partido con balóns largos e despistes defensivos dos locais. O vindeiro amigable, este domingo co Rois.

3 comentarios:

Adrián dijo...

Pouquiño a pouco, estabamos todos un pouquiño apirolados pero bueno, seguro que o Domingo vimos cun resultado mellor.

Frannavaro dijo...

e pronto pa sacar conclusion,estamos probando cousas novas con xente distinta este ano,o loxico e que teñamos un tempo de adaptacion, pa eso son as pretemporadas

Diego Villaverde dijo...

totalmente de acordo, houbo un par de remates nosos que deberon maquillar o resultado pero bueno, probáronse moitas cousas que é o normal nestes partidos, o domingo habemos dar unha cara moi moi distinta, animo rapaces!!

Fotos do Ames