Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

miércoles, 15 de abril de 2009

O Ames retorna á senda da victoria cunha goleada ante o Tordoia B nun bo partido (4-1)

O Ames volveu gañar e fíxoo con contundencia e con tramos de moi bo fútbol, ratificando a boa liña que o equipo segue desde fai unhas cantas xornadas. Pronto se viu que o Ames ía levar o peso do encontro, tralos primeiros minutos de tanteo. Apareceron tímidas xogadas trenzadas que inquietaron ao meta visitante, e o Tordoia B fixo algunha chegada de escaso perigo. O Ames adiantouse mediada a primeira parte cun bo gol de Llello, o primeiro dos tres que faría. Aproveitou un balón botando na área tras un bo pase de Miki para lanzar un disparo raso, cruzado e potente que bateu á meta do Tordoia. Co un a cero, o Ames tomou un pequeno respiro e os visitantes tiveron un par de contras de certo perigo. Tamén os amienses colgaron un par de córners e faltas laterais que non acabaron de concretarse en ocasións. Preto do remate da primeira parte, o colexiado sinalou penalti a favor do Tordoia B. Manuel saltou antes de tempo para despexar un balón, e cando chegou ao chan, o dianteiro visitante caeulle enriba, e sorprendentemente o xuíz interreptou penalti. O Tordoia B empatou desde os once metros. Na segunda metade, o Ames saíu decidido a levarse o encontro. Axustou mellor a liña defensiva (desde o inicio xogouse con tres defensas) un par de metros máis adiante e presionou aínda máis ao seu rival, roubando máis o esférico e chegando con moito máis perigo. O segundo gol foi unha verdadeira obra de arte. Nunha transición defensa-ataque na que participou case todo o equipo con toque rápido e apoios en corto, o balón chegou a Miki na frontal da área, algo escorado cara á esquerda. Cun regate cola de vaca "a lo Romario" desfixose do defensor e meteuse na área, centrou ao segundo pao, onde aparaceu Llello para rematar cun cabezazo cruzado ao fondo das mallas. Xogada combinativa que deu vantaxe ao Ames. Tralo dous a un chegaron os peores momentos dos locais. O Tordoia B buscou o empate á contra, e o Ames seguía chegando con boas combinacións. Nestes minutos de perigo, erixiuse unha figura clave na defensa local. O xuvenil Manuel, sublime no cruce e na cobertura, salvou ao Ames con tres accións case consecutivas nas que evitou o remate dos atacantes visitantes. Tras estes dez minutos de agobio, o Ames sacudiuse da presión con homes de refresco e co terceiro gol. No mediocampo, Chete recolleu o balón, amagou o pase a Miki na dereita e tras recortar en seco, habilitou a Llello no lado contrario cun fermoso pase. O ariete conseguiu o terceiro da tarde cun remate polo primeiro pao. Co tres a un, o Ames chegou e chegou e a goleada puido ser maior. Nito lanzou unha falta directa ao longueiro, e o rexeite foi rematado a gol por Juansiño co xeonllo. Acto seguido, un córner foi rematado a bocajarro por Nito e rexeitado polo porteiro in extremis. Ao final, victoria contundente que reforza a moral do Ames na recta final da temporada.

No hay comentarios:

Fotos do Ames