Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

viernes, 15 de mayo de 2009

O Resmón e o Calo B amañaron co colexiado non xogar o penúltimo encontro da liga

Os acordos do Comité de Competición da Federación Galega de Fútbol, que se reúne tódolos martes en San Lázaro, trouxeron sorpresa esta semana. Os clubes Resmón e Calo "B" do noso grupo, foron sancionados con 156 € cada un, e cun ano de suspensión os seus delegados, tralo amaño do encontro que debían desputar o pasado 26 de abril. O encontro "finalizou" co resultado de 0 a 0, pero en realidade non se chegou a desputar, non se sabe moi ben por qué. O caso é que os dous delegados e o árbitro do encontro, tamén sancionado cun ano de inhabilitación, acordaron cubrir a acta e dar por celebrado o partido co resultado inicial. Un resultado que perxudicou ao Ames, xa que esa semana o Resmón superounos por un punto na táboa. Algunha razón terían, pero en ningún caso é xustificada esta actitude antideportiva, dunha gravidade importante. ¿E se o Calo B ou o Resmón estivesen pelexando por ascender? Lamentable. E máis se lembrades o noso encontro co Calo B no seu campo, o 5 de abril (apenas vinte días antes), no que o colexiado Evaristo pasou máis de media hora tomando café cos directivos locais, arranxando os "detalles" do partido (acordádevos do penalti de Fuentes, da vermella directa por imaxinar insultos e demais). E daquel maravilloso arbitraxe alá contra o Resmón, onde o home de negro lle pitou dous penaltis aos locais e lle anulou un gol legal ao Ames. Son cousas que dan para pensar. A min daríame vergoña xogar nestes dous equipos. Deberíanlle terlle quitado uns cantos puntos por enganar a todo o mundo.

4 comentarios:

Frannavaro dijo...

como diria casal "vaia movida",a verdad e que e penoso,non sabemos porque non chegaron a xogar,pero me parece que a sancion e pouca,porque cando eu estaba no cobas nos anos de marquez pasara o mesmo,e se restaran 3 puntos a cada equipo e uha sanciona a direcctiva tanto a delegado como a entrenador e presidente,ou eso teño entendido. aunque fora peor a sanzacion que viñera despois polo das peleas,e outro antecedente fora contra a baña cando villeron con 8 xogadores e fonxiron 2 lesion no quencemento pa non desputar o partido. ai cousas que nestas categorias se pasan por alto,porque a todos lle da igual,e nos vimonos afectados moitas veces,como arbitraxes moi malos e caseiros,pero a nadie lle importa. en fin que me alegro de que pillaran a estos e pena dunha sancion mais alta a todos incluido o arbitro,que porcerto gustariame saber quen era, e deberian quitarlle ese punto como minimo os dous equipos...

a dijo...

Vaia carduras! A sanción paréceme pequena.

Diego Villaverde dijo...

O árbitro non me sona, creo que é Manuel Martínez non sei qué, teño a acta na casa... a verdade é que si, parece pouca sanción, debían quitarlle entre 3 e 5 puntos ademais da sanción económica...si cando non te presentas a un partido xa che quitan dous puntos e a dous seguidos bótante fóra, esto é moito peor, non xogar porque non lles da a gana...

Roinaldinho dijo...

estou flipando...
o q m faltaba por ver nesta categoria. A verdade e q as duas arbitraxes q tivemos contra eles, como di diego, dan moito q pensar.
Ademais eu pensaba q a xente gustaballe xogar o futbol xa q por outro motivo creo q non estarian na 3ª autonomica

Fotos do Ames