Resultados da xornada

Tercera Galicia Santiago | Grupo 3 Jornada 26
Sp Santiago1-0R San Pedro 
SDC Recesende1-0CD Lalín B 
U Camporrapado1-0UD Santiso 
Gallaecia1-0EF Boqueixón 
Rarís CF1-2Touro SD 
Vilatuxe CF0-0Calo SR B 
Siguetuliga.comAndroid - iOS

Clasificación tempada 2012/2013

Clasificación Tercera Galicia Santiago | Grupo 3
  EquipoPtGEP
1U Camporrapado441354
2Touro SD431273
3CD Lalín B401318
4SDC Recesende401246
5Calo SR B381156
6UD Santiso34976
7Gallaecia288410
8Rarís CF27769
9Sp Santiago257411
10R San Pedro216313
11EF Boqueixón153613
12Vilatuxe CF133415
13SD Cruces B0000
Siguetuliga.comAndroid - iOS

lunes, 1 de diciembre de 2008

O Ames déixase dous puntos na recta final ante o Calo B (1-1)

Partido moi igualado no campo das Pateiras de Bertamiráns, bastante embarrado, o que dificultaba o xogo de ambas escuadras. Desde o principio o partido tivo alternativas no xogo, con chegadas en ambas áreas pero sen apenas remates a porta. O Calo B creou perigo prácticamente só en saques de banda colgados á área, pero a defensa local despexou sempre con contundencia. Tan só houbo un susto cando Juansiño despexou mal en dirección á portería, pero Fuentes evitou o gol. O Ames saía a contra con balóns ás esquinas para Nito e Juansiño, e algunha que outra combinación entre Roi, Pose e Juansiño, con Nito e Miki tamén activos. Tamén creou certo perigo nun par de córners e faltas laterais. Na reanudación, o partido seguiu do mesmo xeito, con momentos de dominio para cada equipo, e moitos ataques en cada área sen concretar remate. O Ames conseguiu apretar no campo do Calo mediada a segunda parte, e nunha desas chegou o gol local. Diego colgou unha falta lateral con rosca ao segundo pao, onde Roi rematou en semifallo, aproveitando Nito o rexeite para adiantar ao Ames. Co gol a favor, o Ames recolleuse atrás xa que o Calo B meteu máis xente arriba e renunciou ao medio do campo para colgar balóns á área amiense. Pero o Ames non se limitou a defender os balonazos do Calo, senón que nese tramo de partido lanzou as mellores contras do encontro. Ata en tres ocasións puido sentenciar o encontro. Adrián colouse pola banda dereita con espazos en varias ocasións. Nunha delas, o seu centro foi atallado polo porteiro, noutra optou polo disparo potente, tamén atallado polo gardamallas, e na máis clara puxo un bo centro que Nito rematou en semivolea rozando o pao. Tamén Juansiño pola esquera se internou un par de veces e disparou cerca do poste. O Ames perdonou e o Calo B empatou a falta de 8 minutos, aproveitando un rexeite na área. O Ames aínda puido levarse o encontro trala igualada nunha falta lateral de Miki que Diego non rematou en claro ante a oposición do porteiro e un defensor visitante. Ao final, xusto reparto de puntos.

No hay comentarios:

Fotos do Ames