Resultados da xornada

Clasificación tempada 2012/2013

martes, 12 de mayo de 2009

O Ames enfrontaráse ao Bertamiráns nos cuartos de final da Copa de Ames

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns acolleu onte o sorteo dos cuartos de final da vixésimo oitava edición da Copa de Ames de fútbol afeccionado. Os emparellamentos foron os seguintes, por esta orde no cuadro:

Ortoño-Costoia
Bertamiráns-Ames
Bugallido-Biduido
(Agrón a semifinais)

Os encontros serán a dobre partido, os días 24 e 31 de maio. O gañador da eliminatoria entre o Ortoño e o Costoia, enfrontaráse no Municipal de Bertamiráns a partido único, ao gañador do encontro entre o Bertamiráns e o Ames. O Agrón xogará o mesmo día (7 de xuño salvo cambios), despois da primeira semifinal, contra o vencedor do emparellamento Bugallido-Biduido. A final en principio será o 14 de xuño tamén a partido único, salvo que Bertamiráns e Agrón cheguen lonxe na Copa do Sar. Pois ala, a adestrar que estes partidos son os que máis motivan. En breve teredes os puntos das dúas últimas xornadas e o ránking final de mellores da temporada en función desas puntuacións. Tamén a enquisa sobre o mellor xogador do exercicio 08/09 a criterio dos xogadores e seguidores. Saúdos

2 comentarios:

Miguelrockin dijo...

Veña rapaces, que esta eliminatoria non ten que significar mais que un aliciente mais para redobrar os nosos esforzos nestas semanas para chegar a tope a estes dous partidos... ¡Podemos! Forza, corazón e cabeza... A e recordade: ¡AMES SOMOS TODOS!

Frannavaro dijo...

miky tio non ves que a usar esa frase nos poden pillar,e denunciarnos por plagio,teria que haber escrito ¡C.S.D. AMES SOMOS TODOS! entonces si.veña en positivo, e como a final da copa do bilbao e o barsa (nos seriamos o bilbao,NON?!!,temos tantas opcions como eles.

Fotos do Ames