Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

miércoles, 8 de abril de 2009

O Ames cae en Calo nun partido marcado polas decisións arbitrais (3-1)

O Ames desprazouse a Calo coa intención de levarse os tres puntos e asaltar a décima praza, e durante boa parte do encontro tívoo na man. O conxunto amiense xogou un gran encontro, moi serio, ordenado e presionando no medio, deixando case sempre só a opción do pase en longo aos xogadores do Calo B. O Ames marcou pronto, tras un despexe en semifallo do porteiro local, Roi recolleu o rexeite na frontal da área, e fixo gol cunha bonita vaselina coa perna esquerda. Pouco despois, Llello puido facer o segundo tras un bo pase de Miki por riba dos defensas. Só diante do porteiro e co balón botando, quixo picarlla coa esquerda pero o remate saíu polo lateral da meta local. Logo o Calo B fixo un par de chegadas tímidas, pero de pouco perigo. O Ames estaba ben ordenado e saía en rápidas contras. Os locais apenas inquietaron a meta de Fuentes na primeira metade, e o Ames tivo outras dúas contras con pases atrás que non acabaron de concretarse en remates perigosos. Na reanudación, o Calo B saíu máis forte que o Ames e tivo máis chegadas. O empate chegou pronto, tras unha boa internada do dianteiro local desde a esquerda, meteuse na área e o remate en semifallo, foi rexeitado por Fuentes e rematado a gol polo mediapunta local. Cinco minutos despois o colexiado entrou en xogo. Nunha xogada semellante ao inicio do primeiro gol local, Diego saíu a tapar o regate e fixo falta na frontal da área. O dianteiro local caeu, e pese a que había unha marca ben grande e ben alonxada da liña da área, Don Evaristo sinalou penalti (e pensouno, pero o reclamo dos xogadores e afeccionados locais empurrouno a sinalar os once metros e non falta como parecía sinalar a súa primeira indicación). O Calo anotou o segundo gol, e o árbitro completou a súa aventura expulsando a Fuentes, que se lamentou xurando por rozar o lanzamento, pero o árbitro non o entendeu así. El soíño provocou a tángana posterior ao segundo gol, e crispou uns ánimos que ata o momento estaban ben calmadiños. Indignante. Despois disto quedounos claro por qué o encontro comezou con certo retraso, e por qué o árbitro estivo ata quince minutos antes do encontro sen cumplir co seu cometido (redactar as aliñacións na acta, etc...) na cafetería do Calo con xogadores e directivos locais pululando ao seu carón. Tralo parón polo lío do segundo gol, Miki disparou directo desde o centro e o esférico deu no longueiro. A partir deste momento, o Ames sacou o xenio e cun home menos meneou ao conxunto local durante quince minutos de agobio, nos que só tivo que despexar sen perigo os balóns en longo do equipo anfitrión. Nese tempo, o Ames puido empatar en varias ocasións. Unha das máis claras foi unha xogada persoal de Miki, que tras regatear a varios defensores na frontal, ía rematar coa zurda, pero sentiu a incorporación de Roi pola dereita e preferiu darlle un pase. O remate foi atallado polo porteiro con apuros. Tamén o intentou Che cun disparo lonxano que saíu desviado, e Diego cunha falta lonxana que se foi por riba. Adrián e Llello vindo desde a banda ata o interior tamén fixeron varias internadas que acabaron nas mans do porteiro ou en despexes locais. O Ames tamén gozou dun par de córners, pero o gol non chegaba. Sí chegou para o bando local, que tamén se quedaría con dez, nunha contra nos minutos de desconto. Un remate raso tras xogada ensaiada nun córner, foi rozado po Diego, e colouse chorando na meta visitante. Victoria inxusta do Calo B ante un bo Ames.

2 comentarios:

paco dijo...

o ames mereceuse gañar os tres ultimos partidos sin sufrir,pero non foi asi,unhas veces por mala suerte de cara a meta contraria e OUTRA por culpa do ARBITRO se lle poden chamar asi.

Diego Villaverde dijo...

Benvido ó blog paco!!! a verdade é que si, tivemos bos partidos nas últimas xornadas, estamos rematando ben a temporada, a ver se subimos un ou dous postiños!!!

Fotos do Ames